Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Charla informativa sobre "OS PERIGOS DAS TIC" para as familias.

 

 

Posto que cada día se está constatando de que o alumnado do centro comeza a usar antes as redes sociais e as novas tecnoloxías, cada ano se desenvolven no centro unha ou dúas charlas coloquio para o alumnado de maior idade. Este ano, por exemplo, se levou a cabo unha das charlas para o alumnado de 3º e 4º cursos, e en breve se desenvolverá outra para o alumnado de 5º e 6º. 

Pero, como consideramos que non so o alumnado debe coñecer OS PERIGOS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN,  desexamos convidar ás familias á charla que terá lugar no centro o vindeiro día 3 de decembro, ás 19:00 horas. Dita charla coloquio estará impartida polos membros do SPAD de Vilagarcía de Arousa que fan unha encomiable labor de prevención nos centros da zona do Salnés e tamén no noso centro dende hai anos. 

Agardamos que todas as familias participen desta actividade polo interese e o temor que estos temas nos causa a todos e todas. 

No PDF adxunto, poderán descargar e visualizar o cartel da charla. 

AdxuntoTamaño
TICS.pdf463.68 KB


blog | by Dr. Radut