Skip to Content

CELTIA FIGUEIRAS NO DÍA DO LIBRO E AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES 23-04-19

O martes, día 23 de abril de 2019, celebramos o DÍA DO LIBRO, traendo ao colexio a CELTIA FIGUEIRAS, que encheu de contos e música a nosa biblioteca, xa que viña acompañada dunha familia de bonecos, que fixeron as delicias dos nosos nenos. Pola tarde e seguindo coas celebracións de ese día, levamos a cabo os AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES, que consisten en que nenos de maior idade lles lean un conto a outros máis pequenos en calqueira parte do colexio, para rematar facendo un debuxo de conto leído. Picade nas imaxes, para ver as fotols de ese día.

EXCURSIÓN Á CORUÑA 05-04-19

O venres día 5 de abril, fomos todos de excursión a Coruña en dous autobuses: Un que levou aos nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria a visitar a Redacción Central de La Voz de Galicia en Arteixo. E outro bus que levou aos máis pequenos do cole, os de infantil e 1º e 2º de primaria ao Palacio da Ópera da Coruña para ver un concerto didáctico onde escoitaron temas tradicionais de rexións de África con instrumentos típicos africanos coma o djembé, o caxixi ou a kalimba. Para ver as fotos de ese día picade nas imaxes.

2ª XORNADA DE FORMACIÓN PARA OS ALUMNOS EN RADIO ROSIÑA 29-03-19

Durante dúas xornadas Luís de Radio Espora, visitounos para darlles aos nosos alumnos unhas pequenas clases a modo de formación na nosa Radio Rosiña. Foron indo en diferentes grupos para que todos poideran gravar algo na Radio. Se queredes escoitar as gravacións feitas ese día, picade AQUÍ.

EXCURSIÓN A SANTIAGO 20-03-19

O mércores día 20 de marzo, todo o centro fumos de excursión a Santiago. Os máis pequenos de Infantil e 1º e 2º de primaria foron ao Teatro Principal para asistir á representación teatral da compañía Elefante Elegante titulada "A Danza da choiva". Ao remate deron un paseo pola zona vella de Santiago, para rematar a camiñata nun parque da Alameda. Os maiores, mentres tanto, visitaban o laboratorio de ÁNGEL CARRACEDO, onde viviron moitísimas experiencias e o pasaron xenial entre tubos de ensaio e aparellos de análise de ADN. Despois foron ao Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller, onde estiveron moi atentos ás explicacións dun experto que tamén nos ensinou diferentes aparellos meteorolóxicos e mesmo un telescopio grandísimo. Todos nos reunimos para xantar nun parque e regresar para San Cosme. Para ver tódalas fotos de ese día, picade en cada unha das diferentes imaxes.

NOVIDADES EN RADIO "ROSIÑA" 14-03-19

Dende principios de marzo, contamos na nosa RADIO ROSIÑA, cunha nova ferramenta: a de avisar á xente que pasa polo pasillo do centro de cando se está a gravar na radio e cando non, co fin de que se faga o menor ruído posible. Para este fin, colocouse un sinal visual coas letras "ON AIR" que cando se está gravando na radio está acendido.

QUEIMA DO MECO 11-03-19

O primeiro día de bo tempo despois do Entroido, foi o luns 11 de marzo, e foi o día escollido para a QUEIMA DO MECO, como todos os anos. En horario de tarde saímos co alumnado para levar a cabo esta actividade no patio. O MECO é un boneco tradicional que coa súa presencia anuncia a chegada do entroido. O enterro da sardiña ou a queima do Meco, é unha tradición que simboliza a penitencia ao desenfreo, o triunfo da cinza e a imposición da austeridade que comeza coa Cuaresma.

