O CORO DO COLEXIO

Uns 40 alumnos e alumnas de 3º a 6º Primaria conforman o coro do CEIP Vilaxoán con participación instrumental e vocal.

 

 

Cando estamos preparando algunha actuación o coro ensaia tres días á semana durante 15  minutos en sesións organizadas a tal fin, despois dos recreos. 

 

 O coro participa no Concurso Anual de Panxoliñas do “Fogar do Pescador” de Vilaxoán e acompaña ao Maio do centro coas súas letriñas.