Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Maio 12, 2010
Start: 12/05/2010 00:00
End: 12/05/2010 10:00

Continuando coa experiencia iniciada no curso pasado, podemos disfrutar dunhas estupendas sesións de contacontos grazas a colaboración de mestres que, como Inma, nos agasallan coa maxia das palabras. Desta volta foron os alumnos e alumnas de 1º os que puideron disfrutar destes momentos tan especiais arredor dun libro e da palabra. Grazas Inma

Start: 12/05/2010 18:00

O vindeiro mércores día 12, á seis da tarde o alumnado do grupo de "Taller de Expresión " do colexio poñerá en escea No Auditorio "A Xuventude" a peza titulada "O rapaz no buraco", adapatación do libro de Jordi Sierra i Fabra titulado "El niño que cayó en un agujero".

Xoves Maio 13, 2010
Start: 13/05/2010 16:00
End: 13/05/2010 20:00

Este xoves, 13 de maio, pola tarde, estará no centro Azucena Arias para falarnos de LECTURA.

Venres Maio 14, 2010
Start: 14/05/2010 12:45
End: 14/05/2010 13:34

O alumnado do centro acompañado do profesorado cebebrará na Calzada o Día das Letras Galegas diante do monumento a Ramón Cabanillas participando na ofrenda floral e no recital poético adicado este ano Uxío Novoneyra

Martes Maio 18, 2010
Start: 18/05/2010 00:00
End: 18/05/2010 18:00

Aproveitando un martes sen clase o alumnado de 4º, 5º e 6º que pertence á ANPA disfrutará dun día de lecer en Marín.

Venres Maio 21, 2010
Start: 21/05/2010 12:00
End: 21/05/2010 13:30

O vindeiro 21 de maio todo o alumnado do centro, acompañado dos seus titores, acudirá ao Auditorio Municipal "A Xuventude" para presenciar un espectáculo de Maxia a cargo do mago Norberto, xestionado por Antonio García, pai dunha alumna do centro, a través da asociación "Niños Sanos" e coa colaboración da Diputación Provincial de Pontevedra.

Martes Maio 25, 2010
Start: 25/05/2010 00:00
End: 25/05/2010 20:30

O alumnado do Terceiro Ciclo fará a excursión de fin de curso a Santiago de Compostela acompañado dos seus profesores.

Luns Maio 31, 2010
Start: 31/05/2010 19:30
End: 31/05/2010 20:30

O vindeiro luns, 30 de maio, o alumnado de 6º de Primaria e as súas nais e pais están invitados a aistir a unha charla informativa sobre a ESO coa posterior visita ás instalacións do IES "Ramón Cabanillas".

Martes Xuño 01, 2010
Start: 01/06/2010 09:00
End: 01/06/2010 20:30

O martes, día 1 de xuño, o alumnado de 2º Ciclo sairá de excursión a Allariz.

Distribuir contido


by Dr. Radut