Skip to Content

REFÓRZA-T

Coa finalidade de axudar a mellorar os resultados escolares do alumnado que presenta algún tipo de dificultade na súa aprendizaxe, o noso centro impartirá o plan REFÓRZA-T durante este curso escolar 2019/20.

Este reforzo escolar impartirase en grupos reducidos (máx. 15 alumnos/as) fóra da xornada lectiva: martes e xoves, de 16:00 a 18:00 h. Os destinatarios son alumnos/as propostos/as polo centro e autorizados/as polas súas familias para asistir.

O reforzo escolar ten como obxectivo prestar unha atención máis personalizada e individualizada ca a que reciben diariamente na aula, que lles permita mellorar o seu rendemento escolar e acadar unha maior motivación cara á súa aprendizaxe.

Os pais/nais dos alumnos/as propostos/as serán citados a unha reunión informativa que terá lugar no centro o vindeiro martes, 14 de xaneiro, ás 18:00 h. Nesta reunión entregaráselles ademais unha autorización para que, de estaren interesados en que o seu fillo/a reciba este reforzo escolar, a devolvan ao centro debidamente cuberta e asinada.



story | by Dr. Radut