Esquema de temas

  • Xeral

    Nestes días de confinamento, a música pode ser un dos recursos máis empegados para entreter aos máis pequenos/as.

    MÚSICA PARA OS MÁIS PEQUENOS

    Vídeos e cancións de Mamá Cabra, María Fumaça, As Maimiñas, Sérgio Tannus, A Gramola Gominola... 

    Radio Picariña Música infantil en Galego

    Se queres compartir un vídeo, cunha canción ou interpretación instrumental, este é o teu medio:  https://flipgrid.com/salial3627   Ollo só tes 60 segundos. Se o fas desde o móbil, antes terás que descargar a App. Grávase pulsando sobre o círculo  verde + e ao pulsar sobre a flecha -> verde, subirá automáticamente.

    contacto:  salialvarezcarnero@gmail.com

    Enlace para unirse ás vídeo chamadas: https://eduxunta.webex.com/join/salial

  • Este tema

    Tocamos a última

    Chegamos ao fin deste curso tan atípico. Ímonos a despedir cun clásico, que non falten os sorrisos e pode caer algunha que outra bágoa pero que sexa de felicidade e de satisfacción polo traballo ben feito.

  • Do 5 ao 15 de xuño

    MÚSICA ECO-MARIÑA

    8 de xuño día Mundial dos Océanos. Os nosos mares dannos vida, agora depende de nós protexelos!

    Miniproxecto ambiental con actividades de educación artística e lingua.

    Nesta presentación terás que ir navegando polos distintos apartados. Hai cancións, xogos de ritmo, xogos medioambientais interactivos, 3 partituras de diferentes niveis para tocar coa frauta e un obradoiro  de reciclaxe.

    Afaite primeiro coa navegación coma se foras un/unha mariñeiro/a, le a información das ventás emerxentes. Podes facer a pantalla máis grande picando nos 3 puntiños da dereita para expandila.

    Podes descargar as partituras no arquivo adxunto
  • 25 de maio ao 5 de xuño

    100% Animal

    AUDICIÓN: Pedro e o lobo, de Sergei Prokofiev

    - Cada personaxe neste conto, está representado por un instrumento da orquestra. Fíxate no timbre de cada instrumento (outra versión Pedro e o lobo. Versión 1978. Narración de David Bowie)

    Curtametraxe  de animación

    O avó de Pedro, non cre que seu neto estea preparado para saír a cazar lobos, así que o mantén pechado na casa. Pero Pedro ansía a liberdade... 

    -Escribe o nome dos instrumentos que soan con cada personaxe? (Ao comezo da curtametraxe non hai son, non te impacientes)

    Pedro é interpretado por........ , o corvo Sasha........., a parruliña Sonia........, o gato Iván ..........., o avó................, o lobo................ e os cazadores............. 

    - Gústouche o final da historia?.................... porque.............

    ADIVIÑA ADIVIÑANZA OS INSTRUMENTOS DA AUDICIÓN

    O vento faime soar

    e polo meu son claro e limpo   

    ti me coñecerás. Quen son? 

    Son da familia do tambor

    pero con patas arredor.

    Escoita cando me golpean     

    sen tapar as orellas.

    Quen somos?

    Son brillante coma o sol

    e co meu  tubo enrolado       

    fago de lobo feroz.

    Quen son?

    Somos moitos na orquestra,

    con arcos pero sin flechas,

    con cordas e de madeira.

    Quen somos?

    ...................................

    ......................................

    ..................................

    ...........................................

    NIVEL I 

    O lobo é importante como especie clave nos ecosistemas e a súa conservación é necesaria para protexer a biodiversidade ibérica.

    A galiña do noso conto non ten nada que temer, xa que na granxa  hai un can, esperemos que sexa un bo gardián.

    - Mira o conto da Galiña Colorada, unha historia de colaboración, esforzo e constancia fronte a insolidariedade e a pereza de quen acostuma a beneficiarse do traballo dos demais. É importante neste días axudar na casa e repartirnos as tarefas.

    A GALIÑA COLORADA

    - Inventa outros personaxes que poidan vivir na granxa e crea a túa propia historia. Fai monicreques e dramatízaa: cambia de voces en cada personaxe e enfatiza nas respostas de cada animal.

    - Aprende este canción titulada a GALIÑA CHOCA.

