Skip to Content

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Libros de texto curso 19/20 | CEIP Emilio Carmona

Publicouse a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

Este procedemento terá tres modalidades:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en adiante, EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (en adiante, ESO), cursos nos cales, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2019/20, agás en 3º e 5º de EP, en que se permitirá a adquisición e substitución de libros de texto, de acordo co establecido na Orde do 29 de maio de 2013 (DOG do 30 de maio) pola que se determina o período de vixencia dos libros de texto e demais materiais curriculares.

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (en adiante EE), así como axudas que pode recibir o alumnado incluído nas disposicións adicionais primeira e segunda desta orde.

c) Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE de familias con renda per cápita igual ou inferior a 6000€.

O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o mércores 20 de maio e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído.

As listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído publicaranse antes do 11 de xullo.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. No caso de presentalas no centro, deberán respectar a distancia de seguridade de dous metros, levar máscara e acudir sós, sen acompañante.

 

ENLACES DE INTERESE
Aplicación fondolibros.
Sede electrónica da Xunta.
Anexo I.
Anexo II.
Manual de usuario cidadáns.
Máis información.
Circular para as familias do IES Nº1.


story | by Dr. Radut