Skip to Content

Actividades

II Concurso "Quen é?" - Xaneiro-Febreiro 2021

 

II Concurso Quen é? - Xaneiro-Febreiro 2021

 

ESTAS SON AS PISTAS:

    1. É moi nova

    2. É rohinyá. Que significa iso?

    3. O seu país é Birmania, pero vive no país veciño. Por que?

    4. O labor que deesmpeña é moi importante e está relacionado coas dúas datas de xaneiro que estamos a celebrar estes días. Cales?

 

Adiviña quen é a muller de xaneiro-febreiro.

Manda o seu nome e unha breve biografía a musicawff@gmail.com antes do venres 26 de febreiro ás 14:00.

 

ANÍMATE A PARTICIPAR E SORTE!!

 

A muller de decembro era... INMA SHARA!!

Noraboa aos cinco acertantes!!! Este mes foi máis curto e xaneiro tamén o será.

Animádevos o resto a participar!!

O seu nome real é Inmaculada Concepción Lucía Saratxaga, naceu en Amurrio, Álava, no ano 1972. É directora da orquestra española.

Con catro anos empezou na música, xa con dezaseis elixe a batuta como instrumento. Os seus estudos fíxoos no Conservatorio de Bilbao e de Vitoria. Dirixiu as orquestras máis importantes de España, colaborou coas mellores orquestras estranxeiras e tamén colabora con solistas de talla internacional.

Debutou como directora de orquestra no ano 1999, con só 27 anos.

Dirixiu as máis importantes orquestras sinfónicas españolas e colaborou con algunhas das mellores orquestras do mundo como a London Philharmonic Orchestra, a Israel Philharmonic e a sinfonía checa, rusa, Roma, Taiwán, Milán, lItuana, ucraína, etc. Tamén colabora, con solistas da talla de Mischa Maisky, Boris Berezovsky ou Shlomo Mintz, entre outros.

En 2007 foi elixida membro da Jakiunde, Academia de Ciencias, Artes e Letras do País Vasco.

En decembro de 2008, foi a primeira muller en dirixir un concerto no Vaticano. Foi antes de 7.000 persoas e o papa Bieito XVI con motivo do 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

En 2009 foi galardoada co Premio á Excelencia Europea "pola súa proxección e contribución internacional á música clásica", condecoración que comparte co presidente da Comisión Europea, José Manuel Durao Barroso, Landevillo Lavilla, asesor permanente do Consello de Estado , e outras entidades españolas. No 2009 tamén recibiu o premio Sabino Arana.

No 2010 dirixiu á Orquestra Sinfónica Nacional Checa no concerto inaugural da programación musical do Xacobeo. Nesa ocasión, interpretaron por primeira vez a"Melodía de Mondariz", creada en exclusiva por Inma Shara para este concerto.

Ese mesmo ano foi premiada EVAP 2010 (Asociación de Empresarias e Profesionais de Valencia).

Dirixiu o Concerto solidario “A Team for The World África, no ano 2013, que o que quería era apoiar os proxectos de Harambee no continente africano, no año 2014 fixo outro para este proxecto. Tamén organizou concertos coa fundación Padre Arrupe. Foi nomeada como Embaixadora honoraria da marca España. A Xunta directiva da asociación Española de Directores de Recursos Humanos outorgoulle o Premio Xestor de Persoas 2014 pola traxectoria profesional.

Colabora con unha marca internacional de reloxos, a través deles organiza concertos que son destinados a axudas sociais. Por exemplo fixo un que donou a súa recadación á loita do Alzheimer, colabora con moitas asociacións sen ánimo de lucro: Axuda contra a fame, vítimas do terrorismo, Axuda en Acción, programas infantís de música para nenos con poucos recursos.....

Levou a cabo xiras de Gospel, dirixiu o concerto do 50 aniversario da fundación Xoán XXIII a favor das persoas con discapacidade intelectual, neste evento participou o coro composto por 15 persoas con estas discapacidades

Ten no mercado proxectos discográficos coa casa Sony, tamén unhas obras como son A Illa dos sons, dous volumes con libro e CD de música clásica e a Batuta invisible.

debuxos de Inma Shara

 

II Concurso "Quen é?" - Decembro 2020

Adiviña quen é a muller de decembro:

Muller Coeducación Decembro 2020

PISTAS:
    1- Aínda que o seu apelido artístico parece estranxeiro, é española.
    2- É artista.
    3- O seu oficio é o mesmo que o do personaxe de Pierre Morhange na película “Os nenos do coro”.
    4- Dirixiu a celebración do 60º aniversario da… Que celebramos o 10 de decembro?