    Letra e música: M. Rico Verea

    Dálle a play para escoitar a canción

    A galiña choca,  

    cocococococó! 

    o trigo sementou;  

    cocococococó! 

    o trigo muiñou;  cocococococó!

    pan trigo amasou;  e cos seus pitiños

    cocococococó!  pantrigo merendou.

     A GALIÑA CHOCA

    galiña choca

    -Inventa xestos para acompañar a canción.

    -Canta a canción coas vogais. Co "a" - A galaña chaca cacacacacacá, a traga samantaa...; Canta co  "e", co "i"... I guiliñi chiqui quiquiquiquiquiquí... 

    -EXTRA: Fai un boliño de pan como a galiña colorada e explica brevemente o proceso. Envía algunha foto.

    NIVEL II

    -Actividade de linguaxe musical. Repasamos os compases.

    -Coloca os pulsos segundo o compás e marca os acentos (>) no primeiro pulso de cada compás.

    - Despois de corrixilos,  escribe unha letra que se adapte ao 2º e o 3º   ritmo (temática animal)

    Exemplo do primeiro ritmo. Escribimos unha sílaba en cada figura tendo en conta o acento. Faino primeiro coas sílabas rítmicas e logo pensa nunha letra que encaixe.

    - Interpreta coa frauta estas cancións e  vai subindo de nivel. 

    Esta vella factoría, ía, ía o.

    está chea de animais ía, ía, o.

    Unha cabra bee, cabra bee!

    cabra, cabra, cabra, bee!

    Nesta vella factoría, ía, ía, o.

    Esta vella factoría, ía, ía o.

    está chea de animais ía, ía, o.

    Hai un can, guau, can guau!

    can, can, can, guau

    Nesta vella factoría, ía, ía, o.

    Esta vella factoría, ía, ía o.

    está chea de animais ía, ía, o.

    hai un porco oing, porco oing!

    porco, porco, porco, oing!

    Nesta vella factoría, ía, ía, o.

    Esta vella factoría, ía, ía o.

    está chea de animais ía, ía, o.

    Hai un moucho uuh, moucho uuh!

    moucho, moucho, moucho uuh!

    Nesta vella factoría, ía, ía, o.

    E pódense engadir todos os animais que queiras, Hai un pato, cua; Hai un gato, miau; Hai un grilo, cri....

    Podes descargar as partituras no arquivo adxunto

  • 11 ao 22 de maio

    Preparad@s, list@s, XAAAAA, Celebramos as LETRAS GALEGAS 2020.

    Este ano van dedicadas á   RICARDO CARBALLO   CALERO escritor, lingüista e mestre  ferrolán.

    SELECCIONA AS ACTIVIDADES QUE MÁIS SE ADAPTEN AOS TEUS GUSTOS E NIVEL

    1. Coñece ao homenaxeado a través deste preguntoiro musical:

    2. Conto: "As Pitas baixo a choiva". Relato orixinal de Ricardo Carvalho Calero. "Cando eu era un cativo, outros galos nos cantaban... Eran unhas aves ergueitas, lanzás, maxestosas. Cristas bermellas... feros peteiros, ollos acesos, colo tornasolado... podentes azas, esporas douradas; e a cola chafarís de lumes de sombras con aquelas longas prumas"

    3. Realiza un debuxo do tema do conto

    4. Canta e aprende a canción: "Alborada das pitas" by A banda das pitas.

    Po po po...........

    Medra o sol co seu doce fulgor

    Vai alonxando o frío trae o calor

    O galo canta tamén o pardal

    As pitas dormen hai que espertar    

    Kikiriki, o día xa está aquí

    Kikirikí, esperta hai que bulir.

    Po po po ....

    A casa ole, arrecendo a mel

    Unha torrada, almorzamos ben

    Se teño un bico de papá e mamá      

    Iso faltaba para espertar.

    Kikiriki, o día xa está aquí

    Kikirikí, esperta hai que bulir.

    E xogarei na terra

    Baixo as maciñeiras

    Serei rei dos gatos

    Subidos nos carballos

    Ceibo na miña eira

    Grilos e bolboretas e falarei coas pitas

    E cantarei co galo.

    Despois de escoitar a canción:

    5. Completa coa súa correspondente onomatopea (palabra que imita sons reais) e como se lle chamaría á súa voz

    Galo- Quiquiriquí

    O galo canta

     Grilo- 

     

     Can-    Pito- 
    Ra- Cuco-       gato-       Burro-    


    6- Le:
    A BANDA DE GAITAS:  É unha agrupación musical. O número de integrantes pode variar moito. Adoitan tocar instrumentos de percusión e gaitas galegas, acordeóna, frautas. A súa vestimenta imita á forma de vestir de finais do século XIX e son diferentes segundo zona. 

