Skip to Content

Curso 2017/2018

Visita dos Bombeiros

Como peche de final de curso, este xoves 21 de xuño puidemos disfrutar dunha visita dos Bombeiros do concello que nos explicaron algunhas cousas sobre o seu traballo e nos deixaron probar algún dos materiais e traxes que utilizan. Tedes as fotos da actividade nas Galerías de Imaxes.

Xogos Populares

O pasado mércores 20 de xuño o alumnado do centro tivo a oportunidade de participar dunha serie de xogos populares coordinados polo profesorado do centro. Tedes as fotos á vosa disposición nas Galerías de Imaxes.

Aniversarios 5º

Tedes á vosa disposición as fotos dos aniversarios de Pilar e David de 5º de Ed. Primaria. Parabéns

Excursión ao Barbanza

Xa están aquí as imaxes da excursión realizada polo alumnado de Educación Primaria o pasado venres 15 de xuño. Esperamos que disfrutedes das mesmas!!.

Aniversarios

Recentemente ven de cumprir anos Martiño da clase de Infantil 3/4 anos. Tedes as fotos da celebración nas Galerías.

6º Educación Primaria 2017 - 2018

Aniversarios

Tedes nas Galerías as fotos dos aniversarios de Carmen, Lara, Andrés, Luján, Thiago e Anxo.

Parabéns!!

Excursión a Apípolis

Xa están á vosa disposición nas Galerías de imaxes, as fotos da excursión realizada polo alumnado de Educación Infantil a Apípolis o pasado luns 21 de maio.

Agardamos que as disfrutedes

Festival das Letras Galegas 2018

O pasado mércores 16 celebrouse no centro o tradicional Festival das Letras Galegas na honra de Mª Victoria Moreno. Como ven sendo habitual este ano veu cargado de músicas, danzas, poesía, teatro e como non, dun pouco de humor. Tedes unha pequena mostra do acto nas Galerías de Imaxes. Agardamos que disfrutarades do evento.

Actividades EDLG

Aproveitando a festividade das Letras Galegas e a visita das familias á escola o EDLG quixo ofertar unha pequena mostra do traballo realizado nos derradeiros meses mediante a exposición nun tendal exterior dos poemas elaborados para o concurso de Microrrelatos e Micropoemas coordinado polos EDLGs dos centros educativos de A Estrada e que culminará o vindeiro Día 23 de maio na V Festa das Palabras. Tamén aproveitamos para presentar ese día a actividade de "Recantos con Encanto" no que o alumnado e as familias presentaban mediante fotografías lugares interesantes do país que previamente visitaron. Tedes nas Galerías unha pequena mostra das actividades realizadas.

Distribuir contido


by Dr. Radut