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

                          

ENTROIDO 01-03-19

O venres, día 1 de marzo, celebramos o ENTROIDO 2019, no colexio. Ante a imposibilidade de sair polo pobo a facer un pequeno percorrido, debido á chuvia, fixémolo polo pasillo do centro. Logo cada curso explicou o porqué dos seus disfraces e subiron a facerse unhas fotos no comedor do centro. Máis tarde saimos ao patio para levar a cabo o XOGO DAS PIÑATAS. Unha por grupo, unha para mestres e unha para pais/nais. E xa como remate, todos xuntos no comedor do colexio degustamos as delicias de entroido que trouxeron das casas as familias. Evidentemente os disfraces tiñan estreita relación co noso Proxecto Integrado de Centro sobre "A CIENCIA". Os de infantil iban de "Científicos Tolos"; os de 1º e 2º de primaria de "Utensilios de Laboratorio"; os de 3º e 4º de primaria de "Cousas da Meteoroloxía en Galiza"; e os de 5º e 6º de primaria de "Astronautas de EE.UU. e da Unión Soviética", con Trump e Putin á cabeza. Esperamos que vos gusten as fotos. Para velas todas, picade AQUÍ.

DÍA DE ROSALÍA 26-02-19

Celebramos o DÍA DE ROSALÍA o martes día 26 de febreiro despois do recreo. Co maravilloso día que facía, saímos todos para o patio e cada neno dende infantil a 6º de primaria, foron recitando as poesías de Rosalía dun xeito espectacular!!!!!!! Seguro que en breve poderedes escoitar os podcats na nosa Radio Rosiña.

SAÍDA DIDÁCTICA A CORUÑA 21-02-19

O xoves día 21 de febreiro, fixemos unha saída didáctica a A Coruña con todo o alumnado. De 11:30h a 12:45h visitamos o MUSEO DOMUS para ver as salas de exposicións e vimos unha proxección na sala Magnavisión. De 13:00h a 14:15h visitamos a CASA DAS CIENCIAS. Alí vimos O Planetario e visitamos tamén as salas de exposicións. Ao rematar sobre as 14:30h xantamos no parque de Santa Margarita, ata a hora de regresar cara ao colexio sobre as 15:15h. Todo estivo relacionado co noso proxecto integrado de centro de este ano sobre "A CIENCIA". Para máis información sobre os museos, picade nas imaxes ou nos nomes suliñados.Picando AQUÍ verás todas as fotos de ese día.

DIPLOMA SAVE THE CHILDREN PLA NOSA PARTICIPACIÓN NA XV CARREIRA

Acábannos de enviar dende SAVE THE CHILDREN o Diploma acreditativo da nosa participación na XV CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE, que xa celebramos no noso centro para conmemorar o Día dos dereitos do neno e humanos. Tamén aparece a aportación que a través dos nenos e nenas do centro lle facemos chegar coma tódolos anos a esta ONG, para facer posible que milleiros de cativos e cativas refuxiados teñan acceso a unha educación e a oportunidade de teren un futuro mellor.

ADMISIÓN DO ALUMNADO 2019-2020

NORMATIVA DE REFERENCIA:

ANEXO II - Solicitude de Admisión (autocompletable)

PRAZOS:

  • Prazo de Admisión: do 1 ao 20 de marzo
  • Prazo de Matrícula: infantil e primaria do 20 ao 30 de xuño

ENTREVISTA EN RADIO ROSIÑA AOS CLASIFICADOS NO CAMPO A TRAVÉS 14-02-19

O xoves día 14 de febreiro, fixemos en RADIO ROSIÑA, unha nova sección chamada "ROSIÑA DEPORTES", e a inauguramos cunha entrevista aos tres alumnos do centro que participaron na Fase Intercomarcal de Campo a Través que se celebrou no circuito "Virxe do Loreto" en Porto do Son. Queriamos que Paula Barcia(5º), Jorge Otero (5º) e Paula Maneiro (6º), nos deran as súas impresións desta participación nunha Fase Intercomarcal cheiña de clubs de atletismo. Picando nas fotos da Radio, poderedes escoitar a grabación.