    Principais Instrumentos: a gaita, o bombo, a pandeireta, o pandeiro e o tambor ou tamboril. Pode haber outros instrumentos como as cunchas, a botella de anís, culleres, un sacho... Todo o que poida producir son.

    gaita

    instrumentos galegospandeireta

    GAITA PANDEIRO   TAMBORILEIRO   CUNCHAS   PANDEIRETA

    A gaita é un instrumento de vento madeira que consta dun fol, que se enche soprando, e de varios tubos de madeira por onde sae o aire ao premer o fol entre o brazo e o costado. Ten dúas lingüetas ou palletas de madeira no estremo do punteiro. É o instrumento melódico máis importante do folclore galego. 

    7. Escoita Estróupele de Corentena da agrupación Prima de Buxo

    8. FRAUTA: Tocamos partituras en galego:

    Ondiñas Veñen:

    ondiñas veñen

    Eu non sei que pasou no muíño con frauta e percusión:

    eu non sei

    O himno de Galicia. Música Pascual Veiga. Letra Eduardo Pondal.

    himno galego

    O himno galego Historia

    Letra himno galego de Eduardo Pondal "Os pinos"

  • Danzas globais

    LUGAR SILENCIOSO

    "Silent place" da banda Jiggy  fusiona a música tradicional irlandesa con diferentes danzas do mundo. Non deixes de bailar! Recorda...

    Estás ben?  Música

    Abúrreste?  Música

    Estás escoitando Música?   Pois pon o volume máis alto  :D)

    Quen se anima a imitar estes pasos de baile ou a probar con outros que encaixen con este ritmo tan pegadizo? 

    • Do 4 - 8 de Maio

      banda de múisca

      Le con atención 

      Os instrumentos poden agruparse en formacións pequenas ou moi numerosas, con instrumentos con timbres similares ou moi diferentes.

      Recordas que é o timbre?  O timbre é unha calidade do son, que nos permite diferenciar a voz dun instrumento dos outros.  Grazas ao timbre podemos identificar sons, voces, intensidades.

       AS BANDAS DE MÚSICA

      A banda de música é unha agrupación instrumental formada por uns cincuenta músicos/as con instrumentos de vento e percusión. Usan instrumentos potentes porque soen tocar ao aire libre e incluso tocan marchando polas rúas.

      A banda é dirixida por un director ou directora que se coloca no centro diante da banda, para que todos os músicos vexan as súas indicacións. Cunha man marca o compás e coa outra a entrada dos instrumentos, os matices de intensidade (se hai que tocar forte, piano, crescendo...)

      PARA SABER MÁIS: Os instrumentos de vento madeira teñen chaves para dar diferentes notas.  e os de vento metal teñen pistóns, a ver se os distingues na audición.

      1. APRENDE CALES SON OS INSTRUMENTOS DE VENTO MADEIRA E DE VENTO METAL

      2 Escoita a Banda de Silleda. É un chisco novidoso que teña voces, pero en tempo de coronavirus,  todo é posible. A melodía que tocan pertence á banda sonora dunha película preciosa titulada "A vida é Bela"  composta polo músico Nicola Piovani

      3 Observa como collen  os instrumentos. Identifica as diferentes embocaduras (por onde se mete o aire) ou boquilla.

      Debuxa e colorea o teu instrumento favorito de vento tendo en conta as súas características.

      5 CONSTRÚE  o teu propio instrumento de vento. Agora que xa podemos saír, estaría ben que probarades cunh palliña de trigo ou avea (planta da familia das gramíneas, de talo oco, delgado e alto, no extremo do cal hai unhas ramiñas con espigas moi pequenas. RAG)

      6 PARA CANTAR TODA A FAMILIA: A MIÑA TÍA 

      Canción publicada no libro CD BICOS DE MÚSICA da editorial Galaxia.  Letra e música: Mamá Cabra

      7 INVENTA, unha estrofa, con algunha das túas tías tocando un instrumento da Banda de música. A canción ten que manter a rima e a musicalidade.

    • 27 de abril ao 3 de maio

      #CantádemeunMaio

      Debido á situación excepcional que estamos a vivir, este primeiro domingo  do mes de maio, non se van poder celebrar os MAIOS. No seguinte vídeo explícannos de xeito claro en que consiste esta festa tradicional de Ourense

      Esta actividade é interdisciplinar con Lingua galega.

