INICIATIVA ARCO IRIS
É unha iniciativa popular, que xorde baixo o hastag #desdemiventana para facer máis levadeira a cuarentena. Estase a levar a cabo noutros países e tamén chegou ao noso. A idea é que os nenos/as, coa vosa axuda ou por si sos, realicen un arco da vella co lema TODO IRÁ BEN e colocalo nas fiestras para que outros nenos/as o vexan e se sintan máis acompañados. AQUÍ tendes un modelo, pero podedes crear o voso propio!
https://www.orientacionandujar.es/2020/03/14/el-arcoiris-todo-va-a-salir-bien-vamos-a-colorear/
CANDO SE RETOME A ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL TRAEDE O VOSO ARCO IRIS PARA FACER UNHA EXPOSICIÓN.