MANDA A SOLUCIÓN E UNHA BREVE BIOGRAFÍA A musicawff@gmail.com ANTES DO 18 DE DECEMBRO ÁS 14:00

NORABOA aos sete acertantes da muller de novembro!!

A muller do mes de novembro é THERESA KACHINDAMOTO, gobernadora ou xefa suprema (Inkosi) de Dedza, distrito de Malawi dende o ano 2003) e ten alcanzado recoñecemento internacional ó combater un dos maiores problemas sociais de África: os matrimonios infantís.

Un día, de casualidade, atopouse cunha nena de 14 anos e un bebé en brazos que non paraba de chorar, achegouse a ela e díxolle que levase ó bebe coa súa nai. Ela explicoulle, entón, que era ela a nai do pequeno, e o pai tiña tamén 14 anos. Esa realidade, moi común no seu país, fíxolle aceptar o cargo para poder loitar contra o matrimonio infantil. Nese contexto, Kachindamoto xurdiu como unha esperanza feminista velando polos dereitos de aquelas nenas forzadas a contraer matrimonio.

vida

O cargo político de Kachindamoto equivale a ser alcaldesa e dende aí  logrou poñer en marcha cambios que a converteron nunha aliada vital na loita polos dereitos das mulleres e das nenas; ordenou a 50 dos seus subxefes a asinar un acordo para poñer fin ao matrimonio infantil no distrito de Dedza, enviou ás nenas á escola – ás veces pagando os colexios de cada unha cos seus propios fondos-, e ademais pediu ao parlamento que aumente a idade mínima para contraer matrimonio ós 21 anos.

“Despois de localizar o problema nunha viaxe polos pobos do meu distrito, puxen a 300 persoas traballando para que foran os meus ollos alí”, sinala. Dese xeito, cando estes ‘espías’ dan a voz de alarma, esta acode para falar cos pais e mostrarlles os riscos que supón esa decisión. “As nenas queren ir á escola, pero por si soas non poden facer nada porque son forzadas”

Aínda que moitos a critican e ten ameazas, ela non deixou de loitar, o que lle valeu para ter un recoñecemento internacional.

Entre algúns dos premios está o Premio Navarra á Solidariedade en novembro de 2018.

debuxos

“Educa a unha rapaza e educas a toda a área … Educas ao mundo”.

II Concurso "Quen é?" - Novembro 2020

A muller de novembro é...

Quen é? - Novembro 2020

PISTAS:

    1) Era a pequena de doce irmáns.
    2) Adícase a defender os dereitos que conmemoramos o 20 de novembro. Cales?
    3) Ela di que a educación é a base para impulsar un cambio na cultura do seu país.
    4) O seu país limita con Zambia, Mozambique e Tanzania.
    5) É a xefa de 300 “espías”.

O prazo para mandar a resposta e unha pequena biografía a musicawff@gmail.com remata o venres 27 de novembro ás 14:00.

Participade e sorte!!!!

Solución da muller do mes de outubro

NORABOA AOS OITO ACERTANTES DO MES DE OUTUBRO!!! 

A continuación tedes un compendio dos vosos traballos:  

Emma Rios - Debuxo

Chámase Emma Ríos Maneiro.

Naceu o 1 de abril de 1976 en Vilagarcía de Arousa. 

Emma Rios - texto

Emma Rios - texto

Foi a primeira española debuxante de Marvel, e traballou en personaxes de series coma Spiderman, Capitana Marvel ou Runaways.

Emma Rios - texto

 

Recibiu o Premio Eisner 2020 á mellor portadista por Bella Muerte.

Emma Rios - comics

 

Un dos seus traballos que todas e todos podemos ver pretiño do noso colexio é o mural de María Pita nunha das columnas que hai frente á igrexa de San Pedro de Mezonzo, baixo a Avenida de Alfonso Molina.

Emma Rios - obra

É considerada dende hai moitos anos unha das estrelas do Salón do Cómic Viñetas dende o Atlántico e falar tamén da súa aventura americana co editor de BOOM STUDIOS.

GRAZAS E A SEGUIR PARTICIPANDO!!!

II Concurso "Quen é?"

Bases II Concurso Quen e?

 

A muller do mes de Outubro é:

 

 

PISTAS:

1- É galega.

2- Gústalle debuxar.

3- Traballa nalgo parecido a Quino, recentemente falecido.

4- É ilustradora do que lle chaman o noveno arte.

5- Resucitou dous superheroes dos 80 do selo Marvel.

 

O prazo para mandar a resposta e unha pequena biografía a musicawff@gmail.com remata o venres 30 de outubro ás 14:00. 

 

Participade e sorte!!!!

I CONCURSO “QUEN É”?

O tema común do colexio deste ano xirou arredor de "Os inventos e os seus inventores/as" centrándonos principalmente nas mulleres inventoras e traballando a igualdade de  xénero.

Por iso dende o equipo de AEC organizamos un concurso titulado: "Quen é?"

En principio íamolo adicar ás mulleres inventoras, pero varios meses tamén relacionámolo cunha data sinalada no calendario escolar. 

Aquí deixámosvos a resolución do concurso: 

  1. Novembro 2019: Ángela Ruiz Robles, precursora do libro electrónico. 

 

  2. Decembro 2019: Berta Tapia, primeira alcaldesa de A Coruña (relacionado coa celebración do Estatuto de Autonomía, 2-9 decembro

  1. Berta Tapia, primera y única regidora de A Coruña: «Los alcaldes ...

 

3.  Xaneiro 2020: Stephanie Kwolek; Inventora do Kevlar, unha fibra que se utiliza nos chalecos antibalas. (relacionado co día da Paz, 30 de xaneiro)

 

4. Febreiro 2020: Hedy Lamarr; Inventora do espectro ensanchado por salto de frecuencia que se utiliza nos XPS, Bluetooth e nas conexión WiFi. (relacionado coa celebración do Entorido: Disfrazados de inventoras e os Mestres especialistas de WIFI.)

 

 5. Marzo e abril 2020: Clara Campoamor; Impulsora do sufraxio feminino, o dereito ao voto das mulleres. (relacionado co 8 de marzo: Día da muller). 

C:\Users\Propietario\Desktop\Cultura_382473759_117580260_1024x576.jpg

 

6. Maio e xuño 2020: Margarita Cimadevila; profesora de química e presidenta da asociación Arsciencia, que coordina as exposición sobre o Medio Ambiente, en particular sobre os océanos. (relacionado coa celebración do Día das Letras galegas, 17 de maio, e o Día do Medio Ambiente, 5 de xuño.)

C:\Users\Usuario\Desktop\foto.jpg

 

CONCURSO "QUEN É?": MAIO

QUEN É ESTA MULLER?

Le as pistas debaixo da foto. 

PISTAS: 

1. É galega.

2. Gústalle moito pintar, aínda que ten outra profesión.

3. Fai exposiscións relacionando dúas disciplinas diferentes. 

4. As súas exposicións serven para concienciarnos da necesidade de coidar o noso planeta.

5. Escollimos esta muller porque o 5 de xuño é o día do...

 

Investiga quen é con estas pistas. Escribe o sue nome e apelido, a súa breve biografía, os seus traballos máis importantes e por que pensas que a relacionamos coa data do 5 de xuño. 

ANÍMATE A PARTICIPAR!! É A ÚLTIMA MULLER DESTE CURSO!! 

Precisamente, o prazo remata o 5 de xuño. 

 

Enviade os vosos traballos co voso nome e curso a nuriacalvo28@gmail.com

CONCURSO "QUEN É?": MARZO

XOGO DO QUEN É ( Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias: COEDUCACIÓN).

MULLER DE MARZO

Adiviña quen é esta muller.

Escribe nun papel o seu nome e apelido e explica todo o que saibas dela.

Como este mes non podedes depositalo no buzón da entrada principal ao colexio,podedes mandar as vosas ideas a nuriacalvo28@gmail.com

 

 

Pistas:

1- Naceu en Madrid.

2- Era republicana.

3- Coa mediación do coruñés Santiago Casares Quiroga quixo unirse á Izquierda Republicana.

4- Tivo que exiliarse.

5- Ten moita relación coa data que celebramos no colexio e nas rúas: 8 de marzo.

 

Animádevos a participar! Tedes ata o mes de Maio que poñeremos a seguinte!

Distribuir contido


by Dr. Radut