Skip to Content

Biblioteca-LIBRUXA

Xacobeo'21: Os nosos peregrinos inician a súa ruta...

Como xa sabedes, estamos a piques de iniciar o Camiño de Santiago, e os nosos peregrinos, procedentes de lugares ben distintos están xa listos para iniciar o seu percorrido, acompañámolos?

CONTACONTOS: "OS MÚSICOS DE BREMEN"

O pasado xoves tivemos o placer de recibir na biblioteca do noso centro ás alumnas e mestras do taller de lectura do instituto Monte Castelo.

Un ano máis achegáronse ao colexio para contarnos, aos nenos e nenas de 4 anos, unha adaptación do conto "os músicos de Bremen" en Burela que nos gustou moito.

Moitas grazas por esta actividade. Ata a próxima.

Madriñas e padriños

En que consiste esta actividade?

Cada alumno/a de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria apadriña a un neno/a máis pequeno/a (3 anos, 4 anos, 5 anos, 1º ou 2º de Primaria) para contarlle un conto no patio ou nas zonas verdes do colexio. Ademais, moitos destes nenos/as máis pequenos/as recibiron un agasallo por parte do seu padriño/madriña. 

O pasado venres levouse a cabo: os padriños e madriñas foron buscar aos seus afillados/as ás súas aulas, leváronos ao patio ou ás zonas verdes e léronlles o conto que tiñan preparado para eles. Ademais, moitos afillados/as recibiron un agasallo por parte do seu padriño/madriña. Daba gusto ver todo a pista e as zonas verdes cheas de nenos e nenas léndolle aos máis pequenos/as.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración: madriñas, padriños, afillados, afilladas, profesorado implicado... Aquí vos deixamos un vídeo con pequenos fragmentos dos contos e algunhas fotos.

DÍA DO LIBRO

Ola!!

Dende a clase do CARACOL queremos ensinarvos o noso traballo con motivo da celebración do DÍA DO LIBRO, no que LIBRUXA nos propuxo que lle contásemos que significa para nós un libro. Fixémolo cun debuxo dunha cara de alegría, xa que eso nos transmite a lectura.

Ademais recibimos a visita do contacontos ANTÓN CORTIZAS que nos presentou unha colección de libriños moi divertidos nos que os propios nen@s foron partícipes das historias.

Desexamos que vos guste!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut