Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Delegados

DELEGADOS E SUBDELEGADOS:
 
En todas as clases elixiranse por todos os alumnos/as, e de entre eles, un Delegado/a e un Subdelegado/a, que serán portavoces da clase diante do profesor titor.
O seu mandato terá a duración dun curso escolar. Non obstante poderán cesar a petición propia, ou ser removidos no cargo por acordo da maioría da clase, ou por decisión do titor se incumpre as súas funcións.
 
As súas funcións son:
• Representar á clase ante o titor e os outros profesores.
• Cooperar cos mesmos para o mantemento do orde na clase.
• Comunicarlle ao Xefe de Estudios a ausencia do profesor/a pasados os 10 minutos primeiros de clase.
• Informarlles aos seus compañeiros de aula dos acordos da Xunta de Delegados
• Son funcións do Subdelegado substituír ao Delegado na súa ausencia, e cooperar co mesmo.
 
XUNTA DE DELEGADOS:

A Xunta de Delegados será a reunión formada polos Delegados e Subdelegados de curso e polos representantes do alumnado no Consello Escolar. Estará coordinada polo xefe de estudios ou o director. Levantarase acta de cada sesión.
 
A Xunta de Delegados/as terá como funcións:

• Informar da problemática de cada clase.
• Seren informados polo Xefe de Estudios e os seus representantes no Consello Escolar sobre os temas tratados no Consello.
• Elaborar informes para o Consello Escolar a iniciativa propia ou a petición deste.
• Elaborar propostas de modificación das Normas de Organización e Funcionamento.
• Informar aos estudantes das súas actividades.
• Elaborar propostas de criterios para a elaboración dos horarios de actividades docentes e extraescolares.
• Preparar o listado de alumnado de aula que quere participar nas diferentes actividades de lecer que se organizan no recreo: xogos de patio (equipos), biblioteca, reciclaxe, mediación …
• Os membros da Xunta de Delegados non poderán ser sancionados polo exercicio, nos termos da normativa vixente, das súas funcións como voceiros dos alumnos/as.
 
FUNCIONAMENTO:

a) Reuniranse preceptivamente unha vez ao trimestre. As reunións serán presididas polo xefe de estudios ou o director e poderán ser convocadas por este ou polos propios Delegados.
b) As reunións serán fora do horario das clases, prioritariamente na hora do recreo. Solicitarán da dirección do Centro que lles asigne unha aula ou local a utilizar.
c) Os acordos das reunións recolleranse nunha acta e daranse a coñecer a todas clases.
Delegados


image | by Dr. Radut