Skip to Content

Curso 2013/2014

CURSO 2013/2014

NESTA TÁBOA PODEDES CONSULTAR TODAS AS NOVAS QUE SE FORON PRODUCINDO AO LONGO DO CURSO 2013/2014. AO PREMERDES EN CADA IMAXE, ACCEDEREDES Á INFORMACIÓN CORRESPONDENTE.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2014/2015: Premendo na imaxe, accederedes a toda a información sobre o procedemento de admisión de alumnado para o curso 2014/2015. 

GRATUIDADE SOLIDARIA: Convocáronse axudas para a adquisición de libros de texto, destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para o seu uso no curso escolar 2014/2015.

 AUGA DOCE: O día 20 de xuño, o alumnado do centro visitou a exposición Auga Doce, no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

CAMPAMENTOS DE VERÁN: Nos meses de xullo e agosto e do 1 ao 10 de setembro, o departamento de Servizos Sociais do concello da Estrada organizará campamentos urbanos de verán, dirixidos a nenos/as de 3 a 13 anos.

I FESTA DAS PALABRAS: Este ano, o colexio participou, xunto cos demais centros educativos da Estrada, na 1ª edición da Festa das Palabras, un concurso de micropoemas e microrrelatos que tiñan en común a presenza da palabra "soño". Para saber dos gañadores, das súas composicións e do acto de entrega de premios, premede no pequeno escritor.

VISITA AO IES Nº1: O 6 de xuño o alumnado de 6º de primaria visitou o IES Nº1 da Estrada, onde estudarán 1º de ESO o vindeiro curso.

CHARLA PARA OS PAIS/NAIS DE 6º DE PRIMARIA: O día 5 de xuño, ás 17:00 h., o director e a orientadora do IES Nº1 ofreceron no colexio aos pais e nais do alumnado de 6º de primaria unha charla sobre o proceso de transición da etapa de primaria a secundaria.

CAMPIONATO DE JUDO: O día 30 de maio celebrouse no pavillón do colexio unha exhibición de judo infantil, no que participaron preto de 150 nenos e nenas doutros concellos, ademais do alumnado do noso centro.

EXCURSIÓN AO COUTO DE XIMONDE: O día 22 de maio, con motivo da 38ª edición do Concurso Internacional de Pesca do Salmón en Augas Galegas, o alumnado de 4º e 5º de primaria visitou a Estación de Captura e Precintaxe, no couto de Ximonde. Alí, persoal da Sociedade de Pesca do Salmón e da Consellería de Medio Ambiente explicoulles aos alumnos/as a importancia de respectar a flora e a fauna autóctonas.

EXCURSIÓN AOS MUÍÑOS DE BAROSA: O día 22 de maio, o alumnado de infantil e o de 1º, 2º, 3º e 6º de primaria viaxou ata o concello de Barro (Pontevedra) para visitar os muíños do río Barosa. Picando no muíño, veredes toda a información ao respecto.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: O día 15 de maio celebramos o festival do Día das Letras Galegas. Premede no mapa para obter toda a información.

CÁMPING ALVARELLA: O alumnado de 6º pasou a ponte do 1º de maio no campamento de Alvarella, nunha saída organizada pola ANPA do centro.

CAMPAMENTO DE VERÁN: Durante os meses de xullo e agosto, en horario de 9:30 a 13:30 h., realizarase nas instalacións do colexio un campamento de verán organizado pola asociación Medrando á par. Picade na imaxe para acceder á información.

RECOLLIDA SOLIDARIA DE ROUPA USADA: Desde o 13 de maio e ata o 9 de xuño, o centro participou nunha campaña solidaria de recollida de roupa usada. As familias interesadas en participar depositaron na entrada do colexio as pezas de roupa que non necesitaban.

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA: O día 24 de marzo, o alumnado de 2º, 3º, 4º e 5º de primaria visitou as dependencias do Pazo do Hórreo, sede do Parlamento de Galicia. Tedes a información premendo na imaxe.

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2014/2015: Premendo na imaxe, accederedes a toda a información sobre o proceso de admisión de alumnado para o curso 2014/2015.

SESIÓN DE CONTACONTOS: O día 18 de marzo recibimos no cole a visita da contacontos Raquel Queizás co seu espectáculo A maleta da avoa. Esta actividade, organizada e subvencionada pola ANPA do centro, estivo destinada a todo o alumnado de infantil e primaria e ás súas familias. Accedede a toda a información premendo na imaxe.

