Outras Actividades e Conmemoracións

TALLER DE CRHOMA

O venres 29 o alumnado de 6º disfrutou dun taller de crhoma, onde aprenderon a empregar esta ferramenta.

O taller foi impartido gratuítamente ao estar inscritos no concurso de curtas convocado polo Museo de Pontevedra.

ACTIVIDADES DÍA INTERNACIONAL DE ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER 2019

O 25 de Novembro realizamos diversas actividades para sumarnos ao Día Internacional de eliminación da violencia contra a muller:

Fichemos unha espiral representando o número das mulleres que neste 2019 foron asasinadas por mor da violencia de xénero.

 

Realizamos unha andaina ao redor do centro e a finalizar o mesmo parte do alumnado de 6º en representación da comunidade educativo leu un manifesto e todos xuntos cantamos a canción de Alaska "A quién le importa"

VER MANIFESTO

Tamén asistimos a un contacontos que contounos historias dirixidas a fomentar a igualdade.

VER FOTOS ACTIVIDADES DÍA INTERNACIONAL ELIMINIACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

CARREIRA SOLIDARIA EN APOIO Á INVESTIGACIÓN DA LEUCEMIA INFANTIL. OUTUBRO 2019

O pasado venres 25 de Outubro fixemos unha pequena carreira por relevos ao redor do colexio. Con ela quixemos apoiar a investigación da leucemia infantil.

 

VER FOTOS CARREIRA SOLIDARIA OUTUBRO 2019

PROTESTA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

O venres, 15 de Marzo o Ceip Vilaxoán fixo a súa protesta contra o cambio climático dentro do recinto escolar.

 

Naira recita o poema "Galicia" do que é autora.

 

MINIANDAINA DE APOIO Á ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O 25 de Novembro celébrase o Día Mundial de Eliminación da Violencia contra a Muller, dende o cole queremos apoiar esta causa polo que o luns 26, vestidos de negro, todo o alumnado e profesorado do colexio realizou unha miniandaina ao redor do centro.

A marcha foi encabezada polo alumnado de Educación Infantil, sendo o alumnado de sexto de primaria os encargados de pechar a mesma.

Unha vez finalizada, concentrámonos no patio para escoitar un pequeno manifesto e cantar todos xunto a canción de Rozalén "La puerta violeta".

VER FOTOS ANDAINA

MINICONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE RIBADUMIA

O mércores 4 de Outubro tivemos no cole un miniconcerto realizado por membros da banda de música de Ribadumia.

A actividade comezou coa presentación dos distintos instrumentos para a continuación interpretar cancións de series de debuxos animados e de películas coñecidas.

Para poñer o punto final a banda interpretou a canción de moda deste verán "Despacito" que todos cantamos con eles.

VER FOTOS MINICONCERTO DA BANDA DE MÚSICA

CHARLA EDUCACIÓN VIARIA 2017

Os días 15 e 16 de Febreiro a unha axente da policía local que veunos a falar sobre temos que circular pola rúa como bos peóns e os perigos de non seguir as normas.

Na charla deunos algúns bos consellos e explicounos o significado dalgúns sinais de tráfico.

Os rapaces e rapazas de Educación Infantil subiron ao coche patrulla e realizaron distintas actividades no patio.

DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2015

Esta semana falamos sobre a violencia de xénero, tamén pintamos uns zapatos vermellos para lembrar ás mulleres que foron vítimas da violencia de xénero.

Nos pensamos que homes e mulleres podemos convivir uns con outros.

XIÁN E ANTÍA

Os mestres e mestras da escola municipal de música de Vilagarcía viñeron ó cole a contarnos un xenial conto musicado: Un día con Xián e Antía.

Nel contáronnos as costumes e os hábitos diarios de coidado e hixiene de dous nenos coma nós.

Fixéronnos bailar e rir un montón!

O GATO CON BOTAS

O día 23 de Abril os profesores da escola de música de Vilagarcía achegáronse ao cole para escenificar musicalmente o conto "O gato con botas".

Foi unha actividade moi divertida.

Distribuir contido