DÍA MUNDIAL DA RADIO "AS NOVAS QUE QUEREMOS" (RADIO ESPORA) 13-02-19

Hoxe día 13 de febreiro de 2019, celebramos o DÍA MUNDIAL DA RADIO, a través dun programa realizado por RADIO ESPORA co traballo de moitos centros de toda Galicia que crearon unha grabación sobre a tolerancia, a paz e o diálogo, nas súas diferentes radios. O Programa leva por título "AS NOVAS QUE QUEREMOS", e consiste nun noticieiro creado nas radios dos coles. Nos por suposto a través da nosa RADIO ROSIÑA, puxemos o noso grao de area, facendo a grabación a alumna de 5º de primaria NEREA OZÓN OTERO. Esperamos que vos guste. Picando na foto da esquerda, oiredes todo o programa.

DOCENCIA NA RADIO ROSIÑA CON LUIS (RADIO ESPORA) COS NENOS 08-02-19

O venres día 8 de febreiro de 2019, tivos a sorte de contar no centro coa visita de Luis, membro de Radio Espora e gran coñecedor do mundo da radio escolar, para dar pautas e consellos aos alumnos de 6º, 5º, 4º e 3º de primaria e para formalos no funcionamento da nosa RADIO ROSIÑA. Esperando que veñas en vindeiras datas, dámosche as grazas por todo. Se queredes ver as fotos de ese día, picade nas imaxes.

SAÍDA DIDÁCTICA A SANTIAGO 05-02-19

O vindeiro martes, día 5 de febreiro de 2019, faremos unha Saída Didáctica a Santiago con todo o colexio. O programa de actividades será o seguinte:

Ao rematar estas actividades nos xuntaremos para ir xantar, dependendo do tempo, nun parque ou nunha zona cuberta. Regresaremos ao centro arredor das 16:25 horas. Para ver as fotos do mhn picade AQUÍ. E para ver as fotos dos maiores noTeatro e na exposición, picade AQUÍ.

DÍA DA PAZ E SAVE THE CHILDREN 30-01-19

Celebramos o DÍA DA PAZ o mércores día 30 de xaneiro no pasillo do centro, debido ás inclemencias meteorolóxicas. Os alumnos crearon nas diferentes aulas un VIOLENTOVIRUS, e para combatilo crearon unha vacina para atacalo, xa que neste curso estamos a traballar o Proxecto sobre "A Ciencia". Así cada aula creou "A VACINA DO BO TRATO". Cada grupo explicóulles aos demáis en que consistía esa vacina e como atacaba ao virus. Despois celebramos a XV Carreira Quilómetros de Solidariedade SAVE THE CHILDREN, este ano adicada a ZAATARI, campo de refuxiados Sirios en Xordania, e para os que vai destinada a recadación que se fixo dos cartos que trouxeron os nenos das casa. Rematamos este fantástico día bailando e cantando ao ritmo de "APERTAS QUE VOAN" de Paco Nogueiras. Se queredes ver tódalas fotos picade AQUÍ. E para ver a presentación sobre ZAATARI picade nos carteis.

CAMPO A TRAVÉS. FASE INTERCOMARCAL PORTO DO SON 25-01-19

O venres día 25 de xaneiro de 2019, celebrouse no Circuito "Virxe do Loreto" en Porto do Son a Fase Intercomarcal de Campo a Través, na que participamos con tres alumnos/as en tres diferentes categorías. Na categoría alevín feminino correu PAULA BARCIA BLANCO; na categoría alevín masculino JORGE OTERO PITA e na categoría infantil feminino PAULA BERGANTIÑOS DANZA, facendo os tres unhas fantásticas carreiras. Agradecer a Juan José Barcia Riveiro, que trasladou no seu coche particular e acompañou aos atletas, xunto co mestre de Ed. Física, ata Porto do Son. O ano que ven, máis e mellor!!!!!Noraboa a todos/as pola vosa participación. Se queredes ver os VÍDEOS das carreiras, picade AQUÍ.

