Plástica
3. Samhain Medieval
Tarefa:
1. Rotular unha palabra no voso blog, coa temática desta festa terrorífica, escrita con letra medieval. A primeira letra maiúscula e moi adornada e as demais en letra minúscula.
Exemplo de vocabulario terrorífico: cabaza, bruxa, gato negro, caveira, cemiterio/campo santo, pantasma, morcego, momia, vampiro, tumba, esqueleto... [en lingüística: O significante]
2. Facer a silueta do debuxo que representa a vosa palabra en cartolina e recortala [en lingüística: O significado].
Cos debuxos de todas/os faremos un mural.
RECURSOS:
Actividade inscrita no proxecto da Biblioteca A Idade Media.
5. Manualidade de Outono.
25-N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Tema e caracteristicas do traballo:
Con follas secas e outro material de outono realiza un cartel e un lema no que se visualice a importancia do respecto e da igualdade entre mulleres e homes promovendo a erradicación da violencia e poñendo o foco na prevención, na detección precoz e na intervención e axuda ás persoas que a sufren. Non están soas!
Inspírate:
Manualidades de outono. webdelmaestro (punto 5 das manualidades)
O HOME DE VITRUVIO
O home de Vitruvio, é un dos debuxos máis famosos do mundo. Debuxouno Leonardo Da Vinci arredor de 1490 e representa ao home como modelo e centro do universo.
Leonardo empregou as proporcións humanas de Vitruvio, un escritor, enxeñeiro e arquitecto romano que que viviu no s. I a.C. .... Seguir Lendo
TAREFA:
Aproveitando que estamos a estudar as funcións vitais dos seres vivos, realizaremos a nosa versión do debuxo de Leonardo da Vinci, respectando a simetría e as proporcións.