      COMO SE CANTAN AS COPLAS: cantademeunmaio.wordpress.com

      INFORMACIÓN

      As coplas dos maios, son composicións poéticas organizadas en estrofas de catro versos de seis sílabas nas que riman os versos pares 

      maios vh-Pódense cantar  a capella - Por unha ou varias voces sen acompañamento instrumental

      -Pódese cantar  acompañada de diversos instrumentos.

      metrónomo

      -Pódense cantar dende dentro ou fóra do maio.

      Nos últimos anos poden verse cantos de coplas acompañados por diversos instrumentos. Na foto, aparece Andrea tocando a zanfona, un instrumento de corda fretada.

      O metrónomo indícanos o Tempo Musical ou Velocidade do pulso. Na partitura, Negra = 80  Significa Andante, tranquilo sen correr.

      Ten Ritmo cuaternario (compás de 4/4)  - 4 pulsos

      Este pentagrama corresponde a unha estrofa da copla e cada compás correspóndese con cadanseu verso.

      maios

      ACTIVIDADES:

      NIVEL 1

      1 Xoga co ritmo e o pulso musical . Vídeos para repasar o pulso, están en inglés, pero enténdense Vídeo 1 -  Vídeo 2 - Vídeo 3    Vídeo 4

      2 Coloca os pulsos debaixo do pentagrama cunha raia pequechiña por debaixo (recorda 1 negra  = a 1 pulso,  2 corcheas = 1 pulso) cada compás ten que ter 4 pulsos, catro raias.

      3 Practica a canción coas sílabas rítmicas: TITI-TITI- TA-TA  |  TITI-TITI- TA-TA  |  TITI-TITI- TA-TITI  | TA TITI- TA-TA 

      NIVEL 2

      4 Cando che saia de forma fluída coas sílabas rítmicas, solfea coas notas respectando a duración das figuras. 

      5 O Ámbito: A nota máis grave é ...................... e a nota máis aguda é ...................

      NIVEL 3

      6 Toca coa frauta ou outro instrumento do que dispoñas

      ------->  Pica no enlace para escoitar a Base Musical tocada coa frauta

      PARA TODA A PRIMARIA

      Escribe As túas coplas. Indicacións que debes seguir.

      - Estrofas de 4 versos.

      - Intenta ir fiando as coplas: o 4º verso da 1ª  estrofa, debe repetirse no 1º verso da 2ª estrofa. 

      - A temática: Deben de contar de forma crítica ou graciosa o que aconteceu este ano. Que non sexan monotemáticas do coronavirus, algo máis pasaría.

      Coplas para comezar:

      Xa chegou o maio
      de flores fermosas
      o maio florido
      Chegou a Vistahermosa.     

      Chegou a Vistahermosa.
      e alegres cantamos
      música das coplas
      para acompañalo.

       

      PARA CANTAR.O MAIO"  de MANUEL CURROS ENRÍQUEZ.  Poeta de Celanova pertencente ao Rexurdimento da Literatura galega. O poema fala da explotación que sufría o pobo galego daquela época.

      Música: Luís Emilio Batallán

      Entona a escala de do e Recorda a posición da nota do' coa frauta

      posición dos dedos

      • 14 de Abril - 24 de abril

        Xa está aquí a primavera! E aínda que non podemos saír e desfrutar dos parques, da natureza en vivo e en directo, do canto dos paxaros... eu propóñovos entrar  a través da música.

        - Intenta escribir un conto inspirándote neste vídeo. 

        "Despois dun longo inverno, renace a primavera, chea de cor. As flores, as bolboretas, os paxaros enchen todo de cor e fermosos sons.

        De repente preséntase unha tormenta e hai que buscar refuxio.

        Remata a tormenta volve a calma, é un bo momento para durmir unha siesta." 

        - Escoita A Orquestra filarmónica de J.L.Moreno interpretando "A Primavera, As Catro Estacións" de Antonio Vivaldi baixo a dirección de Tulio Gagliardo

        A orquestra sinfónica é unha agrupación instrumental formada por máis de 80 músicos. Os instrumentos agrúpanse en familias: corda, vento madeira, vento metal e ao fondo os de percusión. Colócanse segundo a súa sonoridade. Ao fronte e de espaldas ao públic está o director/a. Na man dereita ten unha BATUTA coa que marca o tempo e o compás e coa esquerda dá a entrada aos instrumentos, marca os matices de intensidade (se hai que tocar forte, piano, crescendo...)  

