Skip to Content

XII XORNADA DE NAIS E PAIS "EDUCANDO EN IGUALDADE"

XII Xornada de nais e pais educando en igualdade. Cidadanía e convivencia dixital
O día 16 de novembro celebrarase, nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela, a XIIª XORNADA DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE: “Cidadanía e convivencia dixital”, unha actividade organizada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e dirixida a promover no ámbito familiar o uso seguro e saudable das novas tecnoloxías na infancia e a adolescencia e a previr a violencia sexual en adolescentes e os comportamentos machistas e sexistas nos novos medios de socialización e convivencia dixital.
Poderedes atopar o programa e a solicitude de inscrición premendo na imaxe.


story | by Dr. Radut