Skip to Content

Novas

AXUDAS DA CRUZ VERMELLA

Imagenes animadas de Cruz Roja, Gifs animados de Medicina /> Cruz Roja

Debido á crise sanitaria xerada polo COVID 19, Cruz Vermella lanza unha campaña especial dirixida a facer fronte ás consecuencias desta situación tan preocupante. Prestan o seu apoio na compra de alimentos, de produtos de hixiene e de limpeza, etc.

 

Ademais, os voluntarios tamén lles facilitan ás persoas en situación de risco a opción de recollerlles a medicación na farmacia e achegárllela ao domicilio e realizan calquera outro tipo de xestión que facilite a permanencia do maior na casa.

 

Por outra banda, para que todos os menores teñan as mesmas posibilidades de seguir o curso escolar, están entregando  tarxetas SIM para posibilitar o acceso a internet e respondendo a outras demandas que poidan presentar os fogares con menos recursos.

 

Se vos atopades en situación de vulnerabilidade ou desprotección, podedes poñervos en contacto coa Asemblea Local da Cruz Vermella da Estrada polas seguintes vías:

 

Manuela Gestoso Couto
Asamblea Local A Estrada
 
Cruz Roja Española
Oficina local de A Estrada
Avd de Vigo nº 3 bajo
36680 A Estrada
 
Tfno: 986 57 10 57
Fax:  986 57 1057

SUSPENDIDAS AS CLASES DESDE O 16 DE MARZO

Resultado de imagen de gif aviso

Segundo o comunicado emitido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, os centros educativos galegos permanecerán cerrados por un período inicial de catorce días en todos os niveis educativos desde o vindeiro luns 16 de marzo, como medida preventiva fronte ao avance do coronavirus.

Mañá venres, os centros educativos estarán abertos, aínda que se recomenda que o alumnado permaneza nas súas casas na medida do posible.

XII XORNADA DE NAIS E PAIS "EDUCANDO EN IGUALDADE"

XII Xornada de nais e pais educando en igualdade. Cidadanía e convivencia dixital
O día 16 de novembro celebrarase, nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela, a XIIª XORNADA DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE: “Cidadanía e convivencia dixital”, unha actividade organizada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e dirixida a promover no ámbito familiar o uso seguro e saudable das novas tecnoloxías na infancia e a adolescencia e a previr a violencia sexual en adolescentes e os comportamentos machistas e sexistas nos novos medios de socialización e convivencia dixital.
Poderedes atopar o programa e a solicitude de inscrición premendo na imaxe.
Distribuir contido


by Dr. Radut