Entroido

ENTROIDO 2010

 O venres 12 de Febreiro celebramos o Entroido no noso colexio, este ano a temática dos disfraces foron os "Bichos", dende bolboretas, a arañas pasando por todo tipo de insectos.

As primeiras horas da mañá transcorreron dándolle os últimos retoques aos disfraces. As 10:30 os nenos e nenas saíron ao patio onde se realizou o desfile de entroido para que toda a comunidade educativa puidera contemplar a variedade, orixinalidade e fermosura dos disfraces.

Tras o desfile chegou o momento de degustar as orellas que prepararon no cole os membros da ANPA, as orellas estiveron acompañadas por outros doces típicos destas datas que o alumnado trouxo das súas casas e por zumes.

Rematamos a festa bailando ao ritmo da música de Entroido.    

OS MANDADOS DE AURORA 2010

 Aurora é a encargada de facer os mandados de Entroido no noso cole.
 

 

 

 

Os mandados deste ano son:

O martes 9 temos que levar unha garabata

O mércores 10 mándanos  levar un sombreiro 

Finalmente o xoves 11 o mandado consiste en levar un lunar na cara.

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO 2009

O venres 20 de Febreiro celebramos o Entroido no cole.

Dende primeira hora da mañá comezaron os preparativos para o desfile de Entroido. Algúns alumnos e alumnas (sobre todo os máis pequenos) xa viñeron disfrazados dende as súas casas pero os nenos e nenas maiores preferiron vestirse no centro. Moitas das profes tamén puxeron os seus disfraces.

As 10:30 os grupos de Educación Infantil foron saíndo ao patio cuberto para ver como se preparan as filloas, para tal menester, contamos coa colaboración de varios membros da ANPA do cole. Pouco a pouco foron saíndo os restantes grupos.

As 11:00, na zoa do areal, comezou o desfile, sendo a temática dos disfraces deste ano a alimentación.

Os encargados de abrirlo, foron os nenos e nenas de EI 3 anos disfrazados de limóns, a continuación os nenos e nenas de EI 4 anos cos seus disfraces de fresas e de seguido os rapaces e rapazas de EI 5 mostraron os seus disfraces de peras. 

O alumnado do primeiro ciclo de primaria disfrazáronse de produtos da horta, os alumnos e alumnas do segundo ciclo lucirón uns orixinais disfraces de zumes, leite, pan... e para por o punto e final, os nenos e nenas do terceiro ciclo desfilaron cos seus variados disfraces de produtos do mar.

As 12:00 comezou a degustación das fillos e doutros doces de Entroido.

SEMANA DE ENTROIDO 2009

 

O venres 20 celebraremos o Entroido no colexio pero ao longo de toda esta semana son varias as actividades que estamos a facer en relación a esta festa.

Os nenos de Educación Infantil fixeron os seus antefaces e as súas máscaras de Entroido.

Decoramos o cole con disfraces de anos anteriores.

Os distintos grupos están preparando os seus disfraces.

 

 


Distribuir contido