Segundo

MÉRCORES 25

MÉRCORES 25 .

 

MATEMÁTICAS

Resolución de problemas. Ficha anexa.

LENGUA

Comprensión lectora. Ficha anexa.

LINGUA

Escritura. Seguimos co diario

CIENCIAS.

Repaso de paisaxe. Ficha anexa.

 

 

 

MARTES 24 DE MARZO

MATEMÁTICAS:

- Escribir a tabla de multiplicar do 3.

- Coloca e calcula:

459+184

354-127

 

LENGUA: ANEXO

LINGUA: seguimos co noso diario.

CIENCIAS:

Debuxa unha paisaxe humana. Recorda que nesa tipo de paisaxe hai elementos constituidos polas persoas como estradas, túneles, pontes ou muiños de vento.

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Estimadas familias: imos propoñer diariamente posibles actividades a realizar q son de reforzo e non se terán en conta na avaliación(seguindo as directrices da Consellería). Para facilitarvos esta tarefa incluiremos actividades en anexo e outras non.

LUNS 23 DE MARZO:

 

MATEMÁTICAS:

- ESCRIBE A TABLA DE MULTIPLICAR DO 2

- COLOCA E CALCULA:

345- 120

759+124

 

LENGUA- ANEXO. 

 

LINGUA.

Proposta un diario onde todos os días en galego escribades algo sobre o que vades facendo na casa nestes días tan difíciles.

CIENCIAS: 

Debuxa unha paisaxe natural. Recorda que nesas paisaxes hai só elementos naturais como seres vivos, auga, terra,...

 

Recordarvos que podedes visionar vídeos educativos que empregamos na aula como : eduteca, smile and learning, camaleon,... sobre temas variados (ciclo da auga, animais, plantas, ... ) e as cancións da táboa de multiplicar.

Un saúdo das titoras de 2º

ARTS AND CRAFTS

 

MARCH 17   ST. PATRICK'S DAY

1.-QUEN SE ANIMA A DEBUXAR UN SOBREIRO DE LEPRECHAUN ?

      - HOW TO DRAW A LEPRECHAUN HAT STEP BY STEP

2.-CREATE YOUR FLOWER AND CELEBRATE SPRING.

     -HOW TO DRAW FLOWERS

( Podedes enviarme a vosas creacións. Encantaríame velas!!)

MUSIC - YEAR 2

11. WORLD OCEANS DAY (Week 8th - 12th June)

Hello musicians!

O día 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos. É por iso que para esta semana vos propoño varias actividades relacionadas coa esta temática. 

*Proposta 1. Under the Sea Dance*

Seguro que coñeces o conto ou viches a película "A Sereíña" ("La Sirenita", in English: "The Little Mermaid"). Imos bailar unha das súas cancións máis populares: Under the Sea! Press here to move your body!

*Proposta 2. Homemade Ocean Drum*

Hai un instrumento musical chamado "Ocean Drum" (Tambor de Océano) que imita o son das ondas do mar. Preme aquí para velo e escoitalo. É moi relaxante escoitalo, verdade? Que che parece se fas ti un en casa con axuda da túa familia? Podedes utilizar material de refugallo. Neste vídeo tes ideas de como facelo, e neste tamén.

*Zadar Sea Organ*

Sabías que en Zadar (Croacia) hai un órgano que funciona coas ondas do mar Adriático? Preme aquí para velo e escoitalo. Os océnos son elementos marabillosos que debemos coidar moito!

10. LOUD AND QUIET (Week 1st - 5th June)

Hello girls and boys!

Déixovos unhas actividades sobre a intensidade ou volume do son: forte ou suave.

In English, dynamics: loud or quiet/soft. 

*Proposta 1. Listen and Play along The Great Symphony of Mozart*

Preme aquí para escoitar e representar con percusión corporal un fragmento musical do 4to Movemento da Sinfonía nº40 de W.A. Mozart. Esta é a correspondencia:

Quiet → Snap your fingers

Loud → Tap your legs / Clap your hands / Stomp your feet

*Proposta 2. Listen and Sing The Game of the Instruments*

Preme aquí para escoitar e cantar esta canción sobre os instrumentos de percusión. Listen and try to guess if they sound loud or quiet.

*Proposta 3. Percussion Instruments Sounds*

Preme aquí para acceder a esta ficha interactiva na que debes unir o son de cada instrumento de percusión coa súa imaxe. Se queres pódesma enviar ao meu correo coa extensión .es

Have a fantastic week!

9. LEROY ANDERSON (Week 18th - 22nd May)

Hello everyone!

Para esta semana déixovos unhas propostas coa música dun compositor que xa coñeces: Leroy Anderson. No primeiro trimestre representamos con percusión corporal a súa obra "The Syncopated Clock", vos acordades? Imos practicala de novo! Premede aquí para repasar os pasos.