SEMANA DA PRENSA: O alumnado de 5º de primaria realizou unha serie de traballos con xornais para celebrar a Semana da Prensa, do 10 ao 14 de marzo. Consultade a información sobre a actividade premendo no repartidor de periódicos.

TAPÓNS SOLIDARIOS: Desde marzo ata xuño, o colexio participará nunha campaña de recollida de tapóns de plástico con fins solidarios promovida polo alcalde de barrio de Cora. Todos os que desexen participar poden depositar os seus tapóns na urna habilitada ao efecto na entrada principal do centro.

FESTIVAL DE ENTROIDO: O 28 de febreiro celebramos o festival do Entroido no cole. Tedes toda a información premendo na carauta.

VISITA DO DEBUXANTE IVÁN SUÁREZ NÚÑEZ: O día 20 de febreiro, o ilustrador Iván Suárez Núñez visitou o noso cole para ofrecerlle ao alumnado de primaria un taller sobre a elaboración de cómics. Para máis información, premede no pintor.

COMPETICIÓN DE CROSS EN PORTAS: O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria participou o 30 de xaneiro nunha competición de carreiras campo a través, no que a alumna de 6º María Porto Torres quedou clasificada para o campionato provincial que se celebra na Guarda o 22 de febreiro. Picade na imaxe para obter máis información.

DÍA DA PAZ: O día 31 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Podedes consultar toda a información sobre esta celebración premendo no símbolo.

O NADAL: O día 21 de decembro celebramos o Nadal no colexio con decoración navideña, panxoliñas, bailes, chocolatada da ANPA e reparto de agasallos de Papá Noel. Podedes acceder ás fotos e vídeos da celebración e á súa recollida nos medios premendo na imaxe.

REVISTA DA ANPA: Este ano, organizouse no centro un concurso-exposición de debuxos realizados polo alumnado de infantil e primaria para escoller por votación dos propios nenos e nenas a portada do número de decembro da revista da ANPA. Aquí podedes acceder a todos os traballos presentados e aos gañadores.

TALLERES DE AFORRO DA AUGA: O día 13 de decembro tiveron lugar no colexio para todo o alumnado de primaria os talleres de educación ambiental Aforramos auga en Galicia, organizados pola empresa Emade e a Fundación Mapfre. Para coñecer todo o referido a estes talleres, picade na imaxe da auga.

REVISTA ESCOLAR OUTEIRO: Dentro do campo Revista Escolar, no apartado Números anteriores, podedes acceder a todos os exemplares publicados da revista escolar Outeiro, desde o curso 2004/2005 en que naceu. No mesmo campo, en Último número, podedes ler o último exemplar da revista, o nº 9, do ano 2012/2013.

ORINOCO. VIAXE A UN MUNDO PERDIDO: Este é o nome da exposición que todo o alumnado do cole visitou o 4 de decembro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. A Colección Orinoco, a mostra de arte étnico máis importante de Latinoamérica, ofrece unha homenaxe á tradición cultural das etnias do Amazonas venezolano:máscaras, cestería, adornos corporais... Premede na imaxe para saber máis.

OPERACIÓN KILO: O cole participa, desde o 4 ao 20 de decembro, na Operación Kilo, organizada por Cáritas Parroquial da Estrada e consistente na recollida de alimentos non perecedoiros para a súa posterior entrega ao Banco de Alimentos da Estrada e a Cáritas. Tedes máis información premendo na imaxe.

REPOSTERÍA CASEIRA: Algúns dos nenos e nenas do cole achegaron saborosos biscoitos, galletas e manteigadas elaborados nas casas polas súas familias para compartilos cos compañeiros e compañeiras. Tedes a proba nas fotos que atoparedes en Galerías.

O NOSO ALUMNADO NA PRENSA: Na sección Taboleiro (dentro do apartado Alumnado no menú da marxe esquerda) poderedes acceder a todas aquelas novas publicadas nos xornais e revistas nas que aparece o alumnado do noso centro.

ANIVERSARIOS: Tedes as fotos de todos os aniversarios que se van celebrando ao longo deste curso premendo na torta.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS POLO SAMAÍN: Os días 28, 29 e 30 de outubro organizamos na entrada do cole unha exposición de cabazas decoradas polo alumnado e as súas familias para celebrar o Samaín. Tedes todas as fotos da exposición premendo na cabaza.

O MAGOSTO: O día 25 de outubro celebramos o Magosto no cole, con xogos populares (o comecastañas, os birlos, os zancos, o paracaídas, saltar á comba...) e degustación de castañas asadas. Premede nas castañas para obter toda a información sobre esta actividade.

