Camiño do Pazo, s/n (Sober) Tfno. 982 87 08 41 e 982 87 08 42.

FESTIVAL FIN DE CURSO 2023

Remata o curso 2022/23, pero para despedirnos con alegría chega o festival de fin de curso cunhas marabillosas actuacións musicais.

A continuación deixámosvos os vídeos de cada unha das actuacións esperando que vos gustasen moito e que disfrutarades delas, pero queremos aclarar que son vídeos que gravamos pola mañá no ensaio xeral menos o de 1º e 2º de primaira que inclúe tamén a actuación da tarde xa que pola mañá non estaban todos os alumnos.

 

   Rematamos despedíndonos de todas aquelas persoas que este ano deixan o colexio aínda que por motivos moi dieferentes:

- Á nosa cociñeira Mª Luz, desexámoslle moita felicidade na súa nova vida que comeza como xubilada

- Aos mestres e as mestras que cambian de destino ou que están á espera del (María José, Martín, Marco, Ana, Luis e Sonia) desexámoslle moita sorte nos seus novos colexios

- Ao alumnado de 6º de Primaria (Cristian, Darío, Libertad, Yanira, Lucas, Mencía, Susana, Iria, Gareth, Lola, Naím e Gissela) desexámoslles o mellor nesta nova etapa das súas vidas que está por comezar. Esperamos que vos lembredes de nós sempre e se nos necesitades, estaremos no voso colexio para o que vos faga falta.

 

 

 BO  VERÁN  E  FELICES  VACACIÓNS!!

 

GALERÍA  DE  IMAXES

 

 

 

 

 

 

DESPEDIDA ALUMNADO DE 6º (21/6/2023)

   Cada ano temos que despedir ao alumnado de 6º de Primaria que remata a súa etapa no colexio. A Cristian, Darío, Libertad, Yanira, Lucas, Mencía, Susana, Iria e Gareth, coñecémolos cando chegaron a Educación Infantil.

 

      Lola, Naím e Gissela foron incorporándose ao grupo en diferentes cursos de primaria; pero aínda que pasaron menos tempo neste colexio, son igual de importantes para nós. Agora todos elxs forman un marabilloso grupo de 12 nenos e nenas!!

 

   No seguinte podcast, poderedes escoitar a carta que escribiron  como despedida agora que xa se van ao instituto.

 

    Esperamos que na nova etapa educativa que comezarán en setembro non olviden a importancia do traballo e da constancia. Estamos seguros de que se poñen en práctica todo o aprendido durante estes anos, terán éxito nos seus estudos; pero se nalgún momento nos necesitades, aquí estaremos, apoiándovos en todo o que poidamos porque despois de todos estes anos compartindo vivencias, levades con vós un pedaciño do noso corazón.

 

 ATA  SEMPRE!!

EXCURSIÓN FIN DE CURSO A MARCELLE (20/6/2023)

    O día 20 de xuño, fomos todo o colexio de excursión a Marcelle Natureza onde os nenos e as nenas puideron disfrutar dun percorrido guiado no que aprenderon moitas cousas sobre os animais.

 

    Pero por normativa do parque, non nos permitiron facer fotos no interior durante a visita así que só podemos compartir con vós as que fixemos  á entrada.

 

 

DESPEDIDA BIBLIOAXUDANTES E BIBLIOPROFES (19/6/2023)

   Co curso a piques de rematar, pechamos as actividades da biblioteca  DÁNDOLLE  AS  GRAZAS  AOS  BIBLIOAXUDANTES!!

     Eles/elas forman parte do programa  Voluntariado de Lectura - A  integrado dentro de Bibliotecas Escolares Solidarias e durante o curso dedican varios recreos a tarefas relacionadas coa biblioteca: préstamo, devolucións, organización, axuda aos compañeiros, lecturas...

 

 

   Por todo este traballo realizado, fixémoslle entrega dos diplomas correspondentes, das mochilas enviadas desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares e duns pequenos agasallos de Lectuvín.
 
 
 
MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  DEDICACIÓN  Á  BIBLIOTECA!!
 


 Tamén lle queremos dar as grazas aos biblioprofes que se despiden este curso.

 
Oxalá volvamos a vervos en vindeiros cursos pero se non é así... MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  IMPLICACIÓN, O  VOSO  TRABALLO  E  AS  VOSAS  APORTACIÓNS!!
 


THIE BEST MAGIC TRICK IN THE WORLD (19/6/2023)

    A través do Programa Plurilingüe, hoxe tivemos no colexio un mago escocés ao que lle gusta moito viaxar. El veu a facer un espectáculo bilingüe en inglés e galego para o alumnado de infantil e outro totalmente en inglés para o alumnado de Primaria.

 

Contounos a súa viaxe por Exipto, Nova Iork, India, China... e ensinounos trucos que aprendera a facer en todos estes países: de Escocia mostrounos como facer maxia con panos, de China como facer voar mandarinas e duplicalas, da India trouxo unha cobra dentro dun cesto que se alimentaba de animais...

    

 

Un espectáculo moi divertido e entretido para mellorar o nivel de inglés do noso alumnado.

 

GALERÍA  DE  IMAXES 

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de César e Julieta (16/6/2023)

   Rematamos a actividade  As familias contan  deste ano cunha nai que se estrena como contadora: Maryori, a nai de César e Julieta. Entre os tres léronos o libro La mudanza de Tigger escrito por  Kathleen Weidner.

 

Nesta historia o protagonista ten un problema na súa casa porque cada vez que dá un salto tira con todo.

 

Tigger non sabía que facer ata que o seu amigo Coello atopa a solución: mudarse de casa!

 

   A idea non é mala pero o protagonista ten un montón de dúbidas: virán os seus amigos a xogar á súa nova casa? Poderá levar as súas cousas favoritas? Como vai a fecer para transportalo todo?

 
 
  Mais todo o que ao principio parecía un problema, soluciónase coa axuda dos seus amigos: encárganse de carretar caixas, comida, mobles... e ata organizan unha festa de inauguración!
 
 
    Se vos tamén queredes escoitar esta fermosa historia sobre a amizade, podedes facelo no seguinte podcast que Maryori, César e Julieta gravaron en Radiuvín.

 

MOITAS  GRAZAS  AOS  TRES  POR  VIR  A  LERNOS  ESTE  LIBRO,

A HISTORIA GUSTOUNOS MOITO  PERO  SABE  A  DESPEDIDA...

ESPERAMOS  QUE, COMO  LLE  PASOU  A  TIGGER,  UNHA  MUDANZA

NON  FAGA  QUE  SE  PERDAN  AS  AMIZADES QUE AGORA TEDES.

ESTE  COLE  TERÁ  SEMPRE  AS  PORTAS  ABERTAS  PARA  VÓS!!

ATA  SEMPRE!!

 

GALERÍA  DE  IMAXES

 

CLUB DE LECTURA - SAÍDA FINAL (15/6/2023)

     Remata o curso e remata tamén a actividade do club de lectura deste ano e para poñerlle fin a actividade, organizamos unha visita ao Eco-museo de Arxeriz.

     Pensamos que xa que co libro Unha volta ao mundo sobre a volta ao mundo de Magalhães e Elcano no século XVI aprendemos moitas cousas sobre o mar e os barcos daquela época (carabelas, naos...) tamén sería interesante coñecer as embarcacións tradicionais da nosa zona.

 
 
   Así puidemos ver unha barca de paso que servía para pasar xente dunha beira á outra do río; pero non só xente pois os días de feira tamén podían pasar animais e produtos para vender ou mercar.
 

 

     Outras embarcacións sobre as que aprendemos foron a barca de dornas, e unha barca con pouso que servía para levar cestos por exemplo na época da vendima.

 
    Na segunda sala Sonia informounos sobre a pesca tradicional na Ribeira Sacra e o impacto dos encoros dos Peares e de Belesar sobre a natureza e a vida das persoas xa que coa súa construción se inundaron 32 aldeas e tiveron que desprazarse máis de 1.000 persoas.

 

    Continuamos a visita xa no interior do pazo: no piso de arriba estivemos na lareira e na solaina.