O esquema era:

Part A: shoulders - tummy - legs - feet (4 times)

           feet - legs - tummy - shoulders (4 times)

Part B: rub your hads making 4 circles

Part A: feet - legs - tummy - shoulders (4 times)

Part C: sleep gesture

           drum roll over your legs (2 times) - snap your fingers (4 times)

Part A: shoulders - tummy - legs - feet (4 times)

           feet - legs - tummy - shoulders (4 times)

Leroy Anderson foi un compostor norteamericano que chegou a ser o director da Orquestra Pops de Boston. Sempre escoitou música na súa casa xa que seu pai tocaba o mandolín e a súa nai tocaba o órgano nunha igrexa. A música que compuxo é moi alegre e descriptiva (pódese escoitar o tic-tac dun reloxo, o timbre dunha antiga máquina de escribir...).

Veña, imos disfrutar coa súa música!

- Proposta 1. *Jazz Legato*

Let's dance! Preme aquí para aprender os pasos e bailar esta divertida composición de Leroy Anderson, busca alguén na casa que che faga de parella no baile ;) 

- Proposta 2. *The Typewriter*

Antes de que se inventaran os ordenadores empregábanse máquinas de escribir. A máquina avisaba cun timbre cando se acababa o renglón que estabas escribindo e había que darlle a unha pequena manivela para pasar ao seguinte renglón. Leroy Anderson compuso esta simpática peza musical empregando este timbre. Preme aquí para escoitala nestes simpáticos debuxos.

8. COMO ME GUSTA BAILAR! (Week 11th - 15th May)

Ola musiqueiros e musiqueiras!

Xa que estamos na semana de celebración das Letras Galegas imos comezar bailando con sinxelos pasos de muiñeira a canción "Parampampero" dun grupo musical que seguro que coñecedes: Mamá Cabra. Aquí tedes o vídeo para poñer os pés a danzar e aquí a letra da canción. Se queres practicar os pasos de muiñeira por separado preme aquí para ver un vídeo titorial.

Sabedes como son os traxes que se empregran nos días de festa para bailar en Galicia? Aquí tedes un debuxo co nome de cada parte.

Os bailes nas festas sempre se acompañan de instrumentos tocando en vivo, mira con atención a seguinte fotografía para recordar os instrumentos populares galegos que escoitamos a semana pasada. Se queres podes consultar nesta páxina as súas características e como soan.

Agora é o teu turno! Imprime esta ficha, completa o nome das partes do traxe galego (podes colorealo) e atopa na sopa de letras os instrumentos populares galegos. Se non podes imprimir, nun folio debuxa un neno ou unha nena co traxe e escribe as partes.

Espero que disfrutedes coa nosa música!

7. A NOSA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA (Week 4th - 8th May)

Ola amiguiños e amiguiñas!

Como xa sabedes o 17 de maio celebramos o día das Letras Galegas, é por iso que para esta semana vos propoño actividades con fermosa música en galego.

- Proposta 1. *A canción da percusión*

Escoita, aprende e canta esta fermosa canción sobre os instrumentos de percusión do álbum Pitusa Semifusa da artista Olga Brañas. Preme aquí para escoitala e aquí para ver a letra da canción.

- Proposta 2. *Representamos os instrumentos*

E que che parece se agora cantamos a canción mentres representamos cada instrumento con percusión corporal? Preme aquí para ver como facelo e a seguir o ritmo!

- Proposta 3. *Instumentos populares galegos*

Neste vídeo poderás ver e escoitar 24 instrumentos populares galegos (das tres familias: vento, corda e percusión). Identificas algún que aparecía antes na canción de Pitusa Semifusa? Coido que si! 

Boa semana a todos! Unha forte aperta!

6. HAPPY INTERNATIONAL DANCE DAY! (Week 27th - 30th April)

Hello dancers!

Como vos comentei a semana pasada o día 29 de abril celébrase o Día Internacional da Danza. Cada ano elíxese un embaixador/a que redacta unha carta sobre a danza. Este ano a persoa escollida é o coreógrafo e bailarín africano Gregory Vuyani MAQOMA. Neste vídeo podes velo a el bailando. Como comprobarás a súa danza ten moitos elementos da música africana. 

Xa metidos en África... Déixovos unhas propostas con ritmos africanos, espero que as disfrutedes!

- Proposta 1. *Afrodance*

Queres aprender uns pasos básicos de danza africana? Preme aquí para ver este tutorial e a mover o corpo!

- Proposta 2. *African instruments*

A danza africana está sempre acompañada de instrumentos, se queres coñecer algún dos insrumentos africanos máis populares preme aquí.