XA POÑEMOS OS MANDILÓNS: Os nenos e nenas de infantil xa aprenderon a poñer e abrochar os mandilóns. Para comprobalo, ide a Galerías.

PROGRAMA O MONTE VIVO: O centro participará neste curso no programa da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia O monte vivo, incluído no Plan Proxecta. Preténdese fomentar a participación activa e responsable dos escolares na protección do medio natural fronte aos incendios forestais e a conciencia dos valores dos bosques.

PROGRAMA XOGADE: Un ano máis, o centro participará neste curso 2013/2014 no programa Xogade, da Xecretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, na modalidade de Deporte Escolar, que se desenvolverá coa participación en carreiras campo a través. Para ter máis información sobre o programa, picade na imaxe.

DECORACIÓN DAS ESTACIÓNS DO ANO: Os rapaces e rapazas de 5º de primaria decoraron a súa clase con motivos do outono e de inverno na estación correspondente. Se queredes ver o ben que lles quedou, premede na árbore.

PROXECTO DE INFANTIL OS PIRATAS: O alumnado de infantil desenvolverá neste curso o proxecto "Os piratas". Tedes a primeira foto picando no barco pirata. 

Alicia en el pais de las maravillas gifs imagenes

MONICREQUES ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS: O día 11 de outubro, o alumnado de infantil acudiu ao MOME, na Estrada, para asistir á representación de marionetas Alicia no País das Marabillas, da compañía Cachirulo, espectáculo pertencente ao Festival Internacional de Títeres Galicreques. Para máis información, picade no coelliño.

 

AXUDAS DA CRUZ VERMELLA: A Cruz Vermella ofrécelles axudas ás familias que teñan dificultades para adquirir o material escolar ou os libros de texto. Para informarvos sobre como acceder a estas axudas, podedes chamar ao tlf. e fax 986 57 10 57; entrar en laestrada@cruzroja.es ou dirixirvos ao seguinte enderezo: Cruz Roja Española-Oficina local da Estrada-Avda. de Vigo, nº 3, baixo-36680 A Estrada

CONCERTO DE SUSO VAAMONDE: O día 20 de setembro, o director da Escola de Instrumentos Populares Galegos de Cuntis, Suso Vaamonde, visitou o centro para ofrecer ao alumnado de primaria un concerto con instrumentos tradicionais da música galega: gaita, pandeireta, zanfona, tarrañolas, ocarina, acordeón, tambor... Tedes as fotografías e máis información premendo na cámara e na gaita.

CHÁNDAL DO COLEXIO: Picando na imaxe, accederedes a toda a información sobre a adquisición do chándal do colexio.

AXUDAS DO CONCELLO DA ESTRADA  PARA O 2º CICLO DE INFANTIL: O Concello da Estrada convocou axudas de apoio ao estudo para o curso 2013/2014 destinadas a familias en situación socio-económica desfavorecida para a adquisición de libros e material escolar do alumnado do 2º ciclo de educación infantil dos centros públicos da Estrada.

BLOGS DO CENTRO: Desde esta imaxe podedes acceder ao blog da ANPA do noso colexio, ao da aula de Inglés e ao de 3º de primaria.

LISTA DE MATERIAL ESCOLAR: O mércores, 11 de setembro, cada titor/a entregou ao seu alumnado a lista de material escolar para o curso 2013/2014. Tamén podedes consultar as listas dispoñibles se picades na imaxe.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2013/2014: Premede na imaxe para consultar o listado de libros de texto establecido para este curso 2013/2014.

HORARIOS DO CENTRO: Aquí atoparedes o horario lectivo, o horario de Secretaría e o horario de visita de pais/nais.

CALENDARIO ESCOLAR 2013/2014: Xa podedes consultar, picando na imaxe, a Orde do 24 de maio de 2013, pola que se aproba o calendario escolar para o vindeiro curso 2013/2014, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. Para dispoñer dun calendario de todo este curso, picade aquí.

CONSELLO ESCOLAR: O día 4 de decembro de 2012 tivo lugar a constitución do novo Consello Escolar do centro. Para coñecer a súa composición, picade na imaxe.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: A partir do día 1 de outubro, realizaranse seis actividades extraescolares diferentes, organizadas pola ANPA do centro: natación, inglés divertido, judo, manualidades, informática e fútbol. Para coñecer os horarios e a localización, picade no debuxo.


GRATUIDADE SOLIDARIA CURSO 2013/2014: Premede na imaxe para coñecer toda a información relativa á convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/2014.

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2013/2014: Publicouse a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión de alumnado para o curso 2013/2014. Dispoñedes de toda a información premendo na imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut