Orientación

INFORMACIÓN SOBRE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

Quen somos?
O Departamento de Orientación é un servizo de atención ao alumnado e de asesoramento permanente ao profesorado e ás familias da nosa comunidade educativa.

Está composto por:

  • A xefa do Dpto. de Orientación: coordina e xestiona todo o relacionado co Departamento.
  •  As especialistas en Audición e Linguaxe: Potencian as habilidades comunicativo-lingüísticas e interveñen nos problemas da linguaxe e comunicación.
  • As especialistas en Pedagoxía Terapéutica: Traballan co alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo.
  • Coordinadores/as de ciclo. Representan ao profesorado de cada ciclo de Infantil e Primaria do centro.

Cales son as nosas principais funcións?

    • Valorar as necesidades educativas do alumnado e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.
    • Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades e problemas de aprendizaxe.
    • Ofrecer soporte técnico ao profesorado.
    • Participar na elaboración do Proxecto Educativo do centro, incidindo na atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, nos principios de avaliación e na adecuación dos criterios de promoción.
    • Apoiar e Asesorar ao alumnado para afrontar os momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade.

Cando podedes solicitar as familias a nosa intervención?.
Cando exista un problema ou precisedes asesoramento sobre:

  • Aprendizaxes escolares.
  • Celos entre irmáns.
  • Conduta.
  • Dificultades na linguaxe.
  • Control de esfínteres.
  • Separación ou divorcio.
  • Adopción.
  • Técnicas de estudio.
  • Dúbidas na educación dos/as vosos/as fillos/as.
  • Calquera outra cuestión na que se precise asesoramento.

Cando vos podemos atender?
Poderémosvos atender os luns de 17.00 a 18.00 na hora de atención a nais e pais ou, se o precisades, polas mañás concretando a cita coa xefa do departamento de orientación:

                                        Tlf: 982 87 01 21


Para unha mellor atención pregámosvos que chamedes con antelación para solicitar a entrevista.

Distribuir contido

Back to top