Complementarias

TALLER DE ILUSTRACIÓN CON IRIA IGLESIAS (Curso 2017/18)

    O alumnado que acudiu ao taller de ilustración e debuxo impartido por Iria Iglesias, fixo uns fermosos autorretratos dos que xa podedes disfrutar no corredor do colexio.

VII XIMNASTRADA (17-5-2018)

 

    O 17 de maio, celebrouse no pavillón do noso colexio a VII Ximnastrada do Concello de Sober na que participaron 150 ximnastas dos seguintes clubes:

- Asociación Deportiva Aixa de Sarria

- Clube Quicela de Monforte

- Clube de Ximnasia Rítmica do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober:

  Este evento foi recollido na prensa local do día seguinte que podedes ler aquí:

GALERÍA  DE  IMAXES

XORNADA DE CONVIVENCIA CEIP PLURILINGÜE SANTO ESTEVO DE PARGA (16/5/2018)

    O alumnado do CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga estivo o día 16 de maio de excursión no noso concello, coñecendo a nosa contorna.
 
 
   Unha das paradas fixéronna no colexio para levar a cabo unha pequena convivencia entre centros e, por suposto, bibliotecas do PLAMBE.
 
   De recordo desta visita, tiñamos preparados uns puntos de lectura conmemorativos.
 
   Para coñecer máis sobre a súa biblioteca, podedes visitar O fogar do Papalibros:
http://ofogardopapalibros.blogspot.com.es/
 

TALLER DE ANÁLISE SENSORIAL (12/3/2018)

   O alumnado de 5º e 6º de primaria participou nun taller de análises sensorial dirixido por Vinosacra.es e impartido polo sumiller Bruno Lovelle dentro da programación que o Concello fai para o Mes do Amandi.

   Neste taller o alumnado traballou na identificación de olores e sabores coñecidos por todos pero aínda así, non foi unha tarefa fácil de realizar.

 

  Esta actividade é unha das novas que se poden ler no xornal de hoxe.

CERTAME DEBUXO XXXVIII FEIRA DO VIÑO - 2018

Hoxe entregamos na biblioteca os debuxos do Certame de Debuxo da XXXVIII Feira do Viño de Sober que xa esperan o fallo do xurado xunto cos debuxos dos outros coles participantes.

 

MOITA  SORTE  A  TODOS!!

PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS (26/1/2018)

    Hoxe tivemos no centro unha nova sesión de traballo cos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria sobre os riscos e tipos de dependencias con Luisa Astray, educadora social e responsable de prevención da Unidade Asistencial de Prevención de Drogodependencias de Monforte de Lemos.

   Na sesión de hoxe, fixeron experimentos para comprobar o efecto do alquitrán nos pulmóns e no aire que respiramos.  Para isto, fixeron pasar auga a través de filtros de papel limpos e filtros de papel e impregnados cunha sustancia similar ao alquitrán; o resultado foi bastante esclarecedor. No primeiro a auga saía totalmente transparente mentres que no segundo o seu aspecto era sucio e de cor amarelo.

 

  Luisa tamén lles mostrou a cantidade de alquitrán que se acumula nos pulmóns dun fumador durante un ano e a súa visión non é nada agradable.

PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS: TABAQUISMO (19/01/2018)

   Como cada ano, Luisa Astray, educadora social e responsable de prevención da Unidade Asistencial de Prevención de Drogodependencias de Monforte de Lemos, adicará tres sesións de traballo aos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria sobre os riscos e tipos de dependencias.
 
 
    Nestes obradoiros o tema principal é o tacabo: riscos, consecuencias, composición... Ademáis de darlles información sobre esta substancia, realizan experimentos nos que poden observar como o feito de fumar perxudica gravemente a nosa saúde; sempre coa intención de que o noso alumnado non chegue a ser fumador.

PROXECTO PILOTO SNAPPET

    Este ano comezamos unha experiencia piloto co uso das tablets nas aulas de Primaria a través de SNAPPET (empresa que se dedica ao uso das novas tecnoloxías aplicadas á aula)

    O alumnado de 1º a 6º, traballará actividades de reforzo, apoio e ampliación para as materias de Matemáticas, Lingua Castelá, Lingua Galega e Inglés.

 

PLAN DIRECTOR

 

   Dentro do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DE SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E O SEU CONTORNO impulsado desde a Delegación de Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación; tivemos no noso centro educativo dúas charlas informativas impartidas por Ramón Peña, membro da Garda Civil experto en riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais.

Acoso escolar e Ciberacoso para o alumnado de 5º e 6º de Primaria

 

Os nosos fillos e internet. Riscos no uso das Novas Tecnoloxías para pais, nais ou titores.

ENLACES  A  PÁXINAS  DE  INTERESE  SOBRE  ESTE  TEMA

EL BLOG DE ANGELUCHO

MENORES EN RED

OFICINA DE SEURIDAD DEL INTERNAUTA

VI XIMNASTRADA SOBER

21/05/2017 18:00
Europe/Madrid

Distribuir contido