Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Blogues

FESTIVAL DE ENTROIDO

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

O alumnado do Magariños conmemorou o día de Rosalía de Castro cuns cantares á autora ben bonitos. Podedes ver aquí como entoaron as cancións os diferentes cursos. Agardamos que o desfrutedes.

AGRADECEMENTOS ÁS FAMILIAS E A ANPA

Desde o CEP Antonio Magariños Pastoriza queremos agradecer a participación e esforzo de tódalas familias para que os nenos e nenas paticipasen no Entroido do curso 2021/2022.

A festividade foi todo un éxito, así como a chocolatada con churros que a ANPA organizou para o alumnado. Todo o persoal docente do Magariños quere agradecer esta colaboración, xa que a rapazada o desfutou moito.

Nos próximos días procederemos á publicación dos vídeos do Día de Rosalía e tamén do festival de Entroido.

 

Felices festas!!!

25 DE FEBREIRO - O ENTROIDO

Estimadas familias,

 

O vindeiro 25 de febreiro a ANPA convidará aos nenos e nenas a un chocolate con churros no patio do recreo con motivo do Entroido. Desde o centro queremos agradecerlles a súa colaboración.

Así mesmo, recordamos que os días 28 de febreiro e o 1 e 2 de marzo non haberá clase. Así é que as clases comezarán o 3 de marzo (xoves)

 

Feliz entroido!

INSTRUCIÓNS PARA REXISTRO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023

Desde o 1 ata o 21 de marzo de 2022 ábrese o prazo para a solicitude de admisión do alumnado para o curso 2022/2023.

Poderán acceder á solicitude a través do seguinte enlace.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

As dúbidas das familia serán resoltas polos centros educativos.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de admisión de xeito manual ou a través da aplicación no menú:

Solicitudes > Admisión > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

 

ADMISIÓN DO ALUMNADO DA EEI DA PASTORA

Todo o alumnado procedente da EEI da Pastora que solicitou reserva de praza para o vindeiro curso 2022/2023 foi admitido. Poden consultar a listaxe do alumnado na porta do colexio CEP Antonio Magariños Pastoriza.

GUÍA DE ACTUACIÓN ANTE OS NOVOS CASOS COVID (NOVAS MEDIDAS)

Estimadas familias,

 

Presentámoslle a nova normativa de actuación ante os casos COVID. Poden consultar a información premendo no seguinte enlace.

https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos/Adaptacion_Guia_Centros_Educativos.pdf

Proceso de reserva e admisión do alumnado de cara ao curso 2023/24

Bo día familias, no seguinte enlace podedes acceder á Orde de Admisión para o vindeiro curso. Tamén o enlace para presentar a documentación no centro.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut