PROXECTO ANUAL

 

 

 

PROXECTO ANUAL 2022/2023

PICO Pensa e Crea LINDO

PICO PENSA E CREA LINDO, servirá de desculpa para o traballo de investigación, lecturas e desenvolvemento do noso alumnado adentrándoos, aceptando a suxestión das BIBLIOTECAS ESCOLARES no mundo da escritura.  A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento aproveitando todos os recursos que contan na súa contorna.

Neste curso trataremos distintos modos de escritura, escribir para comunicar e comunicarnos.

ü   a historia da escritura, da pedra aos computadores.

ü   a escritura a través da historia,

ü   os alfabetos.

ü   pictogramas,

ü   a banda deseñada,

ü   a radio escolar,

ü   escribir novas e traballar a  prensa,

ü   distintos soportes de escritura: a carta, o diario, as biografías,...

ü   creacións 3d,

ü   contos populares, relatos, lendas e historias.

ü   festas e eventos de interese,

ü   mochilas viaxeiras creativas na que faremos relatos colectivos, libros viaxeiros, crearemos personaxes,...

ü   Escribir a través do teatro.

ü   A esccritura a través dos medios

ü   Obradoiros de lettering para dar importancia á caligrafía,

ü   O croma.

En definitiva, traballaremos nesta nova aventura, que trataremos?, que investigaremos?.. seguro que moitas cousas, o que vos podemos asegurar é que crear imos a CREAR MOITO XUNTOS

Vincularemos o proxecto cos obxectivos do desenvolvemeento sostible, axenda 2030, co obxectivo de mellorar a vida dos membros da comunidade educativa e non deixar a ninguén atrás. Vincularemos co Obxectivo 4 “Educación de calidade”, buscarasse achegar aos membros da comunidade educativa ás grandes oportunidades que trae consigo a revolución tecnolóxica e garantir que as persoas  conten coas competencias dixitais necesarias para facer un uso efectivo dos servizos tecnolóxicos que utiliza a escola. Pero tamén buscaremos a vinculación co:

·             OBXECTIVO 11: Cidades e comunidades sostibles.

·             OBXECTIVO 17: Alianza para lograr os obxectivos.

·             OBXECTIVO 3: Saúde e benestar

·             OBXECTIVO 5: Igualdade de xénero.

·             OBXECTIVO 9: Industria, innovación e infraestructura.

·             OBXECTIVO 10: Reducción de desigualdades.

 

Dende as aulas faise unha motivación especial. Picolindo contacta con todo o alumnado a través do seu blogue pero ademais, quere que todos aprendamos cos seus descubrimentos porén, envíanos probas. Neste xogo PICOLINDO  nos convida a todos a conseguir Pikeuros, simplemente con participar nos xogos que presenta polos corredores a carón da biblioteca e con facer COMENTARIOS coa resposta e engadir información (datos, vídeos, imaxes, o webs de interese...) no seu blogue.

O desenvolvemento deste proxecto verase plasmado nun calendario anual e terá o seu momento especial cando polo mes de abril, e coincidindo co mes dos libros, os nosos alumnos e alumnas se convertan en “EXPERTOS” do mundo da creación, radio, prensa, televisión, cine, croma, impresión 3D, se chegan os Polos Creativos, nos plotters e máquinas de deseño, ... no que se  exporán, ante o resto dos seus compañeiros de escola as aprendizaxes conqueridas ao longo deste proxecto. Esta será a XIII Edición de Expertos. Esta actividade  se está a converter nunha tarefa de obrigado cumprimento polo éxito da mesma en todos os sectores da nosa Comunidade Educativa e ao gran reto que supón falar en público para os rapaces e vencer ó medo escénico.

Estas conferencias permiten ao noso alumnado expresarse e falar en público co apoio do material dixital e plástico elaborado nas aulas. Estas conferencias son gravadas en  vídeo co permiso das familias e son compartidas con toda a comunidade educativa a través do blogue da biblioteca “O BLOGUE DE PICOLINDO”.

