1
PRIMEIROS AUXILIOS
Educación Física. CEIP Vilaxoán
Materia: Educación Física
Temática: Primeiros Auxilios
Nivel: 5º e 6º de Educación Primaria
Descrición:Actividades dirixidas a coñecer os primeiros auxilios.
Obxectivo:Coñecer e identificar como actuar ante unha emerxencia
Estratexia: Utilización do libro Lim para presentar ao alumnado como realizar os primeiros auxilios.
O libro complétase co xogo "Primeiros Auxilios" co que o alumnado pode competir de forma lúdica para descubrir quen sabe máis sobre como realizar os primeiros auxilios.
A información empregada para a elaboración deste libro pertence ao "Protocolo de Urxencias sanitarias e enfermidade crónica" publicado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
As imaxes empregadas atópanse baixo licenza Creative Commons (BY- NC- SA) e pertencen a Arasaac




  • QUE SON?
    Son aqueles xestos, actuacións ou medidas que se realizan inicialmente cun accidentado ou enfermo repentino, no mesmo lugar dos feitos, ata que se poida obter unha asistencia especializada.
    Desta actuación dependerá a evolución dunha persoa.

  • OBXECTIVOS
    -Evitar a morte da persoa.
    -Impedir que se agrave a lesión.
    -Aliviar a dor.
    -Evitar infeccións ou lesións secudarias.
    -Axudar ou facilitar a recuperación da persoa lesionada.


  • DECÁLOGO
    1.Ter uns coñecementos básicos como parte da formación en saúde e cidadanía responsable.
    2.Observar a situación antes de actuar.
    3.Actuar con tranquilidade e rapidez: intervención rápida pero serena, dominando a situación e evitando o pánico.
    4.Non mover o accidentado sen saber antes o que ten: examinar ben o ferido, sen tocalo innecesariamente.
    5.Non facer máis que o indispensable.
    6.Xamais darlle de beber ou comer a un accidentado.
    7.Abrigar ao ferido.
    8.Tranquilizar e animar ao accidentado, transmitíndolle seguridade na nosa actuación.
    9.O accidentado deberá ser tratado, que non trasladado, con urxencia.
    10.A persoa que intervén debe PROTEXERSE SEMPRE: asegurar a súa integridade, pór luvas, etc.

  • QUE É?
    A conduta PAS son os pasos que hai que seguir nas situacións que requiren intervención de urxencia por accidente:
    1º Protexer
    2º Avisar
    3º Socorrer

  • PROTEXER
    O primeiro que hai que facer é PROTEXER O LUGAR DOS FEITOS
    Protexendo ao accidentado e a persoa que intervén.
    É preferible afastar o perigo que mover o accidentado.



  • AVISAR
    Sempre que a urxencia sexa grave, o segundo paso é AVISAR AOS SERVIZOS DE URXENCIAS.

    O número de urxencias sanitarias é o 061. Utilizarase cando a intervención necesaria sexa exclusivamente sanitaria.

    O
    número de urxencias xerais é o 112. Utilizarase cando sexa necesaria a intervención doutros servizos de urxencias ademais dos servizos sanitarios.

    Debemos facilitar información relativa a:
    -Lugar exacto no que nos atopamos. Dirección, indicación de xeolocalizacion...
    -Tipo de accidente. Aportar toda a información como sexa posible sobre a situación.
    -Número de feridos e situación dos mesmos. Dende a central de urxencias farannos preguntas para saber o estado dos feridos.
    -Identificarse. Dar o noso nome para que podan dirixirse a nós e darnos indicacións de actuación.
    - SEGUIR AS INTRUCIÓNS DO EQUIPO MÉDICO e NON facer nada sen consultalo.
    -NON CORTAR A COMUNICACIÓN ata que a central de urxencias nolo indique.

    NUNCA HAI QUE DEIXAR SOA Á VÍTIMA, se para AVISAR temos que afastarnos dela debemos asegurarnos que queda alguén ao seu cargo con capacidade de actuar. SE NON É POSIBLE pediremos axuda a berros ou tentaremos estabilizar a vítima antes de conseguir axuda.