 

 

  No piso de abaixo estivemos na sala dedicada ao patrimonio e á etnografía que conta cunha gran maqueta da Ribeira Sacra na que están sinalados os elementos patrimoniais máis destacados e por suposto, Sober con edificios como a Rectoral de Gundivós. Tamén conta cun espacio dedicado ao "Entroido Ribeirao" que era un entroido tradicional da riberia

 
 

 

   A última sala do Pazo que visitamos foi a dedicada á viticultura tradicional: cubas de madeira, utensilios para aviñar, cestos de transporte de uvas, pelexos de cabra para transportar o viño...

 

  Xa no exterior visitamos as escavacións que deixaron ao descuberto diferentes edificacións da época castrexa e entramos na reconstrución que están facendo dunha das vivendas atopadas.

 

 

    Despois de tanto que aprendemos, a saída rematou cun xantar á sombra e un ratiño de lecer antes de voltar ao colexio.

 

GALERÍA  DE  IMAXES

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Alassanne (12-06-2023)

   Hoxe na actividade As familias contan temos a unha familia que ven a contar por primeira vez: a familia de Alassanne.

   Alassanne e a súa nai Natalia leron o conto Te quiero (casi siempre) de Anna Llenas e trouxeron un montón de actividades preparadas.

 

 

     Antes de ler, Natalia fixo unha actividade introductoria para que o alumnado coñecese aos protagonistas, Lolo e Rita, e comprendera de forma física que se lle facemos dano a alguén, podemos pedir perdón pero nunca poderemos borrar de todo o dano que lle fixemos.

Despois comezou a lectura e con ela coñecemos mellor a Lolo e Rita que son dous bichos moi diferentes.

 
    Lolo é un bicho bóla e Rita é un vagalume e aínda así son moi amigos; pero ás veces as súas diferenzas fan que a amizade non sexa doada: Lolo é o rei da camuflaxe e Rita brila como ninguén e voa moi alto.

 

    Todo ía ben ata que un día a Rita empeza a cansarse da coraza de Lolo que se converte en bóla para refuxiarse e a Lolo empeza a parecerlle que Rita brila demasiado e que voa tamén demasiado alto....

 

       Así é como comezan a distanciarse, ata que un día Lolo intenta abrandar a súa armadura e Rita intenta voar un pouquiño máis baixo...

 

      Pouco a pouco irán decatándose de que as diferenzas non son imposibles de salvar e de que o feito de adaptarse aos demais respectando o que os fai diferentes, fará que atopen un punto de encontro.

 

   Despois, ao rematar a lectura, estivemos facendo as actividades propostas por Natalia para coñecer  mellor aos nosos compañeiros e un mural coas receitas de felicidade que elaboraron.

 

   Para rematar, subiron aos estudios de radio para gravar o conto e que todos poidades escoitalo.

 

 

MOITAS  GRAZAS  AOS  DOUS  POR  VIR  A CONTARNOS  ESTA  HISTORIA SOBRE  A  AMIZADE  E  O  RESPECTO!!

GALERÍA  DE  IMAXES

VISITTA CEIP DE CURRELOS

   Hoxe tivemos unha visita especial no colexio: os alumnos e alumnas do  CEIP  de Currelos que viñan de facer unha excursión pola Ribeira Sacra na que subiron ao tren turístico Aba Sacra de Doade invitados polo Concello e visitaron tamén a Bodega Cruceiro.

 

   Foi un xantar moi divertido no que puidemos facer novos amigos e compartir momentos de xogo; pero sobre todo foi especial para a nosa cociñeira Mari Luz xa que compartiu a xornada co seu neto estuda neste colexio

 

 

 

 

 

   Para rematar fixemos unha foto todos xuntos como recordo e a directora fíxolles entrega dun agasallo para que se lembren do seu paso polo noso cole.

 

 

 MOITAS  GRAZAS  POR  ESTA  VISITA, ESPERAMOS  QUE  O  PASARADES  MOI  BEN!!

GALERÍA  DE  IMAXES

 

Distribuir contido