E algo moi importante, tentaremos que dende o primeiro día as familias se impliquen e colaboren coa preparación destes “xogos” da escola do Rocío.

PROXECTO ANUAL 2021/2022

Alén do Resío

 

N

este curso acordamos mirar ao noso arredor, e centrar a mirada no lugar que vivimos, VIGO, ALÉN DO RESÍO. Canto máis saibamos do noso, máis valor lle daremos e despois sairemos ao mundo “cos pes na terra a cabeza no mundo”.Este proxecto foi elexido pola maioría do profesorado, será un proxecto interdisciplinar programado verticalmente, para ser levado a cabo por todo o alumnado da nosa escola.Alén do Resío, servirá de desculpa para o traballo de investigación, lecturas e desenvolvemento do noso alumnado adentrándoos na cidade na que viven, de todos os recursos que contan na súa contorna.

 

Neste curso trataremos a nosa cidade: VIGO MOLA

 

  • ü   o lugar onde vivimos, a nosa casa,

    ü   a nosa escola,

    ü   a nosa cidade e a súa historia,

    ü   o rueiro e o plano da nosa cidade: o nome das rúas, das prazas, rios, parques e xardíns.

    ü   os símbolos,

    ü   a división territorial, as parroquias,

    ü   escultura,

    ü   arquitectura,

    ü   pintura,

    ü    gastronomía,

    ü   contos popuo vilares, lendas,

    ü   festas e eventos de interese,

    ü    flora, fauna, parques, xardíns,

    ü   o porto,

    ü   os deportes,

    ü   os medios de comunicación,

    ü   os medios de transporte,

    ü   industria e comercio,

    ü   o turismo,

    ü   os lugares máis representativos

En definitiva, traballaremos Vigo, Vigo e Vigo.  Vincularemos o proxecto cos obxectivos do desenvolvemeento sostible, axenda 2030, por exemplo o vincularemos co:

 

·         OBXECTIVO 11: Cidades e comunidades sostibles.

 

·         OBXECTIVO 17: Alianza para lograr os obxectivos.

 

·         OBXECTIVO 4: Educación de calidade.

 

·         OBXECTIVO 5: Igualdade de xénero.

 

·         OBXECTIVO 9: Industria, innovación e infraestructura.

 

·         OBXECTIVO 10: Reducción de desigualdades.

 

 

 

Dende as aulas faise unha motivación especial. Picolindo contacta con todo o alumnado a través do seu blogue pero ademais, quere que todos aprendamos cos seus descubrimentos porén, envíanos probas. Neste xogo PICOLINDO  nos convida a todos a conseguir Pikeuros, simplemente con participar nos xogos que presenta polos corredores a carón da biblioteca e con facer COMENTARIOS coa resposta e engadir información (datos, vídeos, imaxes, o webs de interese...) no seu blogue.

 

Ao longo de todo o curso estaremos a traballar co Sementando Palabras, os Enigmas do Doutor Bacilus,  (un dos xogos propostos por Picolindo, mascota da biblioteca), a través das novas tecnoloxías e a aprendizaxe cooperativa.

 

 

 

A horta escolar mailo  laboratorio das artes e das ciencias  terán que ver coa  parte práctica do proxecto que se desenvolverá posto que  nos permite facer un traballo de campo.

 

O desenvolvemento deste proxecto verase plasmado nun calendario anual e terá o seu momento especial cando polo mes de abril, e coincidindo co mes dos libros, os nosos alumnos e alumnas se convertan en “EXPERTOS” no “Alén do Resío”, na nosa cidade,  no que se  exporán, ante o resto dos seus compañeiros de escola as aprendizaxes conqueridas ao longo deste proxecto. Esta será a XII Edición de Expertos, e a primeira da “nova normalidade” dunha actividade  que tivo que ser cancelada hai dous cursos e que o pasado curso escolar pola pandemia tivo que ser retransmitida grazas a utilización das novas tecnoloxías tics. Esta actividade  se está a converter nunha tarefa de obrigado cumprimento polo éxito da mesma en todos os sectores da nosa Comunidade Educativa e ao gran reto que supón falar en público para os rapaces e vencer ó medo escénico.