- Proposta 3. *Kokoleoko*

Practica este exercicio de ritmo e percusión corporal coa esta bonita canción africana. Preme aquí para vela.

E por últiimo déixovos unhas palabra que escribiu o coreógrafo Maqoma na súa carta sobre a danza: "A medida que bailamos os nosos corpos caendo no espazo e enredados xuntos convertímonos nunha forza de movemento, tecendo corazóns, tocando almas e proporcionando curación que agora é tan necesaria (...) Todo o que necesitamos agora é bailar, un pouco máis! All we need now is to dance some more!

5. THE STRING FAMILIY II (Week 20th - 24th April)

Hello musicians!

Esta semana continuamos coa familia de instrumentos de corda. The String Family! Remember: The STRING instruments make sound by the vibration of their STRINGS. Os instrumentos de CORDA sonan pola vibración das súas CORDAS.

- Proposta 1. *Listen and read the story"

Escoita e le esta pequena historia: "Harp's Birthday" ("O aniversario da arpa"). Preme aquí para vela.

- Proposta 2. *Complete the worksheet"

Preme aquí para descargar o arquivo da ficha. No primeiro exercicio debes colorear en azul os instrumentos de percusión e de verde os de corda. Ollo! Hai dous intrusos que son de vento! No segundo exercicio debes completar as frases. Déixoche a lista de intrumentos para que completes según corresponda: violin, maracas, hand drum, xylophone, guitar, bells, harp.

- Proposta 3. "The Spring" 

O póximo mércores 29 de abril celébrase o Día Internacional da Danza. Sabes por que se celebra ese día? Porque foi o día que naceu o coreógrafo francés Jean-Georges Noverre, considerado o creador da danza contemporánea. A danza contemporánea é unha forma de danza ten elementos de ballet clásico e danza moderna. Neste vídeo tes un exemplo, coa música "A Primavera" de Vivaldi versionada por Richter. Preme aquí para velo. Como poderás comprobar, os instrumentos de corda son grandes protagonistas nesta peza musical.

E xa que estamos no mes da danza, bailade, bailade moito! Aquí tedes a canción completa de The Spring by Richter. Escóitaa e déixate levar... baila libremente! 

Big hugs and happy week!

4. THE STRING FAMILY (Week 13th - 17th April)

Hello my friends!

Que tal estades? Espero que ben. Para esta semana déixovos propostas sobre a familia de corda, unha das tres familias de intrumentos (corda, vento e percusión). The String Family!

- Proposta 1. *Listen the string instruments*

Escoita este vídeo dos instrumentos de corda, verás que hai moitos e cada un ten un timbre diferente.

Neste segundo vídeo podes ver os instrumentos de corda que forman parte dunha orquestra.

- Proposta 2. *Sing the song*

Canta a divertida canción que aprendimos en clase "Play With Me" sobre os intrumentos de corda. Pincha aquí para escoitala. Recorda a letra da canción:

"Play the cello, play the harp, the violin and guitar. Play the double bass, also the piano. Play with me! Play with me!"

- Proposta 3. *Beat the broom"

Colle o pao dunha vasoira e un utensilio de madeira para acompañar o ritmo desta alegre canción mexicana. Pincha aquí para vela. Procura facelo sobre unha alfombra por se os teus veciños están durmindo nese momento ;) Podes escoitar o violín e a guitarra? Son instrumentos que forman parte dos lindos Mariachis mexicanos!

Espero que disfrutedes practicando estas actividades. Xa sabedes que me encantará ver como as practicades mandándome unha foto ou vídeo. 

Unha forte aperta e boa semana!

3. DON'T WORRY, BE HAPPY! (Week 30th March - April 3rd)

Hello musicians! 

Esta semana déixovos moitas divertidas propostas para practicar en casa. 

- Proposta 1. *Feel the Reggae*

Baila a animada canción "Don't Worry, Be Happy" seguindo estes pasos. Pincha aquí para ver o baile. Pero non te confundas, aínda que Bob Marley popularizou a canción, Bobby McFerry foi quen a compuxo!

- Proposta 2. *Complete the worksheet*

Imprime esta ficha e completa os dous exercicios. Se queres podes escaneala ou sacarlle unha foto cando a fagas e mandarma ao meu correo que vos facilitaron as vosas titoras.

A palabras que debes atopar na sopa de letras son: TRIANGLE, CLAVES, MARACAS, HAND DRUM, BELLS

No segundo exercicio debes debuxar e colorear o instrumento que representa a tres animais da obra musical "Carnival of the Animals" de Saint-Saëns. Déixovos de novo estas tres pezas para que os identifiques. Preme no nome de cada animal para velas e escoitalas: elephant / dinosaur (fossils) / bird (aviary)

A solución é... Double bass (contrabaixo) for the elephant, xylophone for the dinosaur and flute for the bird.

