Skip to Content

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021

 AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

Para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria. As axudas poden ser:

210€, se a renda per cápita é igual ou inferior a 6.000€.

140€, se a renda per cápita é superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€.

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Para todo o alumnado de Educación Primaria.

50€, se a renda per cápita  é igual ou inferior a 6.000€.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria. A cada alumno/a correspóndenlle:

6 libros, se a renda per cápita é igual ou inferior a 6.000€

4 libros, se a renda per cápita é superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Está aberto o prazo ata o 19 de xuño de 2020

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

·       Anexo I

·       Anexo II (Relación de membros computables da unidade familiar)

·       Libro de familia (orixinal e copia)

·       En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

·       Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou doutro membro da familia.

As solicitudes poden presentarse:

·       No propio  centro, en horario de 9:00 a 13:30h

·       Por vía electrónica  a través da aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros)

·        A través da sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal)

·       Poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, o sistema de usuario e Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

A solicitude será única para todos os fillos/as que estén admitidos no mesmo centro para o curso 2020/2021.

PUBLICACIÓN DE LISTAS

Listas provisionais: 26 de xuño.

Reclamacións: 29 e 30 de xuño.

Listas definitivas: 1 de xullo.

ENTREGA DE CHEQUES DE LIBROS DE TEXTO E VALES DE MATERIAL ESCOLAR:

Para recoller os cheques e os vales ten que vir o pai/nai ou autorizar a unha persoa para que o faga no seu nome.

1º e 2º de EP :14 de xullo de 9:00 a 13:30h

3º de EP: 15 de xullo de 9:00 a 13:30h

4º de EP: 16 de xullo de 9:00 a 13:30h

5º e 6º de EP: 17 de xullo de 9:00 a 13:30h

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO FONDO LIBROS

O alumnado de 3º, 4º e 6º de Educación Primaria debe devolver os libros de texto que son do fondo libros do 15 ao 19 de xuño en horario de 9:00 a 13:30h

ENTREGA DE LIBROS PARA O PRÓXIMO CURSO

A entrega dos libros para o alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria, para o curso 2020/2021, realizarase en setembro.

 



page | by Dr. Radut