 

Estas conferencias permiten ao noso alumnado expresarse e falar en público co apoio do material dixital e plástico elaborado nas aulas. Estas conferencias son gravadas en  vídeo co permiso das familias e son compartidas con toda a comunidade educativa a través do blogue da biblioteca “O BLOGUE DE PICOLINDO”.

 

E algo moi importante, tentaremos que dende o primeiro día as familias se impliquen e colaboren coa preparación destes “xogos” da escola do Rocío.

 

 

 

Ademais, continuaremos a facer a actividade da PALABRA DO DÍA, coa que facilitaremos o acceso ao vocabulario temático aprendendo cada día unha palabra nova sobre a cidade na que vivimos. Esta actividade non so será dirixida ao alumnado senón tamén ao profesorado. Todos os días, ao comezar á mañá, o coordinador de normalización lingüística será o encargado de escribir a palabra xunto coa súa definición. Os mestres deben compartir esa palabra cos seus alumnos na aula. Ao finalizar o curso, teremos o noso dicionario temático da cidade. Este pequeno dicionario estará presente na web do noso cole, cun recuncho especial dedicado a el no que todos poden ver e descargar as palabras dende o mes de outubro ata o de maio.

 

Este curso, continuamos a andadura como centro EDIXGAL, logo de dous cursos de grandes dificultades, o presente curso tamén comeza con moitos quebradeiros de cabeza, unha nova aula, todavía sen dotar na súa totalidade e con material sen funcionar. tivemos que esperar a poder actualizar os nosos temarios ao comezo do curso en secundaria. Esperemos que o esforzo, vai redundar na mellora da calidade do ensino.

 

 

 

PROXECTO ANUAL 2020/2021

No Resío contamos moito

No Resío contamos moito, servirá de desculpa para o traballo de investigación, lecturas e desenvolvemento do noso alumnado adentrándoos no mundo dos contos. Neste curso trataremos:

ü   a maxía dos contos,

ü    contos populares, lendas e ciclo do ano,

ü    contos de autor,

ü   contos de princesas e principes, contos do amor,

ü   os malos dos contos: piratas, bruxas, ogros, madrastras, monstros,...

ü   Contos de seres imaxinarios: sereas, fadas, dragóns, trasnos, pantasmas, xigantes, ... Mitos.  

ü   contos do mundo,

ü   contos de mentireiros, de listillos,de inxenuos.

ü   Contos e valores,

ü   contos históricos, contos nos espazos, bosques, castelos,...

ü   contos de animais, de lobos, fábulas.

ü   os contos na relixión, as parábolas,

ü   contos oídos,

ü   contos contados,

ü   contos cantados,

ü    contos escritos,

ü   contos, contos e máis contos.

 

 

PROXECTO ANUAL 2019/2020

Escola Eco-lóxica

Neste curso trataremos que o noso alumnado sexa consciente da importancia da conservación do noso planeta. Día  a día, normalizaremos hábitos e costumes que fomenten o coidado do noso planeta, porque...

Utilizaremos a regla dos tres R: reutilizar, reciclar e reducir.

Non é suficiente con reciclar o que gastamos, senón que debemos consumir menos.

Na escola do Resío,

  • temos placas solares para xerar a nosa propia enerxía, para quecer a auga,...
  • Traballaremos o aforro de auga, revisaremos as tubaxes, para evitar goteiras e avarías, recolleremos auga en bidóns para regar a nosa horta ecolóxica,...
  • Faremos compost, coas sobras do comedor,
  • Reciclaremos diferentes materiais, solicitaremos unha illa de reciclaxe ao Concello preto da ecola e nas aulas reciclaremos os residuos que xeremos, facendo actividades con material de refugallo.
  • Tentaremos aforrar enerxía, non prendendo as luces de xeito innecesario, desenchufaremos aqueles aparatos que non utilicemos,...
  • Faremos un consumo responsable,

 

 

 

 

 

 

 

PROXECTO ANUAL 2018/2019,

Neste curso que comeza viviremos unha grande aventura científica!

