Skip to Content

AXUDAS DA CRUZ VERMELLA

Imagenes animadas de Cruz Roja, Gifs animados de Medicina /> Cruz Roja

Debido á crise sanitaria xerada polo COVID 19, Cruz Vermella lanza unha campaña especial dirixida a facer fronte ás consecuencias desta situación tan preocupante. Prestan o seu apoio na compra de alimentos, de produtos de hixiene e de limpeza, etc.

 

Ademais, os voluntarios tamén lles facilitan ás persoas en situación de risco a opción de recollerlles a medicación na farmacia e achegárllela ao domicilio e realizan calquera outro tipo de xestión que facilite a permanencia do maior na casa.

 

Por outra banda, para que todos os menores teñan as mesmas posibilidades de seguir o curso escolar, están entregando  tarxetas SIM para posibilitar o acceso a internet e respondendo a outras demandas que poidan presentar os fogares con menos recursos.

 

Se vos atopades en situación de vulnerabilidade ou desprotección, podedes poñervos en contacto coa Asemblea Local da Cruz Vermella da Estrada polas seguintes vías:

 

Manuela Gestoso Couto
Asamblea Local A Estrada
 
Cruz Roja Española
Oficina local de A Estrada
Avd de Vigo nº 3 bajo
36680 A Estrada
 
Tfno: 986 57 10 57
Fax:  986 57 1057


story | by Dr. Radut