Skip to Content

EU QUEDO NA CASA... LENDO

Spotlight: Ruru Reads

O Equipo de Biblioteca e mais o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro propóñennos unha nova actividade: "Eu quedo na casa... lendo. E ti? Que les?".

Para conmemorar o Día do Libro, queremos que nos contedes que estades a ler. Sabendo uns dos outros, animarémonos a viaxar a través das historias dos nosos libros.

Propoñémosvos enviar unha foto vosa lendo ao correo do cole: ceip.villar.parama@edu.xunta.es.

Na imaxe debe apreciarse claramente a portada do libro para que poidamos ver o título.

Convencede as vosas familias para facelo tamén. Así teremos unha escolma xenial de TÍTULOS para todas as idades.

QUE VOS PARECE?

Temos de prazo ata o venres 24 de abril; así o luns xa poderemos ver o resultado desta proposta.

SAÚDOS LECTORES.



story | by Dr. Radut