Se non podes imprimir a ficha non te preocupes, nun folio debuxa e colorea estes tres animais e os instrumentos que os representan. Acórdate de escribir os nomes dos instrumentos e animais (en inglés).

- Proposta 3. *Going to the Ballet*

Varios importantes teatros do mundo están retransmitindo de forma gratuíta obras de ballet.

A Royal Opera House de Londres compartiu "Peter and the Wolf" (Pedro e o lobo) de Prokófiev nunha preciosa versión de ballet. Pincha aquí para vela.

Tamén, o Teatro Bolshoi de Moscú vai retransmitir o venres 10 de abril ás 7 da tarde en directo "Nutcracker" (Quebranoces) de Tchaikovsky. Pincha aquí para velo ese día, márcao no teu calendario para non olvidarte!

2. CARNIVAL OF THE ANIMALS (Week 23rd - 27th March)

Hello girls and boys!

Esta semana déixovos varias propostas musicais para pasar un bo rato en casa. Estou segura que a música estavos axudando a pasar estes días en casiña :)

- Proposta 1. *Listen and Watch*

Ver a breve película de "Carnival of the Animals" de Saint-Saëns que estabamos a aprender e disfrutar en clase onde unha orquestra interpreta cada peza musical nun simpático zoo. Déixovos a lista do minuto e segundo de cada animal. Pincha aquí para vela

Lion (2:10) / Hens and rooster (4:10) / Mules (5:10) / Tortoise (6:10) / Elephant (8:00) / Kangaroo (9:40) / Aquarium or fish (10:25) / Long ears or donkeys (12:45) / Cuckoo (13:45) / Aviary or birds (16:15) / Two pianists (17:40) / Fossils or dinosaurs (19:30) / Swan (20:50) / Finale (24:10)

- Proposta 2. *Dance*

Move e expresa o teu corpo coa música de "Carnival of the Animals" seguindo estas ideas. Pincha aquí para velo.

- Proposta 3. *Play*

Practica este exercicio de ritmo e percusión acompañando a canción tradicional de Rumanía "Alunelul". Só precisas dúas culleres (de pau, plástico, metal... o que teñas en casa). Pincha aquí para velo.

Boa semana a todos! Espero que a música alegre os vosos corazóns, unha forte aperta!

1. HAPPY ST. PATRICK'S DAY! (Week 16th - 20th March)

Here you have a rhythm exercise to practise at home with yout family :) You can use plastic cups, yogurt cups or something similar. Enjoy the beautiful song "Galician Carol" composed by Carlos Núñez. Happy St Patrick's Day! Click on the word 'Video' below.

Aquí tedes un exercicio de ritmo para practicar na casa coas vosas familias :) Podedes usar vasos de plásctico, vasos de iogur ou algo similar. Disfrutade da preciosa canción "Galician Carol" de Carlos Núñez que forma parte do seu álbum "Brotherhood of Stars". Feliz día de San Patricio! Pincha na palabra 'Video'.

Vídeo

ENGLISH-year 2

 

PROPOSED ACTIVITIES FOR THE WEEK OF MARCH 23-27

   Hello everyone,

   Aquí vos deixo actividades para esta semana, irei engadindo actividades novas ás antigas para que vaiades facendo segundo poidades.

 All the best,

Belén

ACTIVITIES:

1.-Vocabulary song 1

    1.1.-Listen and point

    1.2.-Word Search

2.-Clothes game 

3.-Story time: The sun and the wind.

MARCH 21.         WORLD POETRY DAY

4.-My poetry notebook

 Se premedes en "My poetry notebook" (arriba)  atoparedes todos os poemas que tiñamos preparados para o café literario ( Sweet Letters Cafe)

 O que queira pode gravar un video ou audio recitando o seu poema ( estou segura que non o esquecestes)  e mandarmo por email, o/a que non teña poema pode escoller o que máis lle guste do "my poetry notebook". Con todas as gravacións podemos facer un " Sweet Letters Cafe" virtual. Animádesvos?

Proposta de actividades xenéricas a realizar no domicilio.

Estimadas familias: seguindo as recomendacións establecidas pola Consellería de Educación enviamos unhas pautas para realizar estos  próximos días:

1. LECTURA COMPRENSIVA en galego e en castelán.

2. CÁLCULO MATEMÁTICO:

- realización de sumas e restas sen e con levadas.

- tabla de multiplicar do 1-4.

 

3. RESOLUCIÓN PROBLEMAS sinxelos coas operacións anteriores.

 

Grazas pola súa colaboración.

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE