Skip to Content

Secretaría

CALENDARIO ESCOLAR 23/24

Icono de espiral de fecha de recordatorio de calendario y calendario simple  de estilo de círculo rojo marcar la fecha conceptos de días importantes de  vacaciones ilustración vectorial en estilo plano |

Publicouse a orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Orde do 3 de maio de 2023 (DOG

FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR 23/24

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (listado definitivo de admitidos) -  Colegio Marista A Inmaculada en Lugo

Saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 19 de maio de 2023 a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024. 

Entregámoslle hoxe ao alumnado unha circular informativa e mais os anexos I e II.

Aínda que o prazo de presentación de solicitudes remata o día 21 de xuño, aconsellámosvos que as entreguedes na secretaría do centro o antes posible.

Lembrade que o horario de secretaría é de 10:50 a 11:45 h, de luns a venres.

- Circular fondo libros.

Extracto da Orde do 10 de maio de 2023 (DOG)

ADMISIÓN ALUMNADO 23/24

Admisión 2021-2022 | Colegio Mª Inmaculada

O vindeiro mércores, 1 de marzo, comezará o proceso de admisión de alumnado para o curso 23/24. dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil e Primaria que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.

Unha vez admitido o alumnado no centro docente, queda garantida a súa permanencia nel ata a finalización da etapa de primaria, sen prexuízo do dereito das familias a que soliciten a admisión noutro centro. Polo tanto, a variación de curso ou etapa non require novo procedemento de admisión.

Sen prexuízo da garantía de permanencia, os nais/pais/titores legais do alumnado poderán presentar solicitude de admisión noutro centro educativo na forma e prazos establecidos e deberán remitir ao noso centro copia da solicitude de admisión presentada no novo centro.

O horario de atención ás familias para tramitar o procedemento de admisión é o horario de secretaría que figura na barra lateral dereita desta páxina web: de luns a venres, de 10:50 a 11:45 h.

- Anexo II (solicitude de admisión)

Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo de 2023.

Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo de 2023.

  • Presentación de solicitudes xunto coa fotocopia cotexada do libro de familia ou do DNI do neno/a.
  • A solicitude será única segundo o modelo ANEXO II, que poderá:

- Recollerse no centro, cubrila e entregala no centro.

- Cumprimentarse on line na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. Neste caso, poderase asinar a solicitude na Sede Electrónica ou ben entregala no centro.

- Descargarse e cumprimentarse de forma manual. Neste caso, a instancia deberá entregarse no centro no prazo indicado.

INFORMACIÓN NO PORTAL EDUCATIVO

Normativa de aplicación: 

RESERVA PRAZA NO IES Nº 1

RESERVA DE PRAZA INSTITUTO ALUMNADO DE 6º EP | CEIP San Francisco Javier

 O próximo día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza no centro de adscrición (o IES Nº1) para o alumnado de 6º de primaria.

  • O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos. 

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).

Modelo solicitude

As familias de 6º de primaria poderedes cumprimentar as solicitudes de reserva a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado, no menú: Solicitudes > Reserva > Crear

Tamén podedes descargar o impreso de solicitude aquí (Anexo I. Reserva praza) ou pasar recollelo na Secretaría do centro.

Presentación solicitude

Esta solicitude deberase presentar no noso centro ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Para esta última opción precisades de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

O comportamento da aplicación depende de se se cubre a solicitude estando identificado ou non.

 

Normativa de aplicación:

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

LISTAS DE MATERIAL 22/23

Donación de útiles escolares para niños de escasos recursos | Enero -  Febrero 2020 | Guatemala.com

As listaxes de material escolar irán aparecendo aquí conforme vaian estando dispoñibles. Ademais, o primeiro día de clase, o 8 de setembro, cada titor/a entregaralle ao seu alumnado unha lista impresa do material necesario no curso.

Lista material  
Lista material  
Lista material  
Lista material  
Lista material  
Lista material  
Lista material INGLÉS

 

3º: Un caderno pequeno de grampas de pauta ancha e con marxe e unha carpeta para gardar fichas.

5º:

  • OPEN UP ACTIVITY BOOK

       ISBN 9780194072977

  • Un caderno e unha carpeta (serven os do ano pasado)

6º: Unha carpeta clasificadora para fichas e un caderno.

HORARIOS CURSO 2022/2023

HORARIO LECTIVO
Setembro e xuño De 9:00 a 13:40 h.
De outubro a maio De 9:00 a 14:00 h.

 

HORARIO DE VISITA DE PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS
Todos os martes, de 16:00 a 17:00 h.

 

HORARIO DE SECRETARÍA

De luns a venres De 10:50 a 11:45 h

 

HORARIO EQUIPO DIRECTIVO

HORAS

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

9-9:55

XEF. ESTUDOS

XEF. ESTUDOS

XEF. ESTUDOS

XEF. ESTUDOS

XEF. ESTUDOS

DIRECCIÓN

10:50-11:45

SECRETARÍA

 SECRETARÍA

SECRETARÍA

SECRETARÍA

 SECRETARÍA

12:10-13:05

 

DIRECCIÓN

   

DIRECCIÓN

13:05-14:00

DIRECCIÓN

 DIRECCIÓN

 DIRECCIÓN

DIRECCIÓN

 DIRECCIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut