Skip to Content

Plan Director para a Convivencia e mellora da Seguridade nos centros educativos e os seus contornos.

Este curso participamos na rede de centros que forman parte do Plan Director para a Convivencia e mellora da Seguridade nos centros educativos e os seus contornos. Este Plan pretende potenciar as actuacións preventivas en relación cos riscos aos que se ven sometidos os menores con respecto ao uso de internet e novas tecnoloxías. A súa vez, traballan activamente na prevención da delincuencia, así coma cuestións en materia de acoso escolar e violencia sobre a muller. 

Esta semana no noso centro realizáronse as charlas impartidas por un responsable do Corpo Nacional de Policía, nas que o alumnado de 5º e 6º de educación primaria puido plantexar todas as súas dúbidas e escoitar a importancia da prevención sobre o uso das novas tecnolóxias, o acoso escolar e a violencia sobre a muller.

 

O martes día 18 de xaneiro a persoa responsable do Corpo Nacional de Policía realizará unha charla destinadas ás familias nas que se tratarán temas como: control parental, responsabilidade no uso das redes sociais e importancia da supervisión na rede. Nela poderedes plantexar todas as dúbidas que teñades.

A charla terá unha duración aproximada de 2 horas; dará comezo ás 16.00. Recibiredes unha notificación vía "AbalarMóbil" co enlace para conectarvos a través de Webex.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut