Skip to Content

blogue deTamara Suárez

Día do Libro 2023!

Contamos con vós para celebrar o Día do Libro. Aquí tedes a proposta de Libruxa, que vos invita a compartir con nós a vosa lectura en familia favorita. Animádevos!

En busca de ovos...

O alumnado de 5ºB tamén tivo que atopar os ovos que estaban agochados no patio... Pero eses ovos non eran de chocolate! Tiñan dentro agochadas preguntas de repaso sobre os contidos traballados durante o curso... Algunhas eran un pouco difíciles, tivemos que traballar en equipo para tratar de resolvelas!

Día das Artes Galegas 2023: Martín Códax

O alumnado de 5º descubriu a importancia do Pergamiño Vindel de Martín Códax, trobador homenaxeado polo Día das Artes Galegas 2023. Ademais, recitaron conxuntamente as sete cantigas que se recollen nel!

Experimentando coa AUGA de GAIA

O alumnado de 5º recibiu a visita das monitoras de Gaia que, como sempre, prepararon para nós uns experimentos moi interesantes e divertidos, que de seguro, repetiremos na casa coas nosas familias! A través de 4 experimentos diferentes, faláronnos de densidades de distintos líquidos (alcohol, mel, aceite de xirasol e de oliva), do osíxeno, a súa perda e o seu volume, da presión, de vidrieiras e lámpadas de lava.... Aquí podedes ver un pequeno resumo da actividade!

Moitas grazas Begoña e María José pola vosa colaboración e paciencia! 

Distribuir contido


by Dr. Radut