Skip to Content

Novas, Circulares informativas

RESISTIRÉ EN LSE

Varias familias do centro organizáronse de xeito voluntario para crear este vídeo tan especial: 

 

 

Sodes moi grandes rapaces!!

Moitas grazas familias!!!

PROGRAMA DO CONCELLO: "NINGUÉN ATRÁS"

Estimadas familias!

Informámoslles que o Concello dispón dun programa de axuda ás familias.

Nel as familias que non dispoñen de conexión a internet ou teñen problemas para facer as tarefas que dende o centro se propoñen, poden solicitar a axuda e colaboración para que o Concello lles facilite impreso o material a traballar nos seus domicilios.

O tfno. de contacto para inscribirse no programa do Concello do CMIX (Centro Municipal de Información Xuvenil) é: 981184294

WENCES RESISTE!!!

Mañá comezamos o derradeiro trimestre do curso dunha maneira moi diferente a como gustaríanos. 

Cheos de dúbidas, incertidumbres... pero resistiremos porque sodes unhas campionas e campións!!

Esperamos que este traballo colaborativo de toda a comunidade do Wenceslao énchevos de forza para esta recta final!!!

Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!!! 

Wences resiste!!!!

DÍA INTERNACIONAL DA SAÚDE E A SANIDADE PÚBLICA

Cada ano, o 7 de abril, celébrase o Día Mundial da Saúde para conmemorar o

nacemento da ORGANIZACIÓN MUNDIAL DA SÁUDE (OMS) O 7 de abril de 1948.

Cada ano elíxese un lema diferente, invitando á toda a sociedade e ás institucións a loitar contra un problema de saúde.

Este ano 2020 o lema é: “Apoiemos ao persoal de enfermería e de partería”.

TODOS XUNTOS PODEMOS!! QUEDA NA CASA!!

FELIZ DÍA DA SÁUDE A TODOS OS QUE A TEMOS!! PERO SOBRE TODO ÁS

PERSOAS QUE NON A TEÑEN!! MOITA FORZA E ÁNIMO!!! VÓS PODEDES!!

RESISTIMOS??

Dende o cole, ademáis de axudarvos a seguir traballando dende a casa, prentendemos acompañarvos, guiarvos, animarvos... nestes momentos tan especiais para todos. 

Con este motivo, temos a idea de facer un video colaborativo bailando, cantando, intrepretando... a canción "Resistiré 2020". 

Os benificios obtidos polas visualizacións deste video serán doados a Cáritas, polo que pareceunnos unha elección perfecta para o noso propósito.

¿Que temos que facer?

 

NOTA: É importante que non fagades só o retrouso, gravade varios anacos da canción para poder montala enteira...

resistire

resistire

#WENCES QUEDA NA CASA

Todos somos conscientes da dificil situación pola que estamos atravesando neste momento e dende o cole queremos transmitiros o noso cariño e o noso apoio!!!

Ánimo Wences!!

AVALIACIÓN DO SEGUNDO TRIMESTRE

Estimadas familias:

O día 3 de abril, ás 14.00 horas, serán publicadas na aplicación Abalar as notas de avaliación deste curto segundo trimestre.

As notas reflicten o traballo curricular realizado ata o 13 de marzo deste ano, non sendo avaliables as propostas de traballo que o profesorado, con tanto esforzo, preparou para os vosos/as fillos/as.

Os boletíns de notas, nun principio, non poderán ser entregados ata que a actividade educativa volva a ser presencial.

Calquera nova que xurda ao longo deste tempo será comunicada ás familias vía web.

As dúbidas que teñades poderán ser consultadas de modo privado co mestre/a en cuestión ou ben a través do email do centro.

Un saúdo a todos e todas e moita paciencia. Dende o centro desexamos que pronto nos volvamos a ver.

 

A dirección

ACLARACIÓN SOBRE A 2º AVALIACIÓN

Estimadas familias:

Comunicámoslles que a segunda avaliación, que estaba prevista para os día 30 e 31 de marzo, coa conseguinte publicación de cualificacións para o próximo 3 de abril, queda aprazada temporalmente ata novo aviso.

Aproveitamos para aclararlles que as actividades propostas polo profesorado do centro aos distintos niveis, non son nin avaliables nin de obrigado cumprimento. Esperamos que sirvan como medio para manter en activo ao alumnado, pero sen ánimo de sobrecargar a ninguén.

 

A Coruña, 24 de marzo de 2020

 

A dirección

CRISE DO COVID19: PECHE DO CENTRO

A dirección do CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez, tendo en conta a situación de alerta nacional, e seguindo :

  • O Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
  • As indicacións das instrucións do 13 de marzo de 2020 por parte da Consellería con respecto ás medidas a adoptar en relación coa pandemia Covid-19 para os vindeiros 14 días naturais  contados dende o 16 de marzo de 2020. 

INFORMA:

Con respecto ao proceso de admisión:

  • Suspensión de prazos administrativos das entidades do sector público, definido na Lei 39/2015, de 1 de octubre, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O cómputo dos prazos reanudarase no momento en que perda vixencia o presente real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo. 
  • Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática.

 

Con respecto á presenza de persoal docente no centro:

  • Suspéndese a actividade educativa presencial en tódolos centros e etapas, ciclos, graos, cursos e niveis de ensinanza contemplados no artígo 3 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
  • Durante o período de suspensión manteranse as actividades educativas a través das modalidades a distancia e «on line», sempre que resulte posible.

 

Con respecto á atención do alunado:

  • Temos publicado na nosa web as canles de comunicación e información co alumnado e as familias a través das ferramentas ou plataformas coas que se traballa habitualmente. Ao mesmo tempo o profesorado facilitará, na medida do posible,  propostas de actividades para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios. 

O CENTRO EDUCATIVO, DENDE HOXE, LUNS, 16 DE MARZO DE 2020, PERMANECERÁ, POLO TANTO, PECHADO ATA NOVO AVISO

 

Medios de comunicación co centro:

 

Moitas grazas a todos/as pola vosa comprensión.

 

A Coruña, 15 de marzo de 2020

A dirección do centro

Distribuir contido


by Dr. Radut