Skip to Content

CONVOCADAS AS AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO Á ESCOLARIZACIÓN CURSO 2019/2020

Resultado de imagen de axudas material escolar

O Concello da Estrada vén de publicar no BOP do 23 de agosto de 2019 a convocatoria para a concesión de axudas municipais de apoio á escolarización para o curso 2019/2020.

O obxecto desta convocatoria é regular o procedemento para a concesión de subvencións a familias residentes no concello da Estrada, para o financiamento dos gastos derivados da escolarización dos membros da unidade familiar para o curso 2019/2020 en centros educativos sostidos con fondos públicos, relativos á adquisición de libros de texto e material escolar curricular dos/as nenos/as matriculados/as no segundo ciclo de educación infantil. 

Estas axudas van dirixidas prioritariamente a menores de familias en situación de desvantaxe social e con menor poder adquisitivo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 13 de setembro.

Dispoñedes de toda a información na seguinte ligazón:

- Axudas municipais 2019/2020.



story | by Dr. Radut