EXPERIMENTOS NA BIBLIOTECA 23-01-19

O mércores día 23 de xaneiro, chegou o momento de presentar os experimentos realizados nas aulas ao longo do 1º trimestre do curso, dentro do noso Proxecto Integrado sobre "A Ciencia". Fixemos na Biblioteca do centro unha actividade chamada "EXPERIMENTOS NA BIBLIO", consistente en que cada aula tiña que explicarlle ás demáis o experimento que fixeron na aula con anterioridade, pero agora ante a atenta mirada dos seus compañeiros. Reunímonos todos despois do recreo, e escoitamos atentamente a cada grupo que nos contou a súa experiencia como científicos con todo detalle. Uns explicando o seu experimento e incluso realizándoo en directo. Os de 6º expuxeron "O PRINCIPIO DE ARQUÍMEDES". Os de 5º a súa "LÁMPADA DE LAVA". Os de 3º e 4º o seu proxecto de "DEPURADORA". Os alumnos de 1º e 2º "COMO INFLAR UN GLOBO SEN SOPLAR", e por último os de Infantil o seu experimento das "AS PIÑAS E A AUGA".

CALENDARIO 2019 SOBRE A CIENCIA

Aquí está o noso CALENDARIO 2019, recén saído do forno. Esperamos que vos guste este traballo feito con moitas gañas e adicación, tanto polos alumnos, mestres e a encargada de todo isto, a nosa SUSI!!!! Si picades no calendario, poderedes ver mes a mes o traballo dos nenos nas aulas.

FESTIVAL DE NADAL E PAPA NOEL 21-12-18

O venres día 21 de decembro, derradeiro día de clase antes das vacacións de Nadal, celebramos no comedor do colexio o FESTIVAL DE NADAL 2018. Coma sempre todas as representacións foron excepcionais e a maioría xiraron en torno ao tema da Ciencia. Todo aderezado cunha fabulosa música que fixo as delicias de pequenos e maiores. Logo tivemos a visita de PAPA NOEL, que agasallou a tódolos nenos do colexio, con xogos científicos e caramelos. Así rematou o ANO 2018. FELICES FESTAS A TODOS E ATA O ANO 2019. Picade nas fotos para ver máis. Si queredes ver os VÍDEOS do Festival picade AQUÍ.

 

UN DÍA DE XOGO. INCHABLES E OUTRAS ACTIVIDADES NO CENTRO 20-12-18

Aproveitando casi a chegada do Nadal, o xoves día 20 de decembro, tivemos no colexio, a través da empresa encargada das actividades extraescolares do centro, 2 INCHABLES no ximnasio e outras actividades lúdicas para os nenos e nenas no patio do colexio. Picade nas fotos para ver máis.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2018

Un ano máis, levouse a cabo o CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2018, onde houbo maravillosas creacións. As postais gañadoras do concurso foron as seguintes:

  • Ed. Infantil: Olalla Suárez Grille (5 anos)
  • Ed. Primaria 1º e 2º: Luzdivina Vasilev Arnaiz (1º)
  • Ed. Primaria 3º e 4º: Alba Lago García (4º)
  • Ed. Primaria 5º e 6º: Pablo González Martínez (6º)

Dos catro gañadores a postal que representou ao colexio nestas festas de Nadal foi a de Alba Lago García, que foi enviada a tódalas casas,institucións e demáis centros educativos da zona. Os agasallos forn entregados no comedor do colexio. Picade nas fotos para ver máis e na postal para ver outras postais.

FACE 2 FACE TEATRO EN INGLÉS. A PICOTA 14-12-18

Celebrouse, un ano máis, na Aula de Cultura da Picota, o Teatro en Inglés a cargo da compañía FACE 2 FACE o venres día 14 de decembro en horario de mañá, no que participamos xunto co colexio de Pino de Val. Mentres os pequenos participaban no teatro, os maiores vían unha película no Auditorio, e viceversa. A película que visionaron foi "ATRAPA LA BANDERA". Cada centro rematou de ver a película nos seus respectivos centros. Pica para ver as fotos.

