Reciclaxe e reutilización

ENTROIDO 2012: O BOSQUE DO CEIP VIRXE DO CARME

O entroido é unha das épocas máis divertidas do ano: disfraces, desfiles, festas...

Nós queremos disfrutar do entroido o máximo posible por iso durante toda a semana imos empezando a disfrazarnos con cousiñas feitas por nós con materiais de refugallo: antifaces, gafas, perrucas, sombreiros, toucados, coloretes, delantais...

entroido

 

VER IMAXES DESTA SEMANA

 

E para o desfile, tamén con mateirais de refugallo, facemos un marabilloso bosque:

os nenos e nenas de infantil son os elfos e as fadas do bosque,

os nenos do 1º ciclo son os frutais

 e os de 2º e 3º Ciclo son as árbores máis reais do noso bosque xa que están feitos con follas secas.

Ademais preparamos unha obra de teatro para representar no centro e na praza do noso concello. Con ela queremos concienciar a toda a xente que nos escoite sobre a importancia de repetar e coidar os nosos bosques; e para que non se olviden do que escoiten, repartiremos a tódalas persoas unhas pequenas árbores con mensaxes de respeto á natureza.

VER IMAXES DO DESFILE

ÁRBORE DE NADAL

Nun dos momentos máis consumistas do ano, cando os nenos e nenas se van a cencontrar cun montón de cousas novas, aproveitamos para falar da importancia da reutilización e do reciclaxe, e que mellor modo de facelo que empezando pola árbore de Nadal.

Para a elaboración da nosa árbore utilizaremos cartóns de ovos, tetrabriks de leite e restos de cartolinas de cores.

O primeiro é darlle cor aos cartóns de ovos, para o que tamén contamos coa colaboración da ANPA.

pintando cartóns

Os nenos de infantil pican a  parte interior dos briks de leite para facer estrelas e bolas que adornarán a árbore. Mentres, os maiores fan tiras cos anacos de cartolinas de cores para construir guirnaldas.

picando estrelas   Facendo guirnaldas

Para rematar, dámoslle forma a nosa árbore con tódalas cousiñas que fixemos e este é o resultado final:

Árbore de Nadal

VER  MÁIS  IMAXES


XOGUETES CON MATERIAIS DE REFUGALLO

HORA DE XOGAR!

Se xogar sempre é divertido, será todavía máis divertido xogar con xoguetes feitos por nós mesmos con materiais de refugallo: botes de iogur, bolsas de plástico, cintas de cores, papel de aluminio...

Todo vale para facer un encesta-iogur ou varias cariocas voadoras.

Agora só queda xogar e xogar e xogar.

encesta-iogur  carioca voadora

VER  MÁIS  IMAXES

CESTERÍA

Cesteiros por un día (3º ciclo)

1. Con follas inservibles facemos ruliños de papel que trenzaremos a modo de mimbre

facemos rulos  trenzado

2. Pintamos as cestiñas resultantes de diversas cores

pintamos  pintamos  pintamos

3. Enchémolas con doces navideños e xa temos unha fermosa cesta para regalar no Nadal

cestas rematadas   cestas rematadas

Distribuir contido