Skip to Content

XUNTA DE GALICIA

Resultados de la búsqueda - Xunta de Galicia

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/2025

Ábrese o prazo para solicitar a participación no “Fondo Solidario de libros de texto: axudas para material escolar e libros de texto”

A información deste proceso pode consultarse na Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

Prazo de presentación de solicitudes:  Ata o día 21/06/20224

Formas de participación:

  • Telemáticamente a través da aplicación FONDOLIBROS. É necesaria a chave365.
  • Entrega presencial no centro en horario de secretaría (09:35 -10:20 de luns a venres).

Documentación que se debe aportar no caso da participación presencial:

  • Anexos I e II. Descargar nos documentos adxuntos, imprimir, cumprimentar os apartados e asinar para poder ser entregado de xeito presencial.

Nota importante: O  Anexo II debe vir asinado por tódolos membros computables da unidade familiar. Ademais é preciso cubrir o Anexo II (continuación) e debe asinarse.

  • Copia do libro de familia con todos os membros computables da unidade familiar (so é preciso achegar esta documentación no caso de que o número de membros computables cambiase  recentemente, con data límite do 31 de decembro de 2023).
  • En caso de divorcio ou separación, copia da sentenza xudicial onde figure a custodia do menor (no caso de que non conste no centro).

Axudas para libros de texto:

-      Primeiro ciclo de educación primaria (1º e 2º nivel): en función da renda familiar, as axudas consisten na entrega de cheques para adquirir libros de texto por importe de 160 € ou 240 €.

-        Segundo ciclo de educación primaria (3º e 4º nivel): en función da renda familiar, as axudas consisten no préstamo de 4 ou 6 libros de texto.

-       Terceiro ciclo de educación primaria (5º e 6º nivel): non existen axudas  para libros de texto porque este ciclo está inmerso no proxecto ABALAR. Pero si de material escolar.

Axudas para material escolar: 

-          En función da renda familiar, as axudas serán de 60 € ou 75 € en tódolos cursos da educación primaria.

Cuestións a ter en conta: 

-          As familias con varios fillos/as no colexio deben cubrir unha única solicitude e incluílos a todos no mesmo documento.

-          O alumnado que remata 6º de EP debe entregar a solicitude no instituto ao que vai a ir. 

-          Ao entregar a solicitude no colexio xa se está participando tanto para libros como para material.

INICIO DE CURSO 23/24

 

Estimadas familias:

 

Benvidas a un novo curso. A continuación detallamos os puntos máis importantes para ter un bo comezo:

  • O curso comezará o día 11 de setembro
  • O horario da entrada será de 9:15h a 9:30h.

- O alumnado de E.Infantil entrará pola cancela do seu edificio.

- O alumnado de transporte escolar entrará polo portalón principal.

- O resto do alumnado pola cancela darriba a carón da gardería.

- Cando se chegue fóra de hora, deberán entrar cos nenos ao centro ata conserxería, onde asinarán o documento

oportuno. 

  • Horario de clase:

                                      - De 9:30h a 14:30h(os que non quedan ao comedor).

                                      - De 9:30h a 15:30h(os usuarios do comedor). Primeiro sairán os de transporte escolar e a continuación os

particulares.

 

  • O Primeiro día de clase, 11 de setembro de 2023, haberá horario completo con comedor. Neste día, o alumnado só precisan traer a merenda, un estoxo e unha libreta.

     O alumnado de 1º de primaria, este primeiro día, poderá estar acompañado no patio cuberto por un pai/nai ou familiar ata a entrada nas aulas.

 

  • Neste curso, os días de atención aos pais, nais e titores legais serán os MARTES de 16:00h a 17:00h.

  • Os días non lectivos acordados polo centro, estamos á espera de concretar co IES. En principio un dos días será o 2 de febreiro, o segundo informaremos por Abalar e na Web en canto o saibamos.
  • Todas as familias que solicitaron comedor no mes de xullo, están admitidas.
  • Tamén queremos informar que segue aberto o prazo para presentar as solicitudes de colaborador/a de comedor escolar.

Rogamos teñan en conta as normas anteriores para facilitar unha boa convivencia dentro da comunidade educativa.

Valga a 08 de setembro de 2023

 

Distribuir contido


by Dr. Radut