Skip to Content

RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020/21

Publicouse no DOG a Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (CECOP), do 5 de maio de 2020 que, no ámbito educativo, estableceu os seguintes acordos:

– Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

Acceso no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31003

 

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

b) Novos prazos do proceso:

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020

 

NOVOS PRAZOS

Presentación de solicitudes de admisión

Do 11 ao 18 de maio de 2020

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (Recoméndase entregala entre o 11 e o 18 de maio).

Ata o 26 de maio de 2020.

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido

Antes do 9 de xuño de 2020.

 

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais.

3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación. 

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido

Ata o 26 de xuño de 2020.

 

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria:

Do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

Formalización da matrícula ordinaria en ESO e BAC (no IES)

Do 1 ao 10 xullo.

Prazo extraordinario de matrícula en ESO e BAC:

Do 1 ao 10 de setembro de 2020.

 

 

 HORARIOS DE APERTURA E NORMAS DE SEGURIDADE

Comunicamos que o centro permanecerá aberto durante o prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado en horario de 10:00 a 13:00 horas, exclusivamente para o trámite administrativo de admisión de alumnado, é dicir: presentación de solicitudes e da documentación para baremación.

Non se atenderá outro tipo de solicitudes, non se permitirá acceder a zonas diferentes da administrativa nin se entregará material de alumnado.

Para calquera outro trámite administrativo diferente da admisión do alumnado, realizarase a solicitude por correo electrónico e darase cita para a entrega da documentación.

As consultas poderán realizarse durante o prazo de presentación, por teléfono no horario habitual de apertura, ou por correo electrónico escribindo a: ceip.zalaeta@edu.xunta.gal  indicando no asunto consulta admisión alumnado”

Rogamos que cando sexa posible, realicen a presentación de solicitudes empregando a SEDE ELECTRÓNICA, aportando no mesmo procedemento a documentación necesaria para a baremación.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

O trámite poderá realizarse de forma presencial unicamente cando o solicitante non poida efectualo de forma telemática.

A atención será individualizada. Recoméndase  a entrada no centro para o trámite administrativo a unha soa persoa.

As colas de espera realizaranse no exterior  mantendo a distancia de seguridade, e dentro do posible, seguir as instrucións das autoridades sanitarias empregando mascarillas e guantes.

Documentación

Para evitar vir ao centro máis veces cás imprescindibles, rogamos que acudan con toda a documentación necesaria para a baremación dentro do prazo de solicitude, que a acheguen por correo electrónico (con acuse de recibo) ou que a incorporen telematicamente se o fan por sede electrónica.  

Para axilizar o trámite deberán traer as fotocopias, xunto cos orixinais.

Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de: domicilio fiscal, renda, condición de familia numerosa e discapacidade do/a alumno/a, do proxenitor/a, do titor/a ou dos irmáns cando a persoa interesada denegue a consulta automática de datos (art.17.1)

A presentación dos xustificantes dos criterios de baremación ten carácter voluntario.

A non presentación dalgún deles suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente.

NOTA IMPORTANTE: O colexio abrirá o luns día 11 exclusivamente para trámites de admisión de alumnado, calquera outra consulta ou trámite, utilicen correo electrónico: ceip.zalaeta@edu.xunta.gal ou chamen ó teléfono 981211747



page | by Dr. Radut