  • SOCORRER
    O terceiro paso é SOCORRER

    D
    ebemos actuar seguindo unha orde de prioridades básicas:
    - Primeiro: salvar a vida. É o obxectivo prioritario da actuación.
    - Segundo: evitar que se agraven as lesións. A nosa actuación, guiada polos servizos de urxencia, debe ir enfocada a evitar que as condicións da persoa afectada empeoren e, de ser posible, estabilizala e mellorar as súas condicións de espera.
    - Terceiro: Organizar. Afastar os curiosos, transmitir instrucións da central e dos servizos de urxencia, etc.

  • CANDO APLICALA
    Cando nos atopemos cunha persoa inconsciente, que non atenda a estímulos verbais ou dolorosos hai que berrar pedindo axuda e contactar INMEDIATAMENTE cos servizos de urxencia (061) e seguiremos as súas indicacións.

    Se estamos acompañados, unha persoa pedirá axuda e a outra comezará coa reanimación.

    Se estamos sós, pediremos axuda o máis axiña posible aínda que teñamos que deixar soa á vítima e voltaremos xunto a ela para comezar coa reanimación.

  • RESPIRA?
    Para comprobar se unha persoa respira hai que seguir estes pasos:
    1.Deitar á persoa boca arriba sobre unha superficie firme e axeonllarse ao seu carón á altura do peito.
    2.Abrir as vías respiratorias mediante a MANOBRA FRONTE-QUEIXO. Poñer unha man na fronte empuxando amodo cara abaixo en diagonal e ao mesmo tempo poñer a outra man no queixo e empuxar amodo cara arriba na diagonal contraria.
    3. Comprobar que non hai ningún elemento nas vías respiratorias que impida a respiración.
    4.Comprobar a respiración. Colocar o oído sobre o nariz da vítima, a meixela sobre a súa boca e mirar cara o seu peito para OÍR A RESPIRACIÓN, SENTIR O ALENTO E VER O PEITO QUE SE LEVANTA. A comprobación realizarase entre 5 e 10 segundos.
    No caso de que dubidemos se respira consideraremos que NON RESPIRA.

  • SI RESPIRA
    Se a vítima respira pero segue inconsciente hai que colocala na POSICIÓN LATERAL DE SEGURIDADE seguindo estes pasos:
    1.Poñer á persoa deitada boca arriba e colocarnos de xeonllos ao seu carón.
    2.Colocar a perna máis próxima a nos recta e flexionar a outra perna ata formar un ángulo co corpo.
    3.Flexionar o brazo máis próximo a nos para formar un ángulo recto co seu corpo.
    4.Xirar o corpo ata que quede de lado.
    5.Colocar o dorso da outra man baixo a meixela.
    6.Comprobar con frecuencia se mantén a respiración.

  • NON RESPIRA
    Se a persoa NON RESPIRA ou temos dúbidas de se o fai, avisaremos ao servizo de urxencias segundo o indicado anteriormente e seguiremos as súas indicacións. Se non puideramos establecer comunicación, iniciaremos a masaxe cardiaca seguindo estes pasos:
    1.COLOCARSE DE XEONLLOS ao lado da persoa.
    2.LOCALIZAR O PUNTO DA COMPRESIÓN que se atopa no centro do tórax, entre as dúas mamilas.
    3.COLOCAR O TALÓN DA MAN ESQUERDA sobre o punto de compresión, COLOCAR A MAN DEREITA sobre a esquerda UNIDAS POLOS DEDOS, manter OS BRAZOS HIPERESTENDIDOS E PERPENDICULARES á persoa.
    4.DEPRIMIR 1/3 DO DIÁMETRO DO TÓRAX. Con seguridade e forza comprimir o peito para que baixe un pouco (de 2 a 5 cm) DEIXANDO CAER O PESO DO NOSO CORPO SOBRE OS BRAZOS, REALIZAR 30 COMPRESIÓNS, a un ritmo de UNHA POR SEGUNDO (contar 1001-1002-1003...1030).
    5.INSUFLAR AIRE. Volver a abrir as vías respiratorias mediante a manobra fronte-queixo, TAPONAR O NARÍZ da persoa, COLOCAR A NOSA BOCA sobre á da persoa cubríndoa totalmente e INSUFLAR AIRE con forza para que O PEITO SE LEVANTE.
    6.VENTILACIÓNS - COMPRESIÓNS. Alternaremos 30 COMPRESIÓNS con 2 VENTILACIÓNS durante todo o proceso de reanimación.
    No caso de haber varias persoas reanimadoras, estas relevaríanse cada certo tempo no proceso de reanimación.

