Skip to Content

Un rocódromo moi salgado!

 

Enmarcado dentro do proxecto: "Dinamizando o noso patio" que deu comezo o pasado curso escolar, e no que traballamos en conxunto centro e ANPA; damos a benvida a unha nova proposta de xogo no noso patio: un rocódromo moi salgado!

 

 

 

 

 

 

 

Unha feliz viaxe pola vida... Camiñamos?

 

O alumnado de 6º de educación primaria quere trasladarnos como é a súa perspectiva de equipo. O quebrantacabezas no que todos son iguais pero diferentes; esa conexión que as diferenzas individuais non impide.

 

A diferencia que fai a cada persoa especial. 

 

 

 

 

Polo correo do vento: "Mario pensaba que o galego non servía para nada"

O alumnado de 1º de educación primaria recibiu a visita dos rapaces que compoñen o grupo: "Polo correo do vento", así coñeceron en primeira persoa a Enrique, Carlos e Robertiño. 

 

Eles son un colectivo especializado en promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística das nenas e nenos. 

 

A actividade non puido ser mais divertida, pasárono en grande! 

Consistiu en narrar aos peques un conto ilustrado, no que Enrique encargábase de contar a historia, namentres Carlos debuxaba un mural in situ vencellado ao conto. E por último, foi Robertiño o encargado de poñer música a esta marabilloso conto ilustrado.

 

Grazas pola visita!  

 

 

 

Visitamos a Fundación Luis Seoane

O alumnado de 1º de educación primaria visitou a Fundación Luis Seoane,  e alí experimentaron coas técnicas creativas que este artista utilizaba nas súas obras.

A proposta tomaba como base a integración da arte, usando formas modulares intercambiables; a través da experimentación e o xogo buscaron o deseño dunha actividade na que crearon a súa propia obra sobre unha gran vidreira mesturando as tres cores primarias. 

Queredes ver o resultado?

 

 

Proceso de admisión: presentación de documentación xustificativa dos criterios de baremo.

Número de prazas solicitadas de Administrador Colexio

  

Unha vez determinado que o número de solicitudes para algúns cursos é superior ao de prazas ofertadas; e tal e como se regula na Orde. 12 de marzo de 2013, art.17, punto 1: "o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, para achegar a documentación xustificativa dos criterios de baremo" 

 

Prazo de presentación

Para todas aquelas persoas que non entregaran coa solicitude, os papeis que xustifican e acreditan os criterios do seu baremo; o prazo de presentación na secretaria do centro (previa cita) será dende o día 24 de marzo ata o 6 de abril, ambos incluídos.  

 

Documentación necesaria

  •  Copia e orixinal do libro de familia ou DNI do alumno/a que acredite a súa idade. 
  •  En caso de separación ou divorcio, deberán presentar o convenio regulador ou resolución xudicial. 
  • En caso de familia numerosa, o título que o acredite. 
  • En caso de solicitar unha praza para alumnado con NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) achegarase a documentación que acredite as circunstancias da petición.
  • En caso de discapacidade da/o alumna/o, proxenitores, titores legais ou irmáns, achegarase a documentación acreditativa.
  • Certificado de empadroamento no que figure que levan máis dun ano empadroados/as, no caso de que opten aos puntos do padrón)
  • En caso de familia monoparental, documentación que acreditativa.
  • Para alumnado procedente doutro centro deberán achegar tamén unha certificación de matricula do centro de procedencia.  
  • Por proximidade do lugar de traballo deben de presentar: Empregados: Documento certificativo da empresa, xunto co contrato de traballo.
    Autónomos: Alta na Axenc. Estatal Adm. Tributaria e na Tesourería xeral da Seguridade Social.
  • Para a consideración de vítima de violencia de xénero (art. 9.1.i) do Decreto 13/2022, do 3 de febreiro). Atenderase ao documento que acredite a dita situación conforme ao previsto na normativa vixente.
  • Para a consideración de vítima de terrorismo (artigo 9.1.j) do Decreto 13/2022, do 3 de febreiro. Atenderase ao documento que acredite a dita situación conforme ao previsto na normativa vixente.

A efectos de comprobación, é necesario presentar o orixinal de todos os documentos fotocopiados. 

CRITERIOS DE BAREMO

SORTEO PÚBLICO DE LETRA DESEMPATE

 

 Horario de secretaría 

É preciso solicitar cita previa a través do correo electrónico: ceip.zalaeta@edu.xunta.gal

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

12.25-13.10

10.40-11.20

09.55-11.20

13.15-14:00

13.15-14:00

   

 

 

 

ROTEIROS LECTORES

 

 

Nos cursos nos que formamos parte dos roteiros lectores, tivemos visita!

Viñeron os autores dos libros que estamos a ler este curso. Encantounos!

 

 

- En 1º e 2º de educación primaria recibimos a visita de: Benxamín Míguez Novoa.

 

 

 

 

 

- En 3º de educación primaria recibimos a visita de María Canosa:

 

 

 

 

 

 

- En 4º de educación primaria recibimos a visita de Pere Tobaruela:

 

 

 

 

 

- En 6º de educación primaria recibimos a visita de Andrea Maceiras, autora que recibiu o premio Anaya de literatura infantil e xuvenil: 

 

 

GRAZAS POLA VOSA VISITA!

 

 

 

AS NOSAS RAÍCES

Sheila Watt, Concepción Arenal, Claro Campoamor, María Pita, Isabel Zendal, Josefina Castellví, Lucía Pérez, Frida Kahlo, Emilia Pardo Bazán... son algunhas das mulleres que representan a nosa loita, o noso esforzo, a nosa unión.

Esta árbore que da entrada ao noso centro, representa as nosas raíces: nais, avoas, tías, ... as mulleres máis importantes da nosa vida, o noso exemplo. RAÍCES.

 

Enmarcado dentro do noso PDI de centro, este ano quixemos entrevistar a unha muller que aos seus 90 anos é a terceira vez que realiza o Camiño de Santiago, ela é Dolores Barro. 

 

 

A cidade de María Pita

 

Unha saída moi divertida a que realizamos o pasado xoves á "cidade de María Pita". Enmarcada dentro do programa do Concello: "Coruña de aventura: itinerarios".

 

 

 

 

 

 

O Atlántico parte de ti

Fantástica actividade organizada polas Concellerías de Deportes e de Educación , "O Atlántico parte de ti". Un programa pensado para achegar o mundo da vela ás mozas e aos mozos de 5º e 6º de primaria.

 

O primeiro curso en participar foi 5ºA:

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut