Síguenos nas redes sociais!
Eventos
Mar | ||
---|---|---|
Start: 11/02/2020 16:30
Ao longo do 1º trimestre as nenas e nenos de 4 e 5 anos realizaron os talleres de "Contos para emocionar", dentro do programa do Concello "A Coruña Educa", relacionado coa educación sexual para peques. PROGRAMA EDUCATIVO A educación afectiva, emocional e sexual das crianzas é fundamental por influír positivamente na calidade da vida, na adquisición de hábitos básicos de saúde, no benestar, na vivencia do pracer sexual, na consecución da felicidade e en último termo, na loita contra a violencia machista. Este programa educativo comprende unha serie de “Contos Dramatizados” e de actividades, cas que se traballa a construción da sexualidade e dos vínculos afectivos desde o respecto, a autoestima e a liberdade desde unha perspectiva de xénero. CONTIDOS ,OBXECTIVOS Este obradoiro consta de 5 sesións con 5 contidos diferentes traballados en 5 contos co cada un dos contidos:
Start: 11/02/2020 19:07
Aínda que os peques de 3 anos non participaron nos talleres do Concello, si que traballaron tema na igualdade na aula. Concretamente a igualdade de xénero cobra moita importancia nestas idades temperás xa que é cando os rapaces toman conciencia da súa propia identidade e da dos demais. Tentamos que a linguaxe, os xogos e xoguetes, o tratamento cara aos nenos e nenas sexa non sexista educando en igualdade. Tamén facemos moitas actividades de concienciación e aprendizaxe. Aquí podedes ver a secuencia desta actividade, na que os pequerrechos tiñan que elexir con que caixa de xoguetes querían xogar pero sen abrila. Cando o fixeron descubriron que os xoguetes que agochábanse dentro igual non eran o que eles esperaban vendo o seu exterior... |