Skip to Content

Novas

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

     En base ao establecido na RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación, e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 29/09/2021); terá lugar a renovación parcial do Consello Escolar do CEIP Plurilingüe Xoán de Requeixo.

·                   

A organización e supervisión do proceso electoral, estará a cargo da Xunta Electoral, integrada por:

    •  A directora do centro
    •  Un representante do profesorado
    •  Un representante dos pais/nais
    •  Un representante do persoal de administración e servizos.
    • Os representantes dos tres sectores, foron elexidos en sorteo público o día  3 de novembro ás 11.30 h.

·                   

Duración de mandato dos candidatos electos:

                

Tal e como se establece na resolución, co obxecto de manter os períodos de renovación, os membros do Consello Escolar elexidos en base ao proceso adiado no curso 2020/21, serán nomeados por un período de tres anos.

·        

A renovación dos membros é parcial:

    • 3 representantes dos pais/nais.
    • 3 representantes do profesorado.
    • 1 representante do sector de PAS

DATAS DE INTERESE:

Revisión do censo electoral: ata o 15 de novembro (no taboleiro de anuncios interior do centro).

Presentación de candidaturas: ata o 16 de novembro

Votacións

PAS : 24 de novembro ás 15:00 h

Profesorado: 24 de novembro ás 16:00 h

Nais/pais e titores legais: 25 de novembro de 9.30 a 12:30h

 

Constitución do consello escolar: 1 de decembro

SAMAÍN 2021

Fai clic no seguinte enlace e goza do Samaín:

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipxoanrequeixo/taxonomy/term/96

AVISO SOBRE FONDO LIBROS E VALES

Están dispoñibles os vales de libros e material, e a listaxe de  fondo libros.

Pódense recoller na secretaría do centro en horario

de 10:00 h a 13:00 h durante o mes de xullo, ou ben no mes de setembro.

 

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 Orde DOG Xoves, 20 de maio de 2021 (xunta.gal)

IMPRESOS: 

Poden recollerse na Secretaría do centro ou Servidor Repositorio Solicitude (xunta.gal)

Recordar que preferiblemente se presente a solicitude por vía telemática.

En caso de optar pola vía presencial, débese adxuntar fotocopia dos DNI de cada membro computable da unidade familiar.

 IMPORTANTE: No centro, debido a situación actual, non se farán fotocopias da documentación que se achega.

 

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022

 

Comunícase que todo o alumnado que reservou praza neste centro para o curso 2021/2022, está admitido.

Toda a comunidade educativa do CEIP Xoán de Requeixo, dámosvos a benvida!

 

XOGA E DESCUBRE COMO FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO

Entrade poñendo o voso nome e se queredes voltar xogar cambiádeo.

Día da paz 2021

CONTÁXIATE DE PAZGuiño

Distribuir contido


by Dr. Radut