Día da Paz

DÍA DA PAZ 2020

O 30 de xaneiro conmemoramos no cole o día da paz e non violencia. Este ano cantamos polo clima para concienciarnos que non debemos violentar ao noso planeta (cambio climático, plásticos, especies en perigo de extinción...)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O alumnado de EI tamén representou o Baile da paz de Mamá Cabra. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Rematamos a conmemoración plantando unha oliveira que nos recorde de forma permanente a importancia da paz, da non violencia e do coidado da Terra.

VER FOTOS DÍA DA PAZ 2020

ROMPENDO MUROS- DÍA DA PAZ 2019

O 30 de Xaneiro celebramos no cole o Día Paz.

Por mor do tempo tivemos que suspender a carreira de relevos que tiñamos prevista polo que os actos centrais da conmemoración foron a ruptura do muro no que estaban pegadas as palabras, frases e imaxes relativas ás cousas negativas das que nos queremos desfacer e a  proclamación das consignas en favor da Paz que seleccionamos e creamos nas aulas.

Finalizamos cantando todos xuntos a canción "Chilla que tiemble" que preparamos na clase de música.

VER FOTOS DÍA DA PAZ 2019

UNHA PAZ MOI DOCE - DÍA DA PAZ 2018

Este ano conmemoramos o Día da Paz no cole enchendo a nosa árbore cos doces da Paz elaborados polos distintos cursos.

Recitamos unha poesía e todos xuntos cantamos a canción Paz, Paz, Paz de Juanes. Se queredes ver que tal o fixemos aquí tedes o vídeo.

PREPARANDO O DÍA DA PAZ 2018

Con este vídeo podedes ensaiar cos vosos alumnos e alumnas a canción de Juanes "Paz, Paz, Paz" que imos cantar todos xuntos para conmemorar o Día da Paz.

O NOSO CORAZÓN DE PAZ - DÍA PAZ 17

Este ano o Día da Paz ademais de cantar e bailar a canción "Hecho con tus sueños" de Maldita Nerea, os nenos e nenas do colexio fixemos un gran corazón decorando cada clase unha parte do mesmo. O corazón está cheo de moitas palabras: música, contos, novas, xogos, familia, risas...

VER FOTOS DÍA DA PAZ 17

CANCIÓN E BAILE PARA O DÍA DA PAZ 2017

Este ano o Día da Paz imos cantar e e bailar a canción "Hecho con tus sueños" de Maldita Nerea.

Aquí vos deixamos dous vídeos para os que queirades comezar a ensaiar nas aulas, un co baile e outro coa letra.

 

CELEBRAMOS A PAZ 2016

O venres 29 de Xaneiro celebramos no cole o Día da Paz con diversas actividades que podedes ver nestas fotografías:


Os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria fixemos pombas coas que adornamos a entrada do cole.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º escribiron mensaxes de paz nas notas musicais da nosa melodía de Paz "Cada un de nós unha nota única, xuntos: unha obra maestra.

Ao entrar do recreo lemos o noso manifesto de paz e contamos todos xuntos a canción "Bajo el mismo sol".

CANCIÓNS PARA O DÍA DA PAZ 2016

Por si queredes ir ensaiando as cancións que imos cantar este ano para celebrar o Día da Paz, aquí vos deixamos uns vídeos subtitulados coa súa letra.

EL MISMO SOL

VIVA LA VIDA

ABECEDARIO DA PAZ

Este ano para conmemorar o Día da Paz creamos entre todo o alumnado o noso ABECEDARIO DA PAZ, aquí tedes a súa versión dixital.


 

 

PREPARANDO O DÍA DA PAZ

Para ir preparando o Día da Paz aquí tedes un corto e unha canción.


 

Distribuir contido