        ACTIVIDADES de diferentes niveis de dificultade. Para contestar no caderno ou nun procesador de texto (docx, odt...)

        NIVEL I 

        1-Sinestesia Musical: Escoitade "As catro estacións" de Vivaldi e debuxa o que che suxira a música.

        2- Antonio Vivaldi tiña por alcume "O Cura Vermello", sabes por que? Busca  esa información en Internet e escribe unha pequena  biografía de 5 a 10 liñas. Ilustra a biografía cun retrato feito por ti.

        3- Cales son as súas obras máis coñecidas? Podes incluír esta información na biografía do exercicio 1.

        4- Visualiza o vídeo anterior e trata de recoñecer os instrumentos da orquestra, fíxate como están colocados, Cales son as familias nas que se agrupan os instrumentos da orquestra?  Adxunto a teoría e linguaxe musical.

        instrumentos da orquestra 

        Forte, <f> e Piano <p> (suave) son dous matices de intensidade. Escoita como se interpretan:

        5- Xoga interactivo dos instrumentos da orquestra: Pica Aquí  Comeza colocando os de corda fretada de máis agudo a máis grave.

        NIVEL II 

        6- Interpreta coa frauta a Melodía: partitura:   https://musicatierrasberlang.wixsite.com/primavera

        7. Linguaxe musical: FICHA INTERACTIVA A PRIMAVERA DE VIVALDI

        • 14 de Marzo-20 de Marzo

          DEBAIXO DUN BOTÓN

          Toca o xilófono de forma virtual. No arquivo adxunto tes a partitura por se a queres descargar

          LETRA DA CANCIÓN

          Debaixo dun botón, que encontrou Martín

          había un saltón, hai que pequechín.

          Ai que pequechín, era aquel saltón

          que encontrou Martín debaixo dun botón.

          http://xilofono.onlinegratis.tv/virtual/tocar-xilofono.htm

          3º e 4º

          https://educacionadistancia.juntadeandalucia.es/profesorado/autoformacion/pluginfile.php/4367/mod_book/chapter/2962/Captura%20de%20pantalla%202014-11-04%20a%20las%200.15.03.png

          5º e 6º

          https://miguelmusical.files.wordpress.com/2014/09/debajo_de_un_boton.jpg

          21 de Marzo - 27 de Marzo

          A música que non falte

          Actividade incluída no Obradoiro de poesía: Corentena a ritmo de verso

          Comezamos escoitando ao cómico e monologuista Víctor Grande que acompañado da súa guitarra canta:   "Coronavirus, non rima con nada" 

          Actividades:

          -Canta a canción con Víctor Grande. Se non sabes asubiar é un bo momento para aprender. 

          -Agora tócache a ti inventar unha estrofa mantendo a musicalidade e a rima:

          Coronavirus, non rima con nada.......

          -Comparte a letra ou un arquivo de son 

        • 28 de Marzo- 3 de Abril

          Continuamos practicando a forma musical CANON. O reto é cantala en galego, francés e inglés , xa que o COVID-19 non ten fronteiras, nós tampouco.

          NIVEL 3º e 4º

          Actividades:

          **Escoita a canción

          Pon nome as notas se o necesitas:

          Cal é a nota máis grave ..................... Cal é a nota máis  aguda ......................

          Solfea a canción coas sílabas rítmicas primeiro Taa, Ta, Titi e intenta facelo tamén coas notas mantendo o pulso

          Interpreta a canción coa frauta ou co piano virtual que aparece no recurso adxunto

          Frere Jacques

          Esta é outra versión en galego e inglés da canción: 

          Martinciño, Martinciño,

          onde estás? aquí estou (Where are you? I'm here)  

          gusto en saludarte, gusto en saludarte (happy to say hello, nice to greet)  

          eu tamén, eu tamén (I too, me too)

          NIVEL 5º e 6º

          **Escoita a canción 

          -Serías capaz de escribir unha letra sobre a primavera que encaixe con esta composición? Non vale contestar que non.

          -Practícaa coa frauta ou co piano virtual, no recurso adxunto.

          - LINGUAXE MUSICAL: RESPONDE A ESTA FICHA INTERACTIVA DE FRÈRE JACQUES