  • FIN DA RCP
    A resucitación cardiopulmonar soamente se deterá cando:
    -A persoa mostre sinais de recuperación: respire de forma espontánea, realice movementos complexos...
    -Cheguen os servizos de urxencia e indiquen que deteñamos a RCP.
    -O reanimador estea canso e estea só.

  • QUE É?
    Prodúcese cando un obxecto ou elemento tapoa as vías aéreas impedindo a respiración normal.
    Pode ser:
    OBSTRUCIÓN INCOMPLETA OU PARCIAL
    A persoa pode falar, tusir e respirar con dificultade.

    OBSTRUCIÓN COMPLETA
    A persoa non pode tusir, nin falar ou respirar. A persoa soe levarse as mans ao pescozo.

  • COMO TRATALA
    OBSTRUCIÓN INCOMPLETA OU PARCIAL
    1.Intentar que a persoa tusa forte.
    2.Coa persoa lixeiramente inclinada cara adiante dar cinco palmadas nas costas entre as omoplatas.


    OBSTRUCIÓN COMPLETA
    Realizar a Maniobra de Heimlich.


  • MANIOBRA DE HEIMLICH
    PERSOA CONSCIENTE
    1.Colocarse detrás da persoa que está de pé ou sentada
    2.Rodeala cos brazos colléndonos as mans sen entrelazar os dedos.
    3.Colocar os puños unidos á altura da boca do estómago.
    4.Facer un movemento firme de compresión cara atrás e arriba.

    PERSOA INCONSCIENTE
    1.Deitar á persoa boca arriba coa cabeza ladeada.
    2.Colocase de xeonllos cunha perna a cada lado do corpo.
    3.Apoiar as mans unha sobre a outra entre o embigo e a boca do estómago.
    4.Premer cara dentro e cara arriba.

  • QUE É?
    Contraccións involuntarias e bruscas dos músculos do corpo.

  • COMO TRATALA
    1.Avisar aos servizos de urxencia.
    2.Deixar que a crise siga o seu curso.
    3.Apartar os obxectos perigosos.
    4.Protexer a cabeza.
    5.Afrouxar a roupa.
    6.Poñer de lado.

    Cando remate a convulsión:
    1.Colocar na posición lateral de seguridade.
    2.Esperar aos servizos de urxencia.
    3.Comprobar cada certo tempo se a persoa mantén a respiración espontánea.

  • QUE NON FACER
    -NUNCA suxeitar á persoa.
    -NON taponar a boca nin intentar poñerlle algo entre os dentes.


  • QUE É?
    Déficit transitorio do rego sanguíneo cerebral que presenta os seguintes síntomas: mareo, sudación, abatimento, debilidade nas pernas e perda de coñecemento de forma breve.

  • COMO TRATALA
    1.Deitar á persoa e elevarlle as pernas.
    2.Afrouxar a roupa.
    3.Airear o lugar

    No caso de perda de coñecemento:
    1.Solicitar axuda aos servizos de urxencia.
    2.Colocar á persoa na posición lateral de seguridade.
    3.Protexer do frío ou da calor.
    4.Vixiar de forma constante a respiración e o pulso.

  • QUE NON FACER
    -NON dar de comer.
    -NON dar de beber.
    -NON dar medicamentos.



  • QUE É?
    Trastorno ocasionado por unha exposición excesiva aos raios do sol.

  • COMO TRATALO
    1.Apartar á persoa da fonte de calor, situándoa nun lugar fresco e con pouca luz.
    2. Afrouxar as roupas
    3.Aplicar panos de auga fría.
    4.Dar de beber, pouco a pouco, líquidos frescos.
    5.Acudir a un centro sanitario.

  • QUE É?
    Partícula de po, insecto ou outro elemento que entra no ollo e quédase nel.

  • COMO TRATALO
    1.Lavar as mans e poñer luvas.
    2.Lavar o ollo con abundante soro fisiolóxico.
    3.En casos graves cubrir o ollo cunha gasa estéril e acudir a un centro sanitario.



  • QUE NON FACER
    - NON refregar o ollo.
    - NUNCA utilizar obxectos punzantes para extraer o corpo estraño.
    - NUNCA manipular o ollo para extraer o corpo estraño.