Experiencia a conCIENCIA

Teremos a posibilidade de aprender a afianzar coñecementos de todo tipo, explorar as nosas posibilidades, as nosas capacidades e os nosos recursos. Tentaremos espremer ao máximo o noso espírito cooperativo e avanzar no noso desenvolvemento persoal.

Contaremos:

  • cun gran laboratorio (a escola),
  • cunha chea de axudantes (os mestres),
  • cunha chea de científicos e científicas (os nenos e nenas),
  • coas familias,que comprobarán o resultado dos experimentos.

Na seguinte ligazón poden consultar a Programación Xeral Anual.

 

 

PROXECTO ANUAL , CURSO 2017/2018,

 

BENVIDOS E BENVIDAS  A ESTA NOVA AVENTURA DO SABER.

Durante o seu desenvolvemento aprenderedes e afianzaredes coñecementos de todo tipo, facéndoos xirar sempre arredor do tema anual

 

DA EIRA Á CAPOEIRA

 

Tamén exploraredes as vosas posibilidades, as vosas capacidades e os vosos recursos. Tentaremos, pois, que espremades ao máximo o voso espírito cocoperativo e que avancedes no voso densenvolvemento persoal. 

 

E esta é unha importantísima e grande tarefa, na que non estaredes sós para desenvolvela; contaredes coa axuda e colaboración dos mestres e o que é máis importante, coas vosas familias, que son sempre unha inestimable axuda.

 

 Con todo isto, dispoñemos dos mellores vimbios para fabricar a gran CESTA DO SABER E DO COÑECEMENTO.

 

 

 

 

PROXECTO ANUAL, CURSO 2016/2017

 

PaseArte polo tempo.... a nova proposta da nosa mascota Picolindo

 

 

Picolindo tivo moito tempo este verán, e paseando polas rúas descubriu que VIGO É UNHA CIDADE DE COR. Este proxecto no que a nosa cidade leva incurso dous anos, fixo que a nosa mascota decidise que é tamén tiña que ter un lugar especial.
Fíxadevos!!!!!!

 

Nenos e nenas de toda a escola, nas súas aulas especialízaranse sobre algún tema, neste curso son as ARTES
para logo explicar nas conferencias aos demais nenos da escola, a súa investigación.

3 anos: ESCULTURA
4 anos: FOTOGRAFÍA
5 anos:DANZA
1º primaria: ARQUITECTURA
2º primaria: PINTURA
3º primaria:CINE
4º primaria:CÓMIC
5º primaria:MÚSICA
6º primaria: TEATRO
Podedes gozar de dúas produccións:
 

 

PROXECTO ANUAL, CURSO 2015/2016:

ANO PICOLÍMPICO

Este proxecto foi elexido pola maioría do profesorado a finais do curso pasado e desenvolverase durante todo o curso escolar. Este proxecto interdisciplinar está programado verticalmente para ser levado a cabo por todo o alumnado da nosa escola.

 

O desenvolvemento das actividades, levaranse a cabo, a través das aulas de educación musical, educación plástica, a aula de tecnoloxías da información e da comunicación e a biblioteca do centro. Pero o proxecto pretende ir máis aló, pretendemos que invada a vida diaria  do alumnado con actividades rutinarias nas aulas que permitan ao alumnado descubrir o mundo no que se desenvolve.

 

No pasado curso escolar,  estivemos a traballar sobre as marabillas do mundo, ese  proxecto permitiunos ir adentrándonos na xeografía dun xeito lúdico e divertido fomentamos a tolerancia nos nenos a través do coñecemento doutras culturas e países e xuntos descubrimos  moitas cousas e aprenderemos a aceptar a diversidade.

 

No presente curso escolar traballaranse e reforzaranse todos estos contidos fomentando  o traballo en equipo e a participación da Comunidade Educativa nun proxecto común.

 

Os contidos a aprender e as actividades imos a desenvolvelas con caracter trimestral

 

Dende as aulas faise unha motivación especial. Picolindo contacta con todo o alumnado a través do seu blogue pero ademáis, quere que todos aprendamos cos seus descubrimentos porén, envíanos probas. Neste xogo PICOLINDO  nos convida a todos a conseguir Piqueuros, simplemente con participar nos xogos que presenta polos corredores a carón da biblioteca e con facer COMENTARIOS coa resposta e engadir información (datos, vídeos, imaxes, o webs de interese...) no seu blogue.

 

O desenvolvemento deste proxecto verase plasmado nun calendario anual, nunha revista escolar e terá o seu momento especial cando polo mes de marzo, e coincidindo coa semana da prensa, os nosos alumnos e alumnas se convirtan en “EXPERTOS” nos “XOGOS OLÍMPICOS”, no que se  exporán ante o resto dos seus compañeiros de escola as aprendizaxes conqueridas ao longo deste proxecto. Esta será a VI Edición de Expertos, polo que esta actividade se está a converter nunha tarefa de obrigado cumplimento polo éxito da mesma en todos os sectores da nosa Comunidade Educativa e ao gran reto que supón falar en público para os rapaces e vencer ó medo escénico.

 

Estas conferencias permiten ao noso alumnado expresarse e falar en público co apoio do material dixital e plástico elaborado nas aulas. Estas conferencias son grabadas en  vídeo co permiso das familias e son compartidas con toda a comunidade educativa a través do blogue da biblioteca “O BLOGUE DE PICOLINDO”.

 

E algo moi importante, tentaremos que dende o primeiro día as familias se impliquen e colaboren coa preparación destos xogos picolímpicos da escola do Rocío.

 

Preténdese facer o acto inaugural do proxecto coa celebración do DIA DA BIBLIOTECA. As familias mailo alumnado gozarán deste acto de inauguración.

 

 

 

Ademáis, continuaremos a facer a actividade da PALABRA DO DÍA, coa que facilitaremos o acceso ao vocabulario temático aprendendo cada día unha palabra nova sobre as marabillas. Esta actividade non so será dirixida ao alumnado senón tamén ao profesorado. Todos os días, ao comezar á mañá, o coordinador de normalización lingüística será o encargado de escribir a palabra xunto coa súa definición. Os mestres deben compartir esa palabra cos seus alumnos na aula. Ao finalizar o curso, teremos o noso diccionario temático das OLIMPÍADAS. Este pequeno diccionario estará presente na web do noso cole, cun recuncho especial adicado a él no que todos poden ver e descargar as palabras dende o mes de outubro ata o de maio.

 

Explicarase ao alumnado en qué consistían os xogos da antigüidade e cales eran os valores fundamentais, 

 

 

O RESPECTO, A AMIZADE E A EXCELENCIA
estes xogos teñen un lema, citius, altius, fortius que na nosa lingua significa como : máis rápido, máis alto, máis forte. Pois ben, os nosos xogos Picolímpicos tamén teñen un lema:

 

LER MÁIS, PENSAR MÁIS, SABER MÁIS

 

 

 

 

 

    PROXECTO ANUAL, CURSO 2014/2015:

VIAXAMOS POLAS MARABILLAS.

Este curso descubriremos as sete marabillas do mundo moderno. 

 

OS NOSOS PROXECTOS. CURSO 2013/2014.

        GALICIA 3 6 5

    

Tentaremos facer un exahustivo estudo da nosa terra que abranguerá aspectos tan diversos como: xeografía, arte, deporte, cultura, tradicións, ciencia, o agro, etc.

Trataremos de poñer en valor algúns dos aspectos menos coñecidos do país, pescudando información sobre eles e analizando os resultados obtidos, para tomar conciencia da importancia de Galicia e das súas xentes.

NON TODO O IMPORTANTE VÉN DE FÓRA,

aquí temos: científicos, deportistas olímpicos, creadores de cine, paisaxes marabillosas, porcos celtas, obras de arte, restos arqueolóxicos, lingua propia, viños mundialmente recoñecidos, tecnoloxía punteira e moito máis...

     Coma sempre, contamos coa colaboración das familias do alumnado

AdxuntoTamaño
PXA1819.pdf4.59 MB

Back to top