Esquema semanal

  • Ghostbusters!!

    • 1º, 2º e 3º

      • EDUCACIÓN INFANTIL E 1º PRIMARIA

        Proposta de tarefa:

        @s nen@s de EI e de 1º seredes @s encargad@s de porlle movemento á primeira parte instrumental da canción " AS PITAS BAIXO A CHOIVA"

        A idea é , que collades un paraugas, aberto ou pechado, no ombreiro ou no chan, e vos gravedes (mellor en vertical) paseando mentres sona esa parte da canción.

        Premede na imaxe para ver un exemplo.

        SE ESTO VOS PARECEU MOI SINXELO PODÉDESVOS ANIMAR A FACER A TAREFA DE 2º,3º,4º 5º E 6º

        • 2º, 3º, 4º, 5º E 6º PRIMARIA

          Neste caso @s nen@s de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º teredes como tarefa inventar a coreografía para a parte vocal de "AS PITAS BAIXO A CHOIVA".

          Cada un de vós deberá coller un paraugas (aberto ou pechado, no ombreiro ou no chan...) e crear os pasos para catro frases. Unha vez que o teñades gravádelo (mellor en vertical) mentres sona a música e mandádesmo ao correo.

          Premede na imaxe para ver un exemplo do que tedes que facer

          Aquí vos deixo unha coreografía completa feita para a canción " Cantando bajo la lluvia" (que ten a mesma melodía), por si vos vale de inspiración.