Skip to Content

Celebracións

FRASES POLO BO TRATO

  A ninguén lle son extañas palabras como bullying, acoso escolar, maltrato...O 2 de maio celebrouse o Día Internaciónal contro o Bullying ou Acoso Escolar, co obxectivo de concienciar sobre os riscos do acoso ou da exclusión, e evitar a violencia, verbal ou física, entre os máis pequen@s. 

   Hai maneiras de comportarse ou dirixirse a outra persoa que poden causar dano non só físico, se non tamén emocional, e cando se converte nun comportamento reiterativo deixa de ser "cousa de nen@s" para ser un problema que require compromiso e actuación por parte de tod@s. 

    No cole, a través da lectura e do debate na aula falamos do acoso para que se entendan as serias repercusións, dos sentimentos dos implicados, dos motivos e dos medos e cómo sempre hai unha saída a través da comunicación e da amizade. Pero ademáis, quixemos crear conciencia colocando mensaxes sinxelas, pero significativas e impactantes polo corredores do cole. Entre todos podemos marcar a diferenza: educar na casa e no cole en igualdade e no repecto. 

 

frases polo bo trato - Kizoa Movie Maker

ROSALÍA; OUTRAS MIRADAS, OUTRAS LECTURAS...

  Propúxose acercarse á figua de Rosalía de Castro a través de dúas actividades: "Polo ollo da pechadura, vexo a..." onde @s máis pequeniñ@s mirararían polo ollo da pechadura a súa poesía e logo imaxinarían ilustracións a través da súa lectura; @s máis maiores, buscarían diferentes lecturas da súa poesía, escrita en caligramas. Deconstruímos a Rosalía e construímos novos poemas. 

Día do libro

Distribuir contido


by Dr. Radut