CINEDOMEVR 360º NO COLEXIO

Tivemos a visita no centro dunha empresa que traía un iglú inchable no que se proxectou aos nenos, por grupos, películas moi interesantes relacionadas coa Ciencia, o Universo, o Sistema Solar, a Orixe da Vida, etc. que se chamaba CINEDOMEVR 360º. Como colofón, no patio do colexio, fixemos todos un OBRADOIRO DE ASTRONÁUTICA, lanzando cohetes ou simulando os nenos ser parte do Sistema Solar. Picade nas fotos.

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS E DO NENO 10-12-18

Celebramos O DÍA DOS DEREITOS HUMANOS E DO NENO o luns día 10 de decembro, decorando unha árbore de Nadal titulada "O NOSO ADN", xa que este ano o noso Proxecto vai sobre A Ciencia. Cada neno elaborou na súa clase un ADN de cartón con dereitos escritos, que se foron traballando nas aulas. A verdade que quedou moi fermoso. Picade nas fotos para ver máis.

 

CAMPO A TRAVÉS. FASE COMARCAL EN A BAÑA 04-12-18

A Fase Comarcal de Campo a Través celebrouse no Circuito de A Baña o venres día 4 de decembro de 2018 ás 11 horas. Do noso centro participaron 15 alumnos/as de 2º a 6º de educación primaria. Damos a noraboa a todos eles, pola súa participación e animamos ao resto a participar de cara ao vindeiro curso. Destes 15 alumnos, clasificáronse para a Fase Intercomarcal que se celebrará o vindeiro venres día 25 de xaneiro de 2019 no Circuito "Virxe do Loreto" en Porto do Son,4 alumnos de diferentes categorías:

  • Soraya Lago Silva (2º E.P.-benxamín feminino).
  • Paula Barcia Blanco (5º E.P.-alevín feminino).
  • Jorge Otero Pita (5º E.P.-alevín masculino).
  • Paula Maneiro Bergantiños (6º E.P. infantil feminino)

Desexámoslles a mellor das sortes na carreira. Pica nas fotos para ver tódalas fotos de ese día. E pica AQUÍ para poder ver os vídeos que se gravaron ese día.

VISITA DE ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ 27-11-18

Visitóunos unha vez máis o noso padriño da Biblioteca D. ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ, que é a persoa perfecta para falar sobre o tema do noso Proxecto "A Ciencia". Foi un fantástico día o que pasamos na compaña de este gran amigo e mellor persoa. Comezamos o día cunha maravillosa entrevista que lle fixeron os nenos de 5º e 6º na nosa RADIO ROSIÑA, que a Ángel súpolle a pouco (estaría alí moitísimo máis tempo). Logo fomos para a Biblioteca con todo o alumnado e como sempre Ángel, deleitounos coas súas verbas, sobre ciencia e mil cousas máis. Xa rematado e cando os nenos ían xantar, tivemos un encontro cos pais/nais que se acercaron ata o colexio para poder presenciar unha charla de este magnífico xenetista. Eso, un día completiño!!!!!!! Grazas por todo Ángel. Ata a próxima. Pica nas fotos para ver máis.

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 26-11-18

Para celebrar o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, preparamos unhas "PROBETAS CONTRA A VIOLENCIA". A ver se con este remedio, deixa de haber tanta maldade. Estas puxéronse nun panel no pasillo do colexio, e cada neno leu a mensaxe que nela puxeran. Pica nas fotos.

VISITA DE LUIS SOTO AMIL 15-11-18

Tivemos a gran sorte de contar unha vez máis no colexio coa presencia de ese gran frautista que é LUIS SOTO AMIL, o cal nos deleitou cunhas maravillosas pezas musicais, e fixo fincapé en cousas que relacionan a música e a ciencia, tema do Proxecto que estamos atraballar neste curso. Ademáis tivemos a sorte de que contestará a unha serie de cuestións na nosa RADIO ROSIÑA. Esperámoste ter de volta canto antes. grazas por todo. Pica nas fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut