Queremos lembrar a todas as familias a importancia de certos documentos; neste caso facemos fincapé no permiso das saídas que podedes atopar EIQUÍ.
A semana que vén xa temos algunha saída programada, e aqueles alumnos e alumnas sen autorización NON PODERÁN realizar a saída. Entendemos que se non queredes autorizar é moi lícito; pero se esa autorización non chega por despiste é unha pena grande, porque se son moitos os que non teñen autorización pode suceder que teñamos que cancelar a saída por non poder dividir o grupo entre os que van e os que quedan no cole!
Pregamos que sexades dilixentes e, nesta semana, traiades as autorizacións por favor.