Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Novas

Charla para nais e pais: "As relacións pais-fillos ..."

12/11/2010 19:30
12/11/2010 20:30

O día 12, ás sete e media do serán, en Exposalnés, o psiquiatra infantil Federico Menéndez Osorio falaranos das "Relacións pais-fillos, educación autonomía, autoridade e responsabilidade".

Eleccións para o Consello Escolar

Ao abeiro da Orde do 21 de outubro de 1996 procédese a inicia-lo proceso para a elección dos membros do Consello Escolar, segundo o calendario establecido na Resolución de 6 de setembro de 2010, DOG 185.

Reunión xeral para nais e pais

05/10/2010 17:00
05/10/2010 18:00

Hoxe martes, 5 de outubro, vai ter lugar a primeira reunión xeral para nais e pais, reunión na que se presentará a todo o profesorado  e na que se informará de aspectos relevantes relacionados co centro escolar e coa educación dos nenos e nenas de Primaria.

Visita a unha goleta

08/10/2010 00:10
08/10/2010 13:45

O alumnado de 2º Nivel acudirá, cos seus titoras e Protección Civil, o vindeiro venres día 8 de outubro, ao peirao de Tragove para visitar unha goleta dentro do programa "Educa e navega" organizado pola Mancomunidade do Salnés.

Recollida de libros de texto de 3º e 4º

As nais e pais de alumnado matriculado en3º ou 4º de Primaria deberán vir ao centro o vindeiro luns, día 13, de 9:00 a 11:00 para recoller os libros de texto dos seus fillos.

Tamén poderán recoller o impreso para solicitar a axuda para a adquisición do libro de matemáticas (no caso de que os seus ingresos per cápita sexan inferiores a 9.000 €).

Matrícula do alumnado de novo ingreso para o curso 2011-12

Prazo de matrícula: Do 20 ao 30 de xuño

Para proceder á formalización da matrícula do alumnado de novo ingreso, han de entregar no centro o impreso de matrícula,  e a documentaión que neste se indica.

Poden recoller o impreso na secretaría do centro ou descargalo neste enlace:

Impreso de matrícula

Axudas para a adquisición de libros de texto

As nais e pais do alumnado que se vai matricular nos cursos de 1º, 2º, 5º e 6º de Educación Primaria poden solicitar axudas para a adquisición dos libros de texto.

As instancias, que poden recollerse na secretaría do centro ou na páxina web http://www.edu.xunta.es/web/node/979 deben entregarse no centro educativo antes do 1 de xullo.

Excursión ANPA a Marcelle

08/05/2010 09:00
08/05/2010 20:30

O alumnado de 1º, 2º e 3º pertencente á ANPA disfrutará o sábado dunha excursión ao Parque Natural de Marcelle, na provincia de Lugo

Excursión ANPA para ao parque de aventuras de Marín

18/05/2010 00:00
18/05/2010 18:00

Aproveitando un martes sen clase o alumnado de 4º, 5º e 6º que pertence á ANPA disfrutará dun día de lecer en Marín.

Visita ao IES "Ramón Cabanillas"

31/05/2010 19:30
31/05/2010 20:30

O vindeiro luns, 30 de maio, o alumnado de 6º de Primaria e as súas nais e pais están invitados a aistir a unha charla informativa sobre a ESO coa posterior visita ás instalacións do IES "Ramón Cabanillas".

Distribuir contido


by Dr. Radut