Esquema semanal

  • Xeral

    Ola a tod@s!!!

    Neste caso preséntovos xogos con globos. Moitos deles seguro que xa os tedes practicado pero xa sabedes, podédelos adaptar e modificar ás vosas circunstancias.

    Obxectivo: seguirnos movendo!!!

    Se queredes enviar algunha imaxe vosa ou da vosa familia practicando estes xogos facedeo a vistah10@gmail.com

    Ánimo!!!

  • VOLEIBOL CON GLOBOS

    Unha cadeira, un sofá, unha corda ou cordón que fai de rede....unha persoa a cada lado e listo!!, a xogar!! O globo non pode caer ao chan!!

    • QUE NON CAIA!!!

      Non hai rede. Un xogador debe intentar que o globo toque o chan, e o outro teno que evitar. Pódese puntuar cada vez que toque chan e cambiar de roles.

      • ARRIBA ESE APLAUSO!!!

        Golpear o globo ao aire, dar unha palmada e volver a golpear ao aire. Despois dunha palmada teñen que facer dúas e volver a golpear, despois tres e volver a golpear.... cantas palmadas serás capaz de dar sen que o globo toque o chan?

        • AO CHAN RÁPIDO!!

          Golpear o globo ao aire, deitarse no chan boca abaixo, volver a levantarse e volver a golpear o globo sen que caia...mínimo cinco veces...cantas consegues?

          • CARREIRAS DE GLOBOS

            Varios xogadores, cada un cun globo. Que globo chegará antes dun lugar “A” a outro “B” utilizando unicamente unha parte do corpo en concreto? (cabeza, cóbado, ombreiro...)

            • CANTOS GOLPEOS??

              Cantos golpeos seguidos darás feito ca cabeza? E cos pés?E co cóbado? En caso de haber varios xogadores podedes ir puntuando, cada golpeo un punto. Vencerá o que máis puntos consiga ao sumar os golpeos con todas as partes do corpo.

              • DE CANTAS MANEIRAS...

                Podes levar un globo dun lugar “A”(salón) a outro “B”(cociña) sen tocar o globo coas mans?

                • TENIS DE MESA

                  Ponse en calquera mesa un pequeno obstáculo (rede) e usar de raquetas as propias mans.