NOVAS

   
   

LIBROS DE TEXTO

CURSO 2021/22

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2021/22

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para o Fondo Solidario de libros de texto e material escolar desde o 21 de maio ata o 22 de xuño.

As solicitudes presentaranse preferiblemente pola Sede Electrónica da Xunta de Galicia ou de xeito presencial nas oficinas do centro, de 9:00 h a 14:00 h. de luns a venres. 

As solicitudes dos nenos e nenas que están cursando 6º de primaria deberán presentalas obrigatoriamente no IES no que ten feita a reserva para cursar 1º de E.S.O 

Para máis información consulte o seguinte enlace do DOG

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Boas a todos e todas!!!! Velaquí está, xa chegou o Día das Letras Galegas!!!! E comezamos os actos conmemorativos no noso cole cunha canción composta e cantada polo alumnado de 4°, 5° e 6° de Primaria, coa axuda da mestra e mestre de Música. Un fermoso e gran traballo!! Fixéstelo xenial!!!! Tanto que no cole non podemos deixar de cantala e queremos compartila para que tamén o poidades facer vós.
Letra da canción: alumnado 4°, 5° e 6° de Primaria e mestres de Música.
Base musical: Proud Mary (Rolling on the River) de Creedence Clearwatwer Revival.

 NotasMusicalesAnimadas.gif (350×241) | Actividades musicales preescolares,  Actividades musicales para niños, Enseñanza musical

 

PROXECTO "OS PINTORES": Keith Haring

O alumnado de 6º de Educación Infantil está levando a cabo un proxecto nas aulas para coñecer a obra de artistas modernos. Están facendo un traballo moi creativo e orixinal. Se queredes coñecelo facede clic no enlace o veredes o resultado de todo o que traballaron aos nosos e nosas artistas.

 

"PORTAS ABERTAS VIRTUAL"

"Entra" no cole, fai clic na imaxe para ver o video.

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2021/22

Do 1 ao 22 de marzo

Para máis información clic aquí

 

 

PROTOCOLO COVID 19

CEIP Plurilingüe Virxe do Carme

 

 

 

 

 

 

 

 

PLAN DE CONTINXENCIA PROTOCOLO SIMPLIFICADO INFORMACIÓN COMEDOR
 

CALENDARIO ESCOLAR

               

  

VIDEO PROFES 

ENTROIDO

Un ano máis celebramos o Entroido no centro, con moitas limitacións pero co mesmo ánimo de sempre  e máis ilusión ca nunca. Gozade dos marabillosos disfraces que lucimos. Todo foi "Máxico".

(Clic na imaxe para velo)

Resultado de imagen de gifs de magia harry potter

 

 DÍA DA PAZ

Hoxe é o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Neste ano tan complicado e duro, no cole dedicamos algunhas horas desta semana a traballar o tema da Paz. O resultado foi a creación de centos de pombas que carrexan os desexos de cada un dos nenos, nenas e profes, inundando así o cole de fermosos desexos de paz, amor, esperanza, agarimo, apertas, saúde, ledicia e ilusión por un mundo mellor. Desexos que agardamos traspasen os muros da nosa escola e se espallen polo mundo. Comezamos compartíndoos con vós, familias!!!!

 

ORGANIZACIÓN DAS ENTRADAS E SAÍDAS PARA O CURSO 2020/21

 

Para organizar as entradas e saídas escalonadamente, respondendo ao protocolo da Consellería de Educación, realizaranse segundo se describe a continuación, haberá profesorado de garda en cada cancela para garantir a entrada do alumnado

Ø  ENTRADA 1º e 2º de EDUCACIÓN PRIMARIA

-          De 8:55 a 9:10 h. Entrada pola rampa que da á “Rúa do Colexio”. Accederán directamente á aula sen facer fila. Na aula estará o profesor ou profesora correspondente.

 Ø  SAÍDA 1º e 2º de EDUCACIÓN PRIMARIA

-          1º E.P. -> 13:55 h.

-          2º E.P. -> 14:00 h.

-          Sairán pola mesma rampa de entrada. A persoa encargada de recoller ao neno ou nena procurará estar no mesmo sitio para axilizar a saída.

 Ø  ENTRADA 3º e 4º de EDUCACIÓN PRIMARIA

-          De 8:55 a 9:10 h. Entrada pola cancela da “Rúa das Escolas”. Accederán ao seu edificio pola entrada principal.

 Ø  SAÍDA 3º e 4º de EDUCACIÓN PRIMARIA

-          3º E.P. -> 13:55 h.

-          4º E.P. -> 14:00 h.

-          Sairán pola mesma cancela de entrada. A persoa encargada de recoller ao neno ou nena procurará estar no mesmo sitio para axilizar a saída.

Ø  ENTRADA 5º e 6º de EDUCACIÓN PRIMARIA

-          De 8:55 a 9:10 h. Entrada pola cancela peonil do aparcamento. Unha vez no recinto escolar cada grupo entrará pola porta da súa aula, agás o curso que estea na actual aula de inglés que entrará pola entrada do aparcamento.

 Ø  SAÍDA 5º e 6º de EDUCACIÓN PRIMARIA

-          5º E.P. -> 13:55 h.

-          6º E.P. -> 14:00 h.

-          Sairán pola porta da súa aula e pola mesma cancela de entrada. A persoa encargada de recoller ao neno ou nena procurará estar no mesmo sitio para axilizar a saída.

 Os grupos que teñan alumnado con autorización para saír sos, irán diante nas filas.

É moi importante que as familias manteñan a distancia de seguridade fóra do recinto escolar mentres esperan polos seus fillos ou fillas. Cando os recollan deberán axilizar a saída da zona para evitar mesturarse co resto de grupos.

 

Distribuir contido

Back to top