PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 NO CURSO 2020/2021

PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19. Tal e como comentamos hai uns días, este  plan ten a intención de manter a seguridade do alumnado, o persoal docente e non docente e ás familias.

É importante que entendades que manter a seguridade na escola depende de todos nós.

PLAN DE ADAPTACIÓN DO RESÍO (PREME)

Este é a VERSIÓN 5 do plan, ao que o Equipo Directivo irá engadindo as novas que incorporen as Consellerías de Educación e Sanidade, mailas aportacións, que se consideren oportunas, por parte da Comunidade Educativa.

É un documento en constante revisión.

Dáse a coñecer tamén :

Quérese lembrar a obrigatoriedade das familias de facer un autotest de saúde antes da chegada do alumnado á escola.

Se premedes aquí tedes a ligazón ao:

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E AXUDA.

MANTER A SEGURIDADE DEPENDE DE TODOS NÓS.

 

 

 

10 DE SETEMBRO, UN INICIO DIFERENTE.

ESTAMOS DE VOLTA !

Diversas organizacións sindicais (CIG, CCOO, STEG e CSIF) convocaron unha folga para o día de hoxe.  O día 10 de setembro de 2020, pasará á historia por ser o día de comezo do curso escolar máis estrano dos últimos anos.

A pesar de garantir os servizos mínimos, as familias apoiaron ao equipo docente, e a actividade na escola foi pouca. Un triste inicio do curso no que estaremos invadidos polos xeles hidroalcólicos, os tapabocas, os viricicas, as pantallas, as sinalécticas,...

Pedimos responsabilidade. Entre todos debemos coidar as medidas de seguridade e cumplir as normativas sanitarias.

Apostamos polo ensino presencial, pero prepararémonos e formarémonos para a actividade telemática.

GRAZAS A TODOS POR APOIARNOS E ACOMPAÑARNOS TODOS ESTOS MESES,

BENVIDOS Á ESCOLA!

Xuntos iniciamos mañá unha nova aventura, pois...

No Resío contamos moito.

 

 

XUNTANZAS INICIO DE CURSO

Estamos a elaborar o Protocolo de adaptación á COVID19.

Valoraremos ás achegas da comunidade educativa.

 

A vindeira semana semana terán lugar xuntanzas explicativas do funcionamento do centro.

  • So pode asistir á xuntanza unha persoa por familia.
  • Os rapaces non poderán asistir.
  • O tapabocas é obrigatorio.
  • Deberán sentarse nos espacios habilitados para o mesmo.
  • Prégase puntualidade.
  • Débese respectar a distancia de seguridade polo que evitaremos a formación de pequenos grupos na entrada e na saída da escola.

As xuntanzas terán lugar na pista polideportiva.

Cadro de xuntanzas

Nivel educativo

Data 

Hora

4º Educación Infantil

07/09/2020

9.00h

5º Educación Infantil

08/09/2020

9.00h

6º Educación Infantil

08/09/2020

10.00h

1º Educación primaria

08/09/2020

11.00h

2º Educación primaria

08/09/2020

12.00h

3º Educación primaria

07/09/2020

10.00h

4º Educación  primaria

08/09/2020

13.00h

5º Educación primaria

07/09/2020

12.00h

6º Educación primaria

07/09/2020

11.00h

 

Na xuntanza do 4º curso de Educación Infantil, farase a explicación do periodo de adaptación establecido, se falará das normas de centro, das normas de aula,... tentaremos achegar un pouco a escola ás casas.

PERIODO DE ADAPTACIÓN E ACOLLIDA, 4º EDUCACIÓN INFANTIL.

 

 

 

 

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 NO CURSO 2020/2021

 

Benqueridas familias, levamos días preparando os documentos que a Consellería esixe dispor aos centros educativos. Concretamente, temos que elaborar tres:

  • PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19
  • PLAN DE CONTINXENCIA e,
  • PLAN DE ACOLLIDA.

Imos comezar co PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19. Este  plan ten a intención de manter a seguridade do alumnado, o persoal docente e non docente e ás familias. É importante que entendades que manter a seguridade na escola depende de todos nós.

PLAN DE ADAPTACIÓN DO RESÍO (PREME)

Este é o borrador do plan, ao que o Equipo Directivo irá engadindo as novas que incorporen as Consellerías de Educación e Sanidade, mailas aportacións, que se consideren oportunas, por parte da Comunidade Educativa. É un documento en constante revisión.

Antes do 10 de  setembro quedará concretado o  PLAN DE CONTINXENCIA, que ten a intención de manter a seguridade do alumnado, o persoal docente e non docente e ás familias, e o PLAN DE ACOLLIDA, no que se concretarán horarios de incorporación, entradas, saídas,...

 

ESTAMOS DE VOLTA

Arrancamos un novo curso con enerxías renovadas e con máis forza que nunca malia a situación e da nova normalidade.

  •  É urxente que comuniquedes canto antes as modificacións do servizo de comedor.
  • O día 10 incorpórase o alumnado do 5º curso de infantil máis o 1º, 2º e 3º curso de Primaria
  • O día 11 empezan os cursos de 4º, 5º e 6ºde primaria.
  • O día 14 comezan os máis cativos da escola, a rapazada do 4º curso de infantil dando cumprimento ao plan de acollida.

Orde que regula o calendario escolar do curso 2020/21

(orde 25 de xuño de 2020).

 

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO DE NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Acaban de sair as Becas e axudas para o alumnado con necesidade de apoio educativo para o curso 2020/2021.

 

 

MODALIDADES.

  • Axudas e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidad ou trastorno grave de conducta (inclúe afectados por TDAH).
  • Axudas para programas complementarios a alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.
 
O prazo remata o 30 de setembro.
 
ACCESO AO SERVIZO ON LINE

ADAPTACIÓN PROTOCOLO COVID-19

 

En setembro antes do inicio do curso escolar 2020/2021 o día 10 de setembro, publicaremos o noso Plan de adaptación á situación Covid-19, así como como o  Plan de continxencia.

Este plan ten a intención de manter a seguridade do alumnado, o persoal docente e non docente e ás familias, dado que manter a seguridade nos centros depende de toda a comunidade educativa. 

Ligazón ao recollido pola Consellería de Educación.

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIOS DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021 

 

AGRADECIDOS

O claustro de mestres agradece o agasallo dunha das súas alumnas, e  manifesta, tamén, o agradecemento ás familias polo gran traballo desenvolvido ao longo destes tres interminables meses de confinamento e por ter sobrevivido á teleformación. Estivemos todos moi preto a través das pantallas dos nosos computadores, agora toca descansar e gozar dunhas merecidas vacacións esperando retomar o ensino presencial no mes de setembro.
 

GRADUACIÓN PROMOCIÓN 2020

Hoxe despedimos ao alumnado do sexto curso de primaria, por vídeo conferencia, coa  "tele presencia" de alumnos, equipo directivo e parte do Claustro. A titora, dixo unhas verbas aos  titulados na Educación Primaria, e foi nomeando a cada un para  que os seus pais lle fixeran entrega da insignia da escola, do diploma e a orla.
Tamén lles amosou unhaa banda co título oficioso  que  gañaron ao longo do seu paso pola escola e que lle será entregada nun encontro persoal nalgún punto da xeografía viguesa. Así, despedímonos de Mr. Fesvellasverzas, Mrs. Filósofa, Mr. Pacificador, Mrs. Sosego, Mrs. Optimista, Mrs. Fuxefuxe,...
 
Begoña, deulle a palabra aos rapaces para que lesen a súa carta de despedida; aos pais, que como estaban chorosos non foron quen de articular palabra, pero que quixeron rematar o acto co seu agradecemento ao labor educativo dos mestres que traballaron con eles durante estes anos  e  entregaron a súa mestra Begoña, un fermoso centro de flores e un tapabocas personalizado. Aproveitamos para impoñerlle unha banda co título de Dna. "Ata a corupela..."

 

 

 
GRAZAS FAMILIAS!
BOTARÉMOSVOS EN FALTA,
 E XA SABEDES,
AS NOSAS PORTAS ESTARÁN SEMPRE ABERTAS 
PARA TODOS VÓS.


Tentaremos ir na busca de imaxes que plasmen o encontro... 
Aquí están as imaxes:

 

MEDIDAS DE PREVENCIÓN COVID-19 HORARIO DA SECRETARÍA DA ESCOLA

A secretaría da escola estará ao voso dispor, para solicitudes presenciais, tódolos días lectivos de 10 a 12h con cita previa chamando ao 886120862

Para garantir a seguridade sanitaria, só pode vir unha persoa, e NON poderán vir acompañados polos nen@s.

Deben acudir ao centro provistos de tapabocas.

Distribuir contido

Back to top