Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Normalización e Dinamización Lingüística

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro é o Día das Bibliotecas Escolares e desde o Magariños quixemos animar a todo mundo a que veña ler á nosa biblioteca, por iso, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e en colaboración cos titores, decidimos facer estes booktrailers, nos que os nenos e nenas fixéronse pasar por un día por youtubers. 

Espero que o desfrutedes neste vídeo:

  

Enquisa de uso das linguas para alumnado do CEP Antonio Magariños Pastoriza.

Estimados nenos e nenas.
 
Gustaríanos que contestásedes a esta enquisa para coñecer as vosas preferencias en canto o uso da lingua. Para iso, unicamente tedes que pinchar neste link e contestar ás preguntas. 
Resultado de imagen de pincha aqui
 
 
Moitas grazas.

Enquisa do uso das linguas na nosa escola para as familias.

Estimadas familias.
 
Gustarianos que nos axudasedes a participar na enquisa do uso das diferentes linguas dentro da nosa escola. Por iso vos solicitamos que, accedades á enquisa pinchando no seguinte link e nos permitades roubarvos 5 minutos do teu tempo.
 
Resultado de imagen de pincha aqui
 
Un saúdo.
 
A dirección

Visita de Ledicia Costas ao Centro.

O pasado luns 20 de febreiro, visitounos no centro Da. Ledicia Costas,

 Ledicia Costas. nada en Vigo alá polo 1979 e neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribiu desde dende o que ten na memoria cunhas fermosas vivencias e historias que  fixeron rir e desfrutar aos maiores do colexio.

En 2014 gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2015 con “Escarlatina, a cociñeira defunta” (Xerais, 2014) e en 2016 publicou “Esmeraldina, a pequena defunta”, dous dos libros que están a ler os nosos alumnos e que sen dúbida, foron xunto coas historias vividas, os focos centrais da reunión que tivemos con ela.

 

É autora de outros éxitos literarios para os pequenos e non tan pequenos e, séntese poeta, escritora e soñadora. Sen dúbida, demostrounos que ademais de soñadora é unha gran cociñeira de contos e historias que cociñou lentamente e que fixeron as delicias do noso alumnado maior.

Grazas por facernos soñar!

Hoxe visitounos Anxo Moure.

 

O coñecido contacontos e escritor, Anxo Moure, estivo no centro para contarlle contiños e fermosas historias aos alumnos e alumnas mais novos do centro. Primeiro estivo cos alumnos e alumnas de terceiro e finalmente cos de primeiro e segundo.

Visita de Antón Cortizas ao Magariños.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Neira Vilas no colexio

O ilustre escritor galego, Xosé Neira Vilas, estivo onte no colexio acompañado do cantautor Manoele de Felisa, que pon música e voz a algúns dos seus máis profundos poemas: Balbino soñador, tres volvoretas, a avoa Maripepa ... Foi unha vivencia irrepetible que recordaremos con agariamo. 

Teatro con Vidal Bolaño: "Touporroutou da Lúa e do Sol"

20/06/2013 11:00
20/06/2013 12:00

O alumnado do centro poderá descubrir unha das obras de Roberto Vidal Bolaño, a través das voces e personaxes que recrearán os seus compañeiros de teatro do cole. Será no Auditorio "A Xuventude".

Cidarte: Desfile

14/06/2013 11:32

"Cidarte: Cidades e artistas". Aquí en Cambados temos moitos artistas. O día 14 será o turno dos alumnos de cole que nun incrible desfile de moda, darán conta das súas artísticas creacións.

Lucía e María: contacontos na Pastora

22/05/2013 12:00
22/05/2013 12:33

Dúas das nosas alumnas de terceiro, Lucía Blanco e María Fiel, acudiron á EEI "A Pastora" para contarlles un conto aos pequechos de Infantil. Tratábase do libro de Eduardo Bahamonde: "Tanta Miga e a súa barriga". Os libros crean boas amizades sempre, como podedes ver! Noraboa, rapazas.

Distribuir contido


by Dr. Radut