Skip to Content

PRIMEROS AUXILIOS

A semana pasada tivemos a visita das sanitarias do centro de saúde de Vilanova de Arousa. O alumnado de 5º curso puido aprender os pasos a seguir na reanimación cardiopulmonar ou que facer no caso de atragantamento. Queremos agradecer unha vez máis a disposición das sanitarias para facer actividades co noso centro.

CAMELIA

Aquí tedes a participación dos máis pequenos do colexio, na Exposición da Camelia deste fin de semana no pavillón de Vilanova.

 

LUZ NEGRA

O alumnado de Arts realizou uns traballos con siluetas que representan os distintos deportes, en liña co proxecto sobre os Xogos Olímpicos, para poder ver con luz negra. Ademais, decatámonos de que non soamente destacaban os debuxos... 

PUNTO LARANXA

O punto laranxa é unha medida impulsada dende a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.

INFORMÁTICA

O alumnado de 2º estase iniciando na aprendizaxe didáctica e responsable dos equipos informáticos individuais. As ferramentas dixitais constitúen o soporte imprescindible no proceso de aprendizaxe. Polo tanto, é moi importante aprender a manexalas de xeito correcto.

INTERNET

Debido a que traballamos diariamente na rede e o alumnado tamén a utiliza no seu tempo libre, consideramos necesario que se empregue con responsabilidade. É por iso que estes días tivemos unha charla de NAVEGA CON RUMBO (por parte dun enxeñeiro informático) e outra de CIBERSEGURIDADE (por parte da garda civil).

 

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

O 2 de abril realizamos no colexio diversas actividades para coñecer, falar e concienciar sobre o autismo. Deixámosvos por aquí unha pequena mostra. Esperamos que vos guste!

 

FIN DE TRIMESTRE

O alumnado de infantil realizou as seguintes actividades para finalizar o segundo trimestre, baseadas nos proxectos desenvoltos sobre os Xogos Olímpicos, máis concretamente de París; así como outras relacionadas coa Pascua.

 

VISITA LÚA PIÑEIRO

O martes visitounos Lúa Piñeiro, a campeona de España de Taekwondo. Con ela os pequenos de Educación Infantil desfrutaron practicando deporte. Que mellor forma de festexar tamén o día da muller! Moitas Grazas pola visita!

PASCUA

A Pascua está á volta da esquina! As nenas e nenos de 1º e 3º estiveron a facer e a xogar cuns "Easter Memories". Pasárono xenial!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut