MINIANDAINA DE APOIO Á ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O 25 de Novembro celébrase o Día Mundial de Eliminación da Violencia contra a Muller, dende o cole queremos apoiar esta causa polo que o luns 26, vestidos de negro, todo o alumnado e profesorado do colexio realizou unha miniandaina ao redor do centro.

A marcha foi encabezada polo alumnado de Educación Infantil, sendo o alumnado de sexto de primaria os encargados de pechar a mesma.

Unha vez finalizada, concentrámonos no patio para escoitar un pequeno manifesto e cantar todos xunto a canción de Rozalén "La puerta violeta".

VER FOTOS ANDAINA