  • QUE É?
    Obxecto ou insecto introducido no oído ou no nariz que queda atascado dentro destas partes do corpo.

  • COMO TRATALO
    1. Non tocar o obxecto
    2. Acudir a un centro sanitario


  • QUE NON FACER
    NON intentar sacar o obxecto
  • QUE É?
    Trastorno provocado pola acción de substancias tóxicas sobre o organismo.

  • TIPOS E COMO TRATALA
    POR INXESTIÓN
    1.Chamar ao servizo de urxencias.
    2.Informar do producto causante ou sospeitoso da intoxicación.

    PoR SALPICADURAS NA PEL
    1.Retirar toda a roupa e as xoias.
    2.Lavar de forma exhaustiva con auga.
    3.Nos casos graves acudir a un centro sanitario.

    POR SALPICADURAS NO OLLOS:
    1.Lavar con auga o ollo afectado durante un mínimo de 20 minutos.
    2.Tapar o ollo cunha gasa estéril.
    3.Acudir a un centro sanitario.

  • QUE NON FACER
    NUNCA provocar o vómito




  • QUE É?
    Unha ferida é unha lesión traumática que se caracteriza pola interrupción da continuidade normal das estruturas do corpo.
  • COMO TRATALA
    1.Lavar as mans e poñer luvas
    2.Limpar a ferida con auga e xabón.
    3.Secar a ferida cunha gasa dende o centro cara ao exterior sen facer forza.
    4.Desinfectar cun antiséptico axeitado para feridas abertas.
    5.Cubrir a ferida cunha gasa ou cunha tira adhesiva sanitaria.
    6.Quitar as luvas e lavar as mans.
    7.No caso de feridas profundas que necesiten puntos, acudir a un centro sanitario.

  • QUE NON FACER
    - Para desinfecta a ferida NON utilizar alcol nin auga osixenada.
    - NON utilizar algodón, pos, pomadas, etc sobre a ferida.
    - NUNCA limpar a ferida coas mans, trapos ou panos sucios.

  • QUE É?
    Saída de sangue de forma máis ou menos abundante por unha ferida.

  • COMO TRATALA
    1.Lavar as mans e poñer luvas
    2.
    Deter a hemorraxia mediante presión directa no punto sangrante:
    - Elevar o membro afectado.
    - Comprimir directamente coas mans a zona que sangra empregando panos limpos ou gasas.
    - Manter a compresión entre 5 e 10 minutos sen retirar a gasa.
    - Se segue sangrando engadir máis gasas sen retirar as anteriores.
    - Cando cese a hemorraxia suxeitar as gasas con vendaxes compresivas.
    3. Se a opción anterior non para a hemorraxia, comprimir o membro por riba do punto de sangrado.
    4. En caso de hemorraxias graves traslado a un centro sanitario polo servizo de emerxencias.

  • QUE NON FACER
    -NON quitar nunca as gasas enchoupadas de sangue.
    -NUNCA facer torniques, salvo que sexa indicado polos servizos de urxencia. Nestes casos seguir SEMPRE punto por punto as súas indicacions.



  • QUE É?
    Saída de sangre de forma abundante polo nariz.

  • COMO TRATALA
    1.Lavar as mans e poñer luvas.
    2.Inclinar a cabeza cara adiante.
    3.Durante 10 minutos facer presión directa con dedos sobre a ventá nasal sangrante e contra o tabique nasal.
    4.Pasados os 10 minutos alivar a presion e comprobar se parou a hemorraxia.
    5. Se non parou a hemorraxia, introducir na fosa nasal sangrante unha gasa mollada cun pouco de auga osixenada.
    6. No caso de que continúe a hemorraxia acudir a un centro sanitario sen quitar a gasa.

  • QUE NON FACER
    - NUNCA colocar a cabeza cara atrás
    - NUNCA sonarse o nariz.

  • QUE É?
    Ferida na pel causada pola calor, polo frío, polo lume ou por algunha substancia corrosiva.

  • TIPOS E COMO TRATALA
    POR CALOR OU LAPAS
    1.Lavar as mans e poñer luvas.
    2.Retirar os reloxos, pulseiras, aneis... que podan afectarlle á zona queimada.
    3.Cando sexa posible colocar a zona queimada baixo o chorro de agua fría durante 10 minutos.
    4.Cubrir a zona con gasas estériles enchoupadas en soro fisiolóxico ou auga fría.
    5.Elevar a zona afectada.
    6.En casos graves acudir a un centro sanitario.

    POR CONXELACIÓN
    1.Lavar as mans e poñer luvas.
    2.Afrouxar a roupa.
    3.Quecer a zona afectada con auga tibia.
    4.En casos graves acudir a un centro sanitario.

    POR PRODUCTOS QUÍMICOS
    1.Lavar as mans e poñer luvas.
    2.Lavar con auga abundante durante 20 ou 30 minutos.
    3.En casos graves acudir a un centro sanitario.

  • QUE NON FACER
    -NON aplicar pomadas.
    -NON aplicar remedios caseiros.
    -NUNCA utilizar xeo ou auga xeada.
    -NUNCA romper ampolas.
    -NON utilizar antisépticos con colorantes.
    -NON correr no caso de que o corpo estea en lapas.
    -NUNCA arrincar a roupa pegada ao corpo na zona da queimadura.


  • QUE É?
    Pequeno burato feito na pel por un insecto.

  • COMO TRATALA
    1.Lavar as mans e poñer luvas.
    2.Limpar a ferida con auga e xabón
    3.Aplicar unha gasa empapada en auga fría ou xeo.
    4.En casos graves acudir a un centro sanitario.

  • QUE NON FACER
    -NUNCA aplicar remedios caseiros.
    -NON rascar.

  • QUE É?
    Dano superficial producido nalgunha parte do corpo por causa dalgún golpe, choque etc., sen que haxa rotura da pel nin fractura de ósos.

  • COMO TRATALA
    Aplicar frío local mediante xeo, panos de auga fría ou bolsas de frío instantáneo.


  • QUE NON FACER
    - NON aplicar pomadas ou analxésicos.
    -
    NON mover a parte do corpo afectada

  • QUE É?
    Torcedura ou distensión violenta dunha articulación sen luxación, con posible ruptura dun ligamento ou de fibras musculares próxima á articulación.

  • COMO TRATALA
    1. Aplicar frío local mediante xeo, panos de auga fría ou bolsas de frío instantáneo.
    2.Inmobilizar a zona afectada cunha vendaxe
    3. Elevar a extremidade afectada.
    4. En caso de escordaduras graves, acudir a un centro sanitario.

  • QUE NON FACER
    - NON aplicar pomadas ou analxésicos.
    -
    NUNCA mover a articulación danada.

  • QUE É?
    Desprazamento do lugar permanente, completo ou incompleto, que un óso ocupa dentro dunha articulación.

  • COMO TRATALA
    1. Aplicar frío local mediante xeo, panos de auga fría ou bolsas de frío instantáneo.
    2.Inmobilizar a zona afectada cunha vendaxe
    3. Elevar a extremidade afectada.
    4. Acudir a un centro sanitario.


  • QUE NON FACER
    -NON aplicar pomadas ou analxésicos.
    -
    NUNCA mover a articulación danada.
    -NON intentar colocar o membro luxado. Inmobilizar tal e como está.


  • QUE É?
    Rotura do óso dunha extremidade debido a diferentes causas.

  • COMO TRATALA
    Antes de mover á persoa, inmobilizar SEMPRE na mesma posición na que atopamos o óso e inmobilizar as articulacións que se atopan por riba e por debaixo da fractura.
    Para inmobilizar:
    1.Quitar aneis , reloxos, etc.
    2.Colocar a cada lado do membro afectado un obxecto ríxido (cartóns, táboas, revistas dobradas..) para facer unha férula.
    3.Suxeitar a férula con cintas ou vendas de forma firme pero sen facer presión. Facelo a varios niveis ao longo da férula.
    4. Encher con materiais brandos (gasas, vendas...) os ocos que queden entre a férula e a extremidade.
    5.No caso de fracturas abertas, antes de inmobilizar cubrir cun apósito a ferida.
    6.Acurdir a un centro sanitario.

  • QUE NON FACER
    -NON suxeitar no lugar da lesión.
    -NUNCA facer movementos innecesarios.

  • QUE É?
    Rotura dun óso do cráneo ou da columna vertebral debido a diferentes causas.

  • COMO TRATALA
    1.NON mover á persoa.
    2.Chamar ao servizo de urxencias para o seu traslado a un centro sanitario.


  • QUE NON FACER
